Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Carga policial na Coruña

Disolven a paus a concentración convocada en resposta á manifestación contra o galego

Unha ducia de axentes sacaron as porras para afastar os concentrados baixo o lema "Na Galiza en galego", reunidos fronte aos autodenominados "Mesa por la Libertad Lingüística".

Redacción - 09:30 09/02/2008

O grupo que funciona baixo a denominación "Mesa por la Libertad Lingüística", convocara para a tarde deste venres no Obelisco da Coruña unha manifestación enmarcada no conxunto de actividades que este e outros colectivos veñen organizando a prol do privilexio para o castelán en todos os ámbitos sociais, especialmente no ensino.

Fronte a ese acto, de xeito espontáneo e a través dos teléfonos móbiles, foi convocada para a mesma hora unha concentración oposta, que dobrou en asistentes ao grupo anterior, en defensa do galego e á que numerosas persoas acudiron con cartaces onde podía lerse o lema "Na Galiza, en Galego".

Logo do cruce de asubíos e insultos entre os dous grupos, separados apenas por uns metros, algo máis dunha ducia de axentes policiais interviñeron no lugar, tratando de facer marchar aos manifestantes en favor do galego, argumentando que a concentración non fora nin autorizada nin solicitada. No tirapuxa, e mentres aplaudían representantes do colectivo castelanista, varios mozos recibiron golpes.


Ligazóns

4,07/5 (29 votos)

Comentarios (39)

LANS #1 9/Febreiro/2008 LANS

Tivo que ser toda unha festa. Esta é unha boa nova, menos polos paus. A mocidade galega móvese e poderá contra todos os espanholistas.

Alenco #2 9/Febreiro/2008 Alenco

Estes son os mesmos de "galicia bilingüe", e a súa campaña.
Esta agresividade contra o galego acabará volvendose contra deles.

Mentras tanto temos que ir parando os seus ataques.

rockandroll #3 9/Febreiro/2008 rockandroll

hahahahahahahaha!!! Quê divertido!!! Flipei rindo-me desses velhos do Círculo de Artesanos!!! Por certo, está bem dizer que éramos muitos mais e que a carga policial o único que conseguiu foi que AINDA MAIS GENTE se nos somasse. A ver quê explicaçom tenhem estes para o ridículo que fixerom. A ver quê milonga conta Gaviotero. Hahahahahahahahahahahahahahaha!!!!!

rockandroll #4 9/Febreiro/2008 rockandroll

...E olhade se chegam a ser fanáticos, que o idiota do Presidente de NNGG se auto-lesionou...som fanáticos até o cansaço...

Alenco #5 9/Febreiro/2008 Alenco

(Con permiso de "lunet")

Antes de responder a Gaviotero (que pasará por aquí),
leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n....

Sabrexo #6 9/Febreiro/2008 Sabrexo

Os que se manifestaron contra o galego eran "tan gallegos" ou paracaidistas vidos de fóra en autobuses?

petopitopato #7 9/Febreiro/2008 petopitopato

Sitoo, mais o mellor regalo que se lles pode facer é prestarlles atención e darlles motivos para que se fagan as víctimas... é o que buscan. Si fosen a manifestarse e a xente pasase por ondeles sen facerlles nen caso, volverían para a casa sen ganas de sair a outra máis agora xa terán ganas de montar unha máis. Se queremos defende-la lingua, as manifestacions a prol dela pódense facer todolos días en moitas actividades, sair a rúa se fai falla en calquera tempo... non ao mesmo tempo que os malucos estes e así prestarlles a iniciativa e dándolle máis valor do que teñen. Non lles sigas o xogo.

ranciadas #8 9/Febreiro/2008 ranciadas

Non, o que hai que facer son estas manifestacións contra eles para dicirlles que AQUÍ ESTAMOS e que non nos van eliminar por falar galego, senón están conformes teñen moita península para marcharen. A estas aldraxes RESPOSTA e RESPOSTA. Parabéns pola xente que se manifestou e a miña crítica á policía (coma sempre ao servizo da España).

OBSERVADOR #9 9/Febreiro/2008 OBSERVADOR

Alegro-me do sucesso da manifestação em favor da nossa língua.

Mas ainda mais alegria me dão os comentários feitos até agora.

Anti_Lusista #10 9/Febreiro/2008 Anti_Lusista

Alenco o link non funciona.

pitelo #11 9/Febreiro/2008 pitelo

os da mesa prometen repetir a concentración todolos venres ata o próximo 7 de Marzo

vaites #12 9/Febreiro/2008 vaites

impresiona a cobertura dedicada ao tema por La Coz de Alicia, ese
xornal que "fai País sendo a voz da sua sociedade"(A.Q.dixit)

Barcelos #13 9/Febreiro/2008 Barcelos

http://brenlla.blogaliza.org/n...

#10 Pincha na alimente os trolls e xa funciona

nidiosnipatria #14 9/Febreiro/2008 nidiosnipatria

ya os gustaría que la concentración fuera contra el gallego para cargaros de razón, qué victimistas sois los nacional-socialistas

Gaias #15 9/Febreiro/2008 Gaias

Estes individuos galegofobos viñan a provocar, e aparonse coa resposta dun pobo que saeu en defensa da nosa lingua e dignidade.
O que non fan os politicos galegos, faremolo os cidadans.
En defensa do galego.
En Galiza, en galego!.

Gaias #16 9/Febreiro/2008 Gaias

Donde estaban estes de "Galicia bilingue" e "Mesa por la libertad Linguistica" cando gobernaba o PP na Xunta?.
Quen financia a estas plataformas que buscan crispar a sociedade galega e perseguir,desprestixiar,etc a nosa lingua?.
Pq so acuden as cidades e non van as aldeas, donde se fala 100% galego?.

Gaviotero #17 10/Febreiro/2008 Gaviotero

La Redacción de Vieiros acude a la MENTIRA una vez más ante la imposibilidad de defender la realidad con argumentos.

Ayer, en La Coruña, la ÚNICA manifestación contra el gallego que hubo es la protagonizada por los perror rabiosos de siempre que iban tras la pancartita de "Na Galiza em galego!!!".

Esos y no otros, los agresores, que se presentaron allí simplemente a provocar porque les duele la libertad y defienden el totalitarismo, esos son los que están contra el gallego.

No es de extrañar que luego el BNG se niegue a condenar el nazismo.

OBSERVADOR #18 10/Febreiro/2008 OBSERVADOR

Nidiosnipatria: Num evidente clima de recessão linguística, onde estabelecer leis para achar um equilíbrio (BILINGUE) é mais que difícil, sempre em favor de uma (DE LA MISMA), pedir a "liberdade" (?) linguística é ir, de facto, contra a parte mais desfavorecida.

Para além de que todos (tu também) temos que cumprir as leis, e as leis dizem que o ensino em galego deve ser um 50%, que é BILINGUISMO PURO E DURO.

É que não vos entende nem santocristo...

OBSERVADOR #19 10/Febreiro/2008 OBSERVADOR

Gaivota: cala, cumpre e deixa cumprir democraticamente a lei de normalizaCIÓN, que se te vê a veia fascista.

ranciadas #20 10/Febreiro/2008 ranciadas

Gaivota, condeache ti algunha vez o nazismo franquista? Cando será o día que VIeiros banee xa a este suposto "señor".
realidad? perros rabiosos? pancartita? nazismo? Bebes ou esnifas? Hai que ter o miolo podre para dicir semellantes estupideces.

lunet #21 10/Febreiro/2008 lunet

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n...

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.

Maeloc-do-Rouco #22 10/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n....

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.

Regina #23 10/Febreiro/2008 Regina

Eu de verdade estou abismada!! como pode ser isso, se estamos na Galiza, nada mais certo que defender o idioma que é o galego, não entendo e gostaria de saber se esses que defendiam o castelan eram aglegos..Meu Deus, pq todo esse desprezo pelo idioma? um idioma tão rico,uma cultura tão bonita.é fico muito triste e eu que penssei que a policia do meu país era mais repressora!! é uma magoa td isso!!

Regina #24 10/Febreiro/2008 Regina

ô perdão, quis dizer GALEGO.

rockandroll #25 10/Febreiro/2008 rockandroll

Eu...hahahahahahahahaha....nom paro de rir porque ademais...hahahahaha....quê curioso....hahahahaha...na manifestaçom contra o galego o que predominava era o sotaque andaluz e umha media de idade que superava os sessenta.

mceleiro #26 10/Febreiro/2008 mceleiro

Como diz Gaias, que o autocarro esse da Ghalicia Bilingüe dé um passeio polas aldeias da Galiza profunda 100% galegofalante. Seguro que as pedradas que levão será pelo radicalismo nacionalista e intolerante, blablabla,...

Apana #27 10/Febreiro/2008 Apana

Parabéns aos coruñeses que amosaron en que consiste a dignidade cidadán. Alguén terá que pedir explicacións sobre a vergoñenta actuación das forzas(onte máis que nunca) de ocupación. Policía Galega XA!

chegaliza #28 10/Febreiro/2008 chegaliza

Onte, na Coruña, a ÚNICA manifestación contra o galego que houbo é a protagonizada polos rabiosos de sempre que ían tras a pancartita de "Mesa pola Liberdade Lingüística"
Eses e non outros, os agresores, que se presentaron alí simplemente a provocar porque lles doe a liberdade e defenden o totalitarismo, eses son os que están contra o galego.

Gaviotero #29 10/Febreiro/2008 Gaviotero

MENTIRA, MENTIRA, MENTIRA. La manifestación no era contra el gallego. La contramanifestación de los totalitarios bloqueiros de siempre, esa sí era contra el gallego, porque son gente que odian a Galicia.

BonKarallan #30 10/Febreiro/2008 BonKarallan

A contramanifestación era contra tí, pero non te atoupamos.

BonKarallan #31 10/Febreiro/2008 BonKarallan

Perdón. Non che atopamos.

BonKarallan #32 10/Febreiro/2008 BonKarallan

Con tanto bilingüismo a un se lle escaralla a lingua.

xorxev #33 11/Febreiro/2008 xorxev

Haber, o link ao que se referen en #5 , #13 , #21 e #22 , que non funciona,
digo eu se será este:
http://brenlla.blogaliza.org/n...
BonKarallan, sen animo de ofender: era correcto 'non te atopamos', pero non 'non che atopamos'. Tampouco 'a un se lle escaralla' sería é 'a un escarallaselle'. Saúdos e desculpa.

davidelc #34 11/Febreiro/2008 davidelc

Estou, cando menos, abraiado polo que está a ocorrer nestes dias…

Non son militante de partido político nengun, nen falla que fai; non fun nen à manifestación nen à contramanifestación (iria, de estar n’A Coruña); son galego, non son violento nen gosto da violéncia en nengunha das suas vertentes, non penso que sexa un home perigoso…

Acho que o que está a acontecer non é mais que unha das consecuéncias da proximidade do 9-M.

Desde certo sector ideolóxico españolista tenta-se desde sempre meter medo à xente de ben cunha suposta balcanización (din uns…), basconización (din outros…)do País (Galiza) e mesmo do Estado para se autoxustificar. Non é mais que unha nova volta de porca nesa dirección. Os radicais, din, son os galegos que queren impór-nos o seu idioma…! Non vexo onde está imposto o galego, en nengun lado. Mais ben todo o contrário. A cousa é quentar o ambiente preeleitoral, criar problemas e tensións sen razón aparente (e menos pola banda da convocatória da manifestación)

Se para rabuñar uns votos e repito, AUTOXUSTIFICAR-SE hai que praticar a demagóxia e manipular persoas de ben (que seguro que na manifestación habia persoas de ben…), pois nada, viva a demagóxia e a manipulación! Si es que España se nos desmorona! Para exemplos das mentiras da direita española xa hai publicacións dabondo…

Vivemos nun País, Galiza, que non está normalizado, no que parte do seu estudantado universitário chega sofrer represálias por escreber os exames e falar galego. É só un exemplo de imposición lingüística, queredes mais? Aulas de galego impartidas en español; CV redactados en galego ao lixo; a administración, en español; os cinemas, en español (cando certos filmes expostos en galego supoñen grandes éxitos de taquilla); toponímia, que por lei tiña que manter a forma galega, deturpada en español; meios públicos galegos, nos que a xente participa en español (agora non tanto como antes, afortunadamente); telefonia móbil na que non podes escoller o idioma galego (en Euskadi e en Catalunya, si podes elixir o euskara e o catalá).

Gostei muito do comentário de Jimena (de Segóvia, e outro exemplo de imposición idiomática), do de Francisco (que se pregunta quen está detrás da Mesa por la Libertad….) e duns cantos mais dos aparecidos na web da Opinión da Coruña. Do comentário de Jimena, entre outras cousas destaco que en muitas ocasións son as persoas que veñen de fora quen, sen os prexuízos do autoódio, son mais abertas cara o noso. En segundo lugar, a reacción da vendedora. É tanto o autoódio mamado, a minusvaloración do próprio, que non me estraña o mais mínimo a dita reacción.

Que se investigue a Mesa por la Libertad Lingüística, e quen está detrás desta e doutras organizacións (o BNG, seguro que non). Como é posíbel que en tan pouco tempo, esta Mesa…. estexa tan ben organizada? Non serán os mesmos que se apresentan o 9-M da man do lema IGREXA-ESTADO? Hai que quentar, confrontar, insultar à intelixéncia das persoas, manipular…. Todo por rabuñar votos.

Polo que comentaba unha outra persoa na mesma web, dicer que a Química pode expoñer-se en calquera idioma (en que idioma será impartida a Química na China?), igual que o resto das matérias. Hai comentários desta clase que, por seren malintencionados, ou ben nados na ignoráncia mais grave (a do que é ignorante porque quere…)non vou entrar a valorar. Mellor non facé-lo.

Os fanatismos son malos, TODOS. Nicolás, toma nota…, se queres.

Segregar aos nosos nenos en función do idioma é unha das últimas propostas deste sector(hai pouco era a de segregar aos mesmos nenos en función de se eran listos ou parvos). Hai que querer ben pouco a un/ha fill@ para limitá-l@ tanto…

A demagóxia, a mentira… , dá noxo, veña de quen veña. En Galiza non se está a impór ren, e menos o idioma galego. Quen di isto, minte mais que fala. Hoxe fala e di que entende (sen palabras…) galego unha porcentaxe enormemente menor de galeg@s que nos tempos do ditador. Cara onde imos?

OBSERVADOR #35 11/Febreiro/2008 OBSERVADOR

Lunet e Maeloc têm razão. Não se deve alimentar o troll (=responder à Gaivota), mas é difícil porque, como bem diz a página essa sobre os trolls, às vezes o que diz faz pensar.

Isso sim, a sua pessoa fica sempre no escuro. Nunca diz nada pelo que puder ser identificado. Portanto, é um troll.

Ora, não concordo com isso de que os trolls sejam inconscientes ou semi-inconscientes do que fazem. ESTE TROLL SABE O QUE FAZ.

Também proponho não falar mais dele nem com ele. Procurar que as suas mensagens não afectem às nossas respostas. Enfim...

zemalves #36 11/Febreiro/2008 zemalves

É esta a democracia á espanhola.....Nunca pensei que falar uma lingua materna fosse crime, ilegalizam-se os partidos bascos.Na Galiza falar galego é crime,no Euskadi ser independentistas e defender as suas raizes e cultura é crime.Será que os espanholistas e nacionalistas neo-franquistas tambem serão capazes de se imporem na Catalunya?Duvido.Tenho que perguntar ao ditador Baltazar,o que é que é permitido em Espanha e já agora no resto da Europa,quiça até no Mundo??? Sobre o Grupo Galicia Bilingue,não passam de espanholistas que querem impôr o castelhano a toda a gente.

internawta #37 11/Febreiro/2008 internawta

O desprezo ao galego vem não só de mentes descaradamente fascistas, obcecadas com o seu castelhano/Madrid-centrismo, mas também de um aproveitamento baixo do facto de ser o galego a língua autonómica com maiores dificuldades em vingar. Porquê continua a sê-lo? Notem que cientes desta realidade, muitos senhores astutos fizeram/fazem de tudo para separarem o galego da sua grande família lusófona, argumentando que deveria ser autónomo. E de que forma? Pois, inventando umha cousa híbrida que nem é galaico-português nem castelhano, mas parecendo-se, convenientemente, mais a este último para que muitos falantes preferirem falar castelhano em vez umha cousa híbrida (por ex., a falada na televisom) que nada tem a ver como o galego que sempre escoitaram em casa. Pois, meus caros, "divide e vence" (já que contra a grande família galaico-portuguesa eles nom poderiam)! Não são tontos, não! E estas manifestações som os golpes que dão os cobardes sobre os mais fracos! Mentes doentias, destilando ódio e procurando bodes expiatórios para descarregarem a sua amargura... E agora tocou-lhe ao galego...

Trutxo64 #38 11/Febreiro/2008 Trutxo64

Como nom; sempre os mesmos imperialistas, perpetrando genocídios. Quando nom exterminam um povo exterminam a sua cultura.

Maeloc-do-Rouco #39 11/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n....

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.

Premede o "link" onde diz "Nao alimente aos trolls"...Obrigado (e deixade-o que tolee ele sozinho...que o fai caralhudamente)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: