| Do 6 ao 9 de febreiro ten lugar en Barcelona o I Encontro Estatal de Compostaxe. ADEGA leva aló a súa experiencia de anos na promoción da compostaxe como opción prioritaria para o tratamento da fracción orgánica dos RSUs. O traballo de ADEGA neste eido plasmouse no deseño dun proxecto de compostaxe caseira que comezou no 2002, baseado na separación en orixe e compostaxe da fracción orgánica. Até hoxe desenvolvéronse 16 programas de compostaxe caseira que abranguen mil vivendas en 10 concellos galegos, coa colaboración de asociacións veciñais, universidades (USC e UDC), SOGAMA e a Consellería de Medio Ambiente. Baixa o POSTER (691.98 KB) |
O programa baséase nun sistema tecnolóxico e educativo de baixo custo, que pretende retomar solucións propias da cultura popular galega, á vez que se presenta como exportábel a calquera outro territorio. Conta, xa que logo, con dúas lineas de actuación: a tecnolóxica e a educativa.