A empresa Hidroeléctrica Laracha atendeu unha petición dunha asociación de veciños para emitir facturas na nosa lingua.
A normalización lingüística tamén está nos pequenos trunfos diarios. Un exemplo é o que aconteceu esta semana no municipio bergantiñán da Laracha. A empresa Hidroeléctrica Laracha anunciou que remitirá as facturas en galego aos clientes a partir do vindeiro mes.
O paso débese en boa parte á asociación de veciños A Cutareira de Torás que lle pedira á empresa un cambio de actitude. A empresa tamén se comprometeu a normalizar o uso do galego en todos os departamentos.
Eu som de A Laracha e considero que despois de anos de agressóm linguística, que aínda continúa, é de agradecer publicamente actitudes como a da asociaçón A Cutareira que levam anos loitando contra a discriminaçom linguística e a deturpaçom da nossa cultura; particularmente da nossa toponímia, violada sistematicamente polo próprio Concelho.
A hidroeléctrica, ademáis de pedir que recupere o A de A Laracha, esperar que a sua actitude se note na melhora da calidade e da poténcia de kilovátios contratados.
Moitas grazas á Associaçóm A Cutareira.
Canto mais ladren os de "Galicia bilingue" mais imos ser os galegos que saiamos a defensa da nosa lingua e reclamemos mais e mais a sua presenza na vida social (dende a educacion ata o mundo empresarial).
Na Galiza, en galego!.
Eu chamei ao número de atençom ao cliente de GAS NATURAL SERVICIOS (900 700 365) para fazer um trámite, pedindo que me atendessem em galego mas nom foi possível. Só atendem em castelhano e em catalam.
Acabo de enviar-lhes um escrito protestando. Temos que pedir ser atendidos no nosso idioma: é o nosso direito.
¡¡Manda carallo!!
Mira quen o vai a falar: a xente-corrente.