Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PAULO TOBÍO, CANTANTE DE SKÁRNIO

"Moitos dos grupos que cantan en galego só o fan polas subvencións"

A banda vén de publicar o seu novo disco, 'O nosso caminho', autoeditado e con licencia copyleft. Quéixanse da "falta de compromiso" dos grupos do país.

Marcos S. Pérez - 18:20 06/02/2008

Os seus dous primeiros álbumes, A filosofia da acçom da guerrilha urbana e Arredista, convertéronos en referentes do ska non só en Galiza, senón en toda a Península, con frecuentes actuacións nos países cataláns e en Portugal. Regresan con O nosso caminho, catorce novos temas que comezarán a presentar en marzo. No disco, autoeditado por Skárnio e distribuído con licenza copyleft en locais sociais e na rede, colaboran Juantxo (Skalariak), Almudena (Transilvanians), Mini (A Quenlla), Batuko Tabanka ou Senem (Xenreira). Nunhas semanas estará dispoñíbel para a súa descarga na súa web. En abril comezará a súa xira por Galiza (a segunda quincena están confirmados xa na Iguana de Vigo), pero mesmo antes realizarán algúns concertos en Cataluña.

Cal é o vosso caminho? De onde vén o título do álbum?
O título é un reflexo do que é o disco, vén da frase "a luita é o único caminho", o noso camiño. Somos un grupo reivindicativo e no disco tratamos todos os temas que nos preocupan, como a situación dos presos independentistas, os traballadores, ou a emigración da mocidade galega.

O disco está autoeditado por vós: necesidade ou aposta consciente?
Foi unha decisión moi pensada e moi atinada. Queríamos demostrar que se pode facer, e pódese. E non é doado; hai que sortear moitos obstáculos, entre elas as sociedades de autores. Non é doado chegar a unha fábrica cun disco autoeditado; as sociedades teñen ás fábricas absolutamente collidas e na meirande parte non podes facer os discos.

Cando se fala do bo momento da música galega, moita xente bota a faltar un meirande compromiso político nos grupos, semellante ao que existía no bravú. Estás dacordo?
Completamente. Entre os grupos galegos falta moitísimo compromiso con problemas do país. Ese compromiso só existe nunhas poucas bandas. Aínda máis, hai moitos grupos que cantan en galego que só o fan polas subvencións, para ter o apoio da administración.

Cres que é suficiente o apoio da administración ás bandas?
Pero é que eu non creo neses proxectos. Todo iso da rede de salas, da rede de locais de ensaio, paréceme totalmente ficticio. Ademais hai bandas coma nós, e moitos outros, que levamos moitos anos traballando e estánnos deixando de lado.



3,17/5 (18 votos)


Comentarios (16)

sanfelipe #1 6/Febreiro/2008 sanfelipe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora resulta que dá cartos cantar en galego? Monto un grupo mañá e danme unha subvención pasado? Que dixeran algo asi os de tangallegocomoelgazpacho sería de esperar, pero isto...

pelacho #2 6/Febreiro/2008 pelacho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

muito de acordo con Paulo: Eu tamén quero unha subvención.

Gaviotero #3 6/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esto es típico en los regímenes nacionalistas. Cualquier mierda en la lengua protegida es subvencionada. Una auténtica obra de arte en la lengua denostada no merece la más mínima atención de los nacis...que no del público. Vivir de la subvención empobrece la creación artística, aunque enriquece a los amiguetes del poder (que son quienes se las suelen llevar) que no veas!

lavesedo #4 6/Febreiro/2008 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

este toleu!!!! agora só os skárnio son comprometidos??? Agora a xente vive da música en galego?? Mimá!!!
Para compromiso o do primeiro cantante do jrupo...

lavesedo #5 6/Febreiro/2008 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

muito ben, gaviotero e paulo tobío concordan.

vounasondas #6 6/Febreiro/2008 vounasondas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Moitos dos grupos que cantan en galego só o fan polas subvencións", ogallá fora certo e moitos grupos de moitos estilos e distintas 'orientacións' se animaran a cantar en galego, hoxe por hoxe o motivo é o de menos!

Maeloc-do-Rouco #7 6/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, seras paifoquinho...O unico regime nacionalista que houvo em Galiza foi o regime do TEU AMIGO o general Franco..O unico que ademais e xermolo e continuazom do anterior e actual regime cultural, politico e educativo que empoleira em exclussiva ao castelhano como lingua hegemonica neste estado iberico, o demais e pura propaganda (PP) de desvergonhados coma ti...Nom confundas o nacional co nacionalista...Xaora que co BRUTO que es entrara-che por um ouvido e saira-che polo outro...Como dizia J.M. Ponte "hai certa estupidece que nom tem cura e se se lhe engade ignoRRancia, cutrerio, indignidade e antropofobia ja temos ao Sr Gaviotero e a alguns dos seus colegas de militancia". Naturalente nom a tudos, ja que ha gente do PP (mesmo espanholeiros) cos que e um pracer dialogar, discrepar com total respecto e cordialidade, ja que ninguem tem porque faltar ao respecto a quem nom opina igual..Na vida ha mais cousas...Semelha imposibel que a educazom entre na cabeza deste desvergonhado...Com razom certa direita espanhola tem sona de "casposa" fora dos seus lindeiros imperiais

regueifeiro #8 7/Febreiro/2008 regueifeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Manda carallo! Que unha banda comprometida coma Skárnio lle faga o xogo ao PP, "Galicia bilingue", "Tan gallego como el gallego" e demáis dereita españolista e galegófoba xa é o último.

Amigo Paulo, cumpre informarse antes de facer declaracións nun medio público, NON hai subvencións por cantar en galego. E se miras a lista de grupos que están na RGMV e na RGLE a porcentaxe de bandas que non cantan en galego é aplastante. Simple reflexo da realidade colonizada galega, que lle imos facer.

Asi que menos falso vitimismo e máis respeito aos novos grupos que se atreven a comezar cantar en galego. Facer declaracións tan irresponsábeis e indocumentadas coma estas son traballar para o inimigo. E non creo que ese sexa "o voso camiño".

8-/

Tino #9 7/Febreiro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non creo q haxa ningunha subvención por cantar en galego.
Mais é certo q moitos grupos deixan moito q desexar cando o cantan en galego: cun acento urbanita desleixado, desconectado da realidade lingüística, sen nasalización, con construcións ficticias produto da tradución literal do español...
Ainda así, prefiro q o fagan en galego e non en outras linguas, sobre todo se desprezan o español :)

marisol #10 7/Febreiro/2008 marisol
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vieiros, o foro do purismo, sempre hai alguén máis puro e máis auténtico, máis comprometido, máis á esquerda, máis reintegracionista, se hai grupos que cantan en galego, é pola subvención... sempre hai alguén máis auténtico con máis amor pola lingua e maior compromiso, pois a min pareceme ben, que cantén en galego pola subvención ou polo que sexa, mais que a lingua avance.

Vieiros pregunta "Cando se fala do bo momento da música galega, moita xente bota a faltar un meirande compromiso político nos grupos, semellante ao que existía no bravú. Estás dacordo?" quén bota de menos ese compromiso? eu non.

Por qué a música ten que ir vencellada ao compromiso? concepción cativa e militante do arte como mero instrumento partidario ou social. Pareceme moi ben, e son consumidor de "música comprometida", mais as fronteiras da música van alén do compromiso.

O bravú estivo moi ben, mais un país normalizado culturalmente precisa que a música galega diversifique os seus rexistros cara o pop, o power-pop, a electrónica e non fique exclusivamente no monocultivo do rock combativo e no folque, que polo que se aprecia nesta páxina é o desexo de entrevistador e entrevistado.

galeguzo #11 7/Febreiro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tem razão o Gaviotero. Por isso há tanta merda no cinema espanhol :D

Anti_Lusista #12 7/Febreiro/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que falsos, tirades a pedra e escondedes a man. Qué grupos viven deses cartos? Agora da cartos cantar en galego???????????????????? Pailáns.

semoncho #13 7/Febreiro/2008 semoncho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Menos compromisso e mais qualidade!!

spider #14 7/Febreiro/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Naci será tu madre (en castelán para que entendas)

lunet #15 7/Febreiro/2008 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n...

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet. Non estaría de máis que os administradores estudarán estas conductas para evitalas ó igual que os insultos, xa que ambas prácticas perxudicannos a tod@s.

gzsempre #16 23/Febreiro/2008 gzsempre
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quando se fala de cartos e suvençoms como vos picades os do BNG!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: