Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Na rúa o próximo mes de marzo

O goberno galés apoiará a saída do primeiro xornal no idioma do país

O goberno proxecta unha importante inxección económica cara á creación dun mapa de medios na lingua propia, que gañou un importante número de falantes nos últimos anos.

Redacción - 14:00 10/02/2008

Durante os próximos tres anos, o goberno galés acordou investir arredor de 800 mil euros en favor dos medios de comunicación na lingua propia de Gales. Rhodri Glyn Thomas, ministro de Patrimonio, explicou que se dobrarán as axudas destinadas ás publicacións na lingua galesa e que se atenderá especialmente ao impulso dun diario neste idioma.

Thomas é un dos membros do executivo galés que pertencen ao Plaid Cymru , a formación nacionalista galesa que entrou a gobernar en coalición co Partido Laborista despois dos comicios de 2007. O executivo está dirixido polo laborista Rhodri Morgan, co líder do Plaid Cymru, Ieuan Wyn Jones, como vice-primeiro ministro.

Un estudo recente, encargado polo Welsh Language Board, destacaba o alto grao de calidade das publicacións xa existentes en galés, pero salientaba tamén que se trata dun sector especialmente "fráxil, irregular e incompleto". No mesmo informe, advertíase dos probábeis problemas de viabilidade dun xornal que saia aos quioscos diariamente. Ao respecto disto, desde a institución consideran que a expectación creada polo proxecto, tanto polo interese como por os apoios recibidos, permitiría ser optimistas coa iniciativa.

A saída do "Y Bid" está programada para marzo
En principio, o 3 de marzo é a data estabelecida para o primeiro número do Y Byd, O Mundo en galego, o primeiro xornal na lingua do País de Gales. Terá edición electrónica, e contará ademais cun amplo número de subscritores, máis de 5 mil. No cadro de persoal haberá uns 24 profesionais, a metade dos cales serán xornalistas, que editarán un número cinco días á semana

Lingua con boa saúde
O galés era falado a comezos dos anos 90 polo 18% da poboación. Na altura de 2001, esa porcentaxe subira ao 20,5% e segundo datos de 2004, os falantes de galés chegaban case ao 22% dunha poboación total de case tres millóns de habitantes. En novembro pasado conmemorouse o 25 aniversario da televisión en galés.


4,89/5 (18 votos)

Comentarios (6)

crunha #1 10/Febreiro/2008 crunha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non che estaría mal que aquí tamén fixeramos o mesmo: apoiar aos medios que usen o galego na vez de dar cartos (teoricamente por usuar o noso idioma) a medios que na práctica só usan o castelán (la voz, etc)

mceleiro #2 10/Febreiro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Outros ressuscitão um idioma morto. Aqui matão um idioma vivo.

COUTOVEN #3 11/Febreiro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Excelente iniciativa. Canada nación que loita por afianzar a súa identidade ten a obrigación de colaborar cos medios de información que usan o idioma nacional. Isto é válido desde Gales ata Galiza.

Pero hai unha cousa importante. Os medios que usan un idioma nacional.Teñen que preocuparse antes de todo dos seus nacionais. Se o medio exprésase perfectamente en Galego, Galez, Catalan, etc. Pero non é interlocutor das realidades e as necesidades do pobo cuxo idioma di defender. Simplemente será un fracaso e unha hipócrita traizón ao sentimento de patria.

Segundo o propio VIEIROS este é un medio creado desde a emigración para a emigración. Eu pregunto. En algures de Vieiros nos últimos 2 meses díxose algo dos galegos residentes en Venezuela? A segunda comunidade Galega en Iberoamérica ten algo que dicir? Realmente no apartado de GZ-EXTERIOR dedicado a Venezuela respéctanse os principios fundacionais deste medio.

COUTOVEN #4 11/Febreiro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Erro: Canada = Cada

Garrano #5 11/Febreiro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

mceleiro, mira ben as porcentaxes do gráfico. O Galés nunca baixou dun 20% en nº de falantes do Pais, a sua saude con respecto a outras linguas minorizadas (sobre todo as célticas) é relativamente boa. O Galés nunca morreu polo tanto non está a ser resucitado.

prometeo #6 13/Febreiro/2008 prometeo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A raíz disto, pode que se cre Gales Bilingüe para defender os dereitos dos anglo falantes, non vaia ser que se poña en perigo a continuidade da lingua inglesa; ó igual que pasa en Galicia co castelán que polo visto está sendo discriminado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: