O PSdeG considera que o presidente do PPdeG e Rafael Louzán fixeron un “uso partidario dos fondos públicos”.
O voceiro do PSdeG no Parlamento, Ismael Rego, pediu este mércores a dimisión do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, e do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, logo de que se coñecese que entregaron nun acto un cheque de 30 mil euros (procedentes do organismo provincial) como doazón ao Centro Galego de México.
Rego considera que Feijoo “foi quen de usar os recursos dos cidadáns de Pontevedra para os seus interese persoal e partidario”. Por iso cre que os dous políticos persoais “teñen que marchar por dignidade”
Ay, Rieguito...ya te gustaría a ti que dimitiera y aún más, se disolviera el PP gallego en pleno, para ver si así ganabas de una vez las elecciones. Pues va a ser que no, pequeño charlatán...
Ós administradores de Vieiros:
Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.
Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...
Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.
Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡
P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡
gavoteiro eres ijualiño que un lobolomboi.Pra min que che cagou unha geivota na testa.Tonto, que eres tonto carallo
Non pretendo opinar se certamente o Sr. Feijoo entrego un cheque ou calquera axuda ilegal en México. Ninguén pode negar que tanto o PSOE como o PP pequen ao pretender controlar o voto da diáspora a punta de axudas de dubidosa legalidade ou en mellor dos casos de dubidosa utilidade, xa que as mesmas non chegan aos que máis o necesitan.
Pero no comentario do señor Gaviotero hai algo que resaltar. O manifestar unha visión parcializada de Vieiros nalgúns temas. Que problemas pode ter o medio para non brindarlle ao señor Feijo o dereito á dúbida? Ou non ser tan contundente ao dicir “Feijoo entrega un cheque en México con cartos dá Deputación de Pontevedra” cando o correcto e prudente é sinalar “SUPOSTAMENTE”.
A queixa do señor Gaviotero repetina en moitas oportunidades. Xa que Vieiros. Segundo indica de forma clara en “Que é Vieiros?”. As orixes do medio informativo e o compromiso coa Galiza exterior. Expresado con bastante claridade no último parágrafo deste escrito “UNHA GALIZA MODERNA, ABERTA A PORTUGAL, FEITA DENDE O EXILIO E A EMIGRACIÓN PARA UNHA COMUNIDADE ÚNICA DE GALEGOS NON MUNDO”. Nalgúns ámbitos informativos desinforma. Dígoo e mantéñoo e ninguén pode refutarlo. Só basta por pasearse polo apartado dedicado a Venezuela de GZ-EXT. E articulo tras articulo só fálase de temas políticos que dunha ou outra forma seguen a liña da axencia bolivariana de noticias e dos galegos en Venezuela. Moi ben grazas.
En Venezuela vive a segunda comunidade galega en América Latina. Comunidade que ten problemas de moi variada índole e necesita que a súa voz sexa escoitada e alguén que vele polos seus intereses. Non se porque razón hai tanto problema para os xornalistas deste medio de dedicarlle polo menos un artigo de cando en vez onde realmente se escoite a opinión e as necesidades dunha comunidade tan galega como a residente na terra de Breogan.
A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
COUTOVEN, na tua terra adoptiva já têm votado muitos mortos.
Estou totalmente de acordo coa redacción.Pois si e como decides,non podedes permitir que entre alguén nestos foros a insultarnos e provocarnos a maioria,(creo) dos leitores de Vieiros con un anagrama que nos da nauseas
Amigo OBSERVADOR. Que claro o ten e compleméntolle. Ojala os galegos mortos en Venezuela só fosen votar para as eleccións españolas e da nosa comunidade. Posiblemente ata estean cobrando axudas da Xunta.
O que pasa irmán é que de Venezuela se aprenden moitas cousas boas e tamén malas. Imaxínache, este é un país tan democrático que ata os mortos votan. Segundo o goberno temos o sistema electoral MÁIS MODERNO E EFICIENTE DO MUNDO. Pero que tarda meses en dar os resultados definitivos nas eleccións. Só imaxínache, ao sol de hoxe xoves, 07 de febreiro de 2008 non se deron os resultados definitivos do referendo de decembro. Iso é EFICIENCIA ROVOLUCIONARIA verdade?
Sudos.
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n...
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.