Desde o colectivo destacan o seu "compromiso na defensa da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta".
Carmelo Teixeiro Menéndez era na actualidade o coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a plataforma que desde hai anos suma as voces de diversos colectivos de Ferrolterra que loitan polo cambio de localización da planta regasificadora de Reganosa.
Segundo comunicaban compañeiros da plataforma a última hora deste martes, Carmelo Teixeiro, faleceu como consecuencia da enfermidade irreversíbel que padecía desde hai tempo. O enterro será este mércores ás 18h no camposanto ferrolán de Catabois.
Desde a Asociación Cultural Fuco Buxán lembran o papel de Teixeiro durante a transición política. "Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978". "O seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, fai que nós, os seus compañeiros de tantos anos, nos sintamos enormemente orgullosos e agradecidos de compartir con el amizade, inquedanzas e tarefas", escriben desde o colectivo.
Carmelo, fuches un exemplo de dignidade, honradez e sacrificio na defensa da legalidade, da vida, da ría e do marisqueo.
Seguiremos a erguer a túa bandeira e a berrar ¡ Planta de gas, fóra da Ría! ¡ Reganosa, ilegal e perigosa!.
A xustiza acabará destapando a maior fraude política e económica da democracia no Estado Español: O proxecto Reganosa.
Carmelo: o teu último alento convertiuse en vento e impediu a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol.
Ata sempre compañeiro
Un afectuoso saudo de despedida para Carmelo e para os que con el loitaron e seguiran a facelo por unha ría libre de reganosas.
Recoñecemento a un traballo e reivindación feito con tenacidade e compromiso a Ría de Ferrol.
PLANTA DE GAS, FÓRA DA RÍA.