Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O BNG propuxera modificacións

Pesca é inflexíbel sobre o Plan Acuícola

O PPdeG aproveita para pedir que se retire o proxecto actual e se recupere ao anterior.

Redacción - 09:00 05/02/2008

O voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, aproveitou os "criterios distintos" manifestados este luns polos grupos do BNG e PSdeG sobre o Plan Acuícola para insistir na que consideran "única proposta sensata", que na opinión dos populares sería a recuperación do "Plan de Parques de Tecnoloxía Alimentaria", deseñado polo executivo que lideraba Manuel Fraga. Despois de que o PSdeG non apoiase a proposta dos nacionalistas dunha iniciativa conxunta para modificar o plan, os populares invitaron ao BNG a que rexistren eles unha no Parlamento para anulalo ou que voten a favor de propostas similares xa rexistradas na Cámara polo PP.

Ao respecto, o voceiro do grupo parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, sostén que o Plan de Acuicultura "ten o aval de todo o Goberno" e subliña que os socialistas non atenderán "ningunha manobra derivada do nerviosismo electoral, para poñer en cuestión un Plan, que supón situar a Galicia coma un dos principais referentes de Europa en materia de Acuicultura".

O BNG mantén na mesa a súa proposta de modificación conxunta do Plan. O voceiro do Bloque no Parlamento, Carlos Aymerich, indicou que "é de sentido común parar e repensar un proxecto que está a levar tanta contestación social na Costa da Morte". A iniciativa dos nacionalistas pide que non se constrúan as piscifactorías de Seiruga, no concello de Malpica; a de Camelle, entre Vimianzo e Camariñas; e a de Merexo, en Muxía. Recordan desde o BNG que a executiva comarcal do PSdeG de Bergantiños é contraria á planta de Seiruga e convidan a dirección socialista a atender esas demandas. No entanto, desde a Consellaría de Pesca non manexan a posibilidade de realizar ningunha modificación sobre o plan actual.


1/5 (1 votos)


Comentarios (5)

signatus #1 5/Febreiro/2008 signatus

Nem o anterior do PP, nem o actual do PSOE e BNG, nem a última proposta de maquilhage pré-eleitoral do BNG http://www.vieiros.com/nova/64..., que se está a cheirar, com razom, um baixom de votos nas vindeiras Eleiçons Gerais.

E 17 de Fevereiro, manifestaçom: Galiza Nom se Vende! http://galizanonsevende.org/?p...

sanfelipe #2 5/Febreiro/2008 sanfelipe

O anterior non merece a pena nin recordalo. E de risa que o PP o queira recuperar. Pero eso non quere dicir que non se debera cambiar o actual.

ecoe #3 5/Febreiro/2008 ecoe

Non se dan a valer nin no goberniño, e qsueren ser decisivos en Madrí! Asú!

esquerdagalega #4 5/Febreiro/2008 esquerdagalega

O BNG está a practicar unha política moi hipócrita, despois de votar a favor ao plano acuícola. Agora ve que pode perder os seus dous escanos, ve como os veciños da costa apupan a jorquera nos mítins, e afirma oporse ao plano.

Kropotkin #5 6/Febreiro/2008 Kropotkin

17 de febreiro, todos a Compostela.
Contra a destrución do territorio.
http://galizanonsevende.org/?p...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: