O luns poderedes enviar os vosos textos, cun máximo de 550 caracteres. O premio: unha viaxe de catro días a Venecia para o gañador ou gañadora.
O tempo entre o Entroido e a Semana Santa, os corenta días de Coresma, adoita ser un tempo de penitencia, de discreción e abstinencia. Pero este ano non vai ser así. Vieiros, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca Ferve a rede, un concurso de microrrelatos eróticos en galego. Para participar hai que estar rexistrado como usuario de Vieiros e cada lector poderá enviar un máximo de tres textos, cun máximo de 550 caracterse cada un, incluídos os espazos en branco. O vencedor será decidido por un xurado creado para este concurso.
E os premios? O autor do relato gañador levará unha viaxe de catro días a Venecia para dúas persoas. Ademais, entre todas as persoas que envíen textos (tamén entre os que voten e comenten) sortearase unha estadía dunha fin de semana nunha casa de turismo rural próxima á parroquia máis erótica de Galiza, a parroquia de O Sexo, na Golada
Os relatos poderán enviarse a partir do 11 de febreiro e até o 10 de marzo. O gañador anunciarase unha semana máis tarde: o 17 de marzo.
The Internet is for porn
Xa en 2001 Vieiros puxo en marcha a iniciativa Necesariamente X, na que o escritor e xornalista Camilo Franco construía relatos ou pensamentos (eróticos ou non) a partir de imaxes de pornografía sexual enviadas polos lectores de Vieiros, un xogo sobre a importancia da obviedade. E o pasado ano, máis ou menos por estas datas o blogomillo elevou a súa temperatura a través dun meme que rulou por ducias de blogs e que animaba a escoller cinco cancións para quentar e quecer.
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n...
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
Estou contigo lunet.
A primeira cousa q chama a atención é a bandeira q usa, as cores resaltan sobre o fondo branco e é cara onde van os ollos, sobre todo dos q están dispostos a levar a cabo a máxima "Nengumha acçom sem resposta,,
Mais tamén, é a marca para non ler ese comentarios incendiarios: eu en canto a vexo paso por riba dela, é moi fácil.
Ademais, gástanse demaiadas enerxias q se podian dirixir cara unha discusión mais pousada e atinada.