Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Horas despois de coñecer a decisión de Garzón

Reaccións dos partidos galegos

Feijóo pensa que "triunfaron os principios" e Francisco Rodríguez enmarca a acción no "contexto preelectoral".

Redacción / EP - 17:35 08/02/2008
Cartaz electoral de EHAK-PCTV

Cartaz electoral de EHAK-PCTV

Mentres que o voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, dixo que prefire agardar pola sentenza do Supremo, e que a súa formación non ten unha posición "entusiasta" a favor da suspensión ou a ilegalización de partidos políticos, o líder do PPdeG, Núñez Feijóo asegurou que con esta decisión, as vindeiras eleccións vólvense "máis democráticas, máis limpas e máis dignas".

Feijóo aplaudiu deste xeito a decisión do xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, de suspender as actividades das formacións EHAK e ANV por un período de tres anos. O líder dos populares galegos dixo que nesta decisión de Garzón "triunfaron os principios" e "fracasaron as políticas de oportunismo e conveniencia". Feijóo tamén destacou que esta suspensión demostra que "tiñan razón" aqueles que mantiñan que as dúas formacións políticas vascas mantiñan unha "relación directa" con ETA.

Pola contra, o voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez dixo, en declaracións a Europa Press, que esta decisión encaixa, "desgraciadamente" nun "contexto preelectoral". A seguir Rodríguez cuestionou que o proceso de ilegalización de ámbalas dúas formacións se estea a facer "co suficiente coidade e precisión democrática". "O máis preocupante é onde comezan as situacións ilegais dunha organización política e as súas connotacións co terrorismo", terminou.


1,25/5 (4 votos)


Comentarios (8)

luisfoz #1 8/Febreiro/2008 luisfoz

Ainda que com suavidade, Francisco Rodríguez tem umha postura digna.

mercedes #2 8/Febreiro/2008 mercedes

Segundo intento:
O de Núñez só é máis do mesmo, o do Rodríguez razoable, coherente. A decisión xudicial antidemocrática,pouco ou nada ten que ver co que chaman eles terrorismo, é revirar as leis en beneficio dunha concepción españolista.

mercedes #3 8/Febreiro/2008 mercedes

Esquencemento:
¿Que din dende o PSOE en Galiza?. E non val o de "acatar las decisiones judiciales".

BonKarallan #4 8/Febreiro/2008 BonKarallan

Triunfaron os principios? Eu creo que máis ben triunfaron as persoas "sen principios" que fan o que lles dá a gana e cando lles dá a gana.

BonKarallan #5 8/Febreiro/2008 BonKarallan

O PP defende aos xenocidas e as invasións xenocidas, como a de Bush en Iraq.

Xuíz Garzón, sexa consecuente e pida a ilegalización do PP e de paso a da Igrexa, por estar contra as vodas de homosexuais.

Vai o xuíz Garzón a pedir a extradición de Bush? como fixo no seu día con Pinochet (fantochada de Garzón), xa que asasinaron a sangue frío a un reporteiro de Telecinco.

"A xustiza do home branco é tan xusta, tan xusta, que xa non cabe máis xustiza que a inxustiza" (Un xefe apache)

ferreirogz #6 8/Febreiro/2008 ferreirogz

Postura digna a do deputado do BNG? por favor!!

A única postura digna é denunciar o carácter fascistóide da lei de partidos, e nom a sua aplicaçom "co suficiente coidado e precisión democrática".

Como se pode aplicar a Lei de Partidos com "coidado e precisom democrática"? Ilegalizando-os com mais antelaçom? transportando à prisom os dirigentes em furgons com assentos mais cómodos?

Que grande hipocrisia!

pff... o que há que ler!

ranciadas #7 9/Febreiro/2008 ranciadas

Para cando a ilegalización dos partidos de extrema dereita, incluído o PP por defender o terrorismo, a xenofobia e a vulneración de dereitos?

É dicir PP, DN, FEI, FEA, AES, España 2000, Familia e Vida, e tantos que se presentas nas vindeiras eleccións.

mceleiro #8 10/Febreiro/2008 mceleiro

O BNG digno? Se leva apoiando ou abstendo-se em todo o referente à opressão do estado espanhol a Euskadi.

Deixando isto de lado, que DEMOCRACIA é aquela onde estão ilegalizados partidos?

A postura de Francisco Rodriguez dá igual que seja digna ou não, porque seguro que não é a del, nem sequera a da direcção do BNG. Neste momento esse partidinho é teledirigido pelo PSOE.

Calar a boquinha, não seja que ilegalizem também o BNG.

Putos lambecús. Ananos. "Galleguitos fieles".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: