A Consellaría de Vivenda aprobou dende principios de ano 731 axudas dentro do programa de Renda Básica de Emancipación.
Flickr: alfonso benayas'
A consellaría que dirixe Teresa Táboas aprobou dende a posta en marcha do programa da Renda Básica de Emancipación (RBE) o 2 de xaneiro, un total de 731 axudas, o que supón o 39 por cento do total estatal, situándoa á cabeza co maior número de concesións, e que supoñen unha subvención media de 187,35 euros.
Dende a presentación da RBE Vivenda ten un prazo de dous meses para aprobar ou desestimar as solicitudes, polo de agora, atendéronse a un total de 14.226 persoas, das cales 4.005 formalizaron a solicitude de axuda. De estas solicitudes, xa foron concedidas 731, das cales 122 son provisionais xa están a expensas de aportar un contrato de alugueiro. A consellaría xa remitiu ao Ministerio de Vivenda, encargado de efectuar os pagos das subvencións, un total de 575 expedientes.
A Renda Básica de Emancipación vai dirixida a mozos de entre 22 e 30 anos de idade con ingresos que non superen os 22.000 euros brutos anuais e cunha contía máxima de alugueiro de 210 euros mensuais durante catro anos. Os interesados poden recoller información nas sete principais cidades galegas e na web da consellaría.
Máis axudas para o alugueiro
A Consellaría de Vivenda e Solo conta tamén cun Programa de Vivenda en Aluguer dirixido a aquelas persoas que non superen os 15.000 euros anuais independentemente da idade. Esta axuda non é compatíbel coa anterior, e ten como obxectivo que os inquilinos non destinen máis do 30 por cento dos seus ingresos ao pago dun aluguer.
Había moito espacio por recorrer, moitos mozos esperando por oportunidade para emanciparse.
E que nos vai contar agora o Consello da Xuventude e a súa presidenta, vai felicitar á conselleira Táboas? ;-)
Asi que si, pero non era esta a conselleíra que non traballaba? Como era aquelo, de pedirlle a Touriño que a puxera a traballar?
Jajajajajajaja, ademais de traballadora é lista.