A directora israelí Natalie Asuline afonda en 'Shahida-Brides of Allah' nos motivos das mulleres palestinas para convertérense en suicidas.
Por primeira vez abórdase no mundo do cine o papel das mulleres palestinas na loita armada. A directora israelí Natalie Asuline foi a promotora deste documental, que agora se pode ver no Festival de Cine de Berlín, no que se exploran os motivos que teñen as mulleres para recrutar e conducir ás persoas que detonaron bombas en lugares públicos, ou para converterse elas mesmas en suicidas.
O documental, gravado nas prisións israelís, combina as entrevistas con escenas da vida cotiá das presas e as visitas das familias que reciben. Tamén quedan reflectidas as clases, as conversas e o tedio que cada día asola a vida destas mulleres. As veces en clave de humor e ás veces de xeito solemne, a ollada da directora plasma as historias das protagonistas dende o punto de vista de cada unha delas, coa súa propia ironía.
Profundas conviccións
O paradoxo queda patente neste filme: dende a muller que quere facer saltar polos aires o hospital que a curou até aquela nai que abraza ao seu fillo mentres asegura que estaría disposta a destruír unha gardería israelí. Son moitas as mulleres que lamentan ser descubertas, xa que isto supuxo que non lograron o seu propósito.
A autora afirma que a loita máis dura que tivo que afrontar durante a rodaxe foi a de obter testemuñas sinceras por parte das presas, xa que na maioría dos casos, por medo a represalias, non contaban toda a verdade e só cando a cámara estaba apagada as “mozas de Alá” se expresaban con total liberdade.
Con todos os meus respectos para o/a autor/a desta noticia, pero penso que "reventar unha gardería israelí ou saltar polos aires un hospital", non é "loita armada", senón terrorismo do mais abxexto.
A ver se condenamos todos os asesinatos, pero todos, non só os que comete unha das dúas partes.