Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Termina a celebración do Entrudo en Portugal

Este ano, no canto de queimar un gato, torraron un peluche

A aldea de Campia, en Vouzela, cumpriu a terza de Entroido o seu costume de carnaval, mais dunha forma diferente.

Redacción - 14:00 10/02/2008
Dous gatos de peluche / Flickr: beruta

Dous gatos de peluche / Flickr: beruta

A palla ardeu, o púcaro de barro caeu do topo do mastro, partiu, e, no chan ficou inmobilizado un gato, desta volta, de peluche.

Era tradicional na aldea de Campia que dentro do pequeno pucheiro fose un gato dos de verdade, pero este ano comezou a circular unha mensaxe pola rede que dicía que esta é "unha tradición primitiva e cruel que serve apenas para divertir uns cuantos sádicos". As protestas levaron á organización a meter un peluche no púcaro por primeira vez na historia.

A tradición do gato torrado, ou espantado, se á primeira non sae ben
"Os organizadores cazan ou rouban un gato nalgures, e méteno nun cántaro onde fica fechado até a hora da festa. Despois, no campo da festa hai un grande mastro ladeado, onde se coloca o cántaro (enriba de todo) atado cunhas cordas. A seguir préndeselle lume ao mastro, o búcaro vai quecendo, quéimanse as cordas e a ola de barro cae desfacéndose en pedazos", contaba a mensaxe da polémica, acrecentando que "o gato (se aínda puidese) corre arrepiado, seguido de toda a vila que o persegue con paus, para ver quen lle acerta".

Carlos Duarte, membro da organización dos festexos de Entroido de Campia, lamentou a polémica xerada arredor desta tradición que segundo dixo, "terá máis de cen anos e que case sempre se fixo con gatos". De feito Duarte lembrou que hai 15 anos mesmo usaron o seu propio gato, "que regresou a casa sen problemas". "A tradición sempre existiu e pode continuar a existir, porque nunca se matou gato ningún", garantiu Duarte, quen tamén asegurou que as persoas non corren detrás do gato, senón que hai unha figura, un home enmascarado, chamado "Burro das Turquesas" que fai como que tenta agarrar o animal.

Pero este ano, "para non alimentar polémicas", a organización decidiu, pro primeira vez, non usar un gato de verdade.


4.83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: