Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tras suspenderse a deste domingo

O alcalde de Cervantes teima en traer doutra volta a caravana de mulleres

O PSdeG critica as denuncias do BNG contra a caravana, argumentando que os nacionalistas tamén teñen as súas "de xubilados".

Redacción - 19:17 11/02/2008
Unha imaxe dos Ancares, comarca na que se atopa o concello de Cervantes / Flickr: freecat

Unha imaxe dos Ancares, comarca na que se atopa o concello de Cervantes / Flickr: freecat

O alcalde de Cervantes (Os Ancares), Benigno Gómez Padín, do PSdeG, asegurou esta segunda feira que vai tentar traer, outra vez, a caravana de mulleres ao seu concello, despois de se ter suspendido a prevista para o pasado domingo.

Gómez Padín tamén destacou que vai "tentar facer unha festa de solteiros", tras recoñecer que é problemática a situación do concello, con 500 solteiros nun censo de 1.800 habitantes.

O BNG tamén ten as súas "caravanas de xubilados"
Sobre as críticas do BNG sobre a caravana de mulleres, Padín asegurou que é normal velas en moitas vilas por todo o Estado, posto que "se trata dun encontro, non é máis nada, e pode xurdir ou non", afirmou, ao tempo que acusaba aos nacionalistas de "retrógrados".

O secretario provincial do PSdeG en Lugo, Luis Anxo Lago, preguntoulle ao BNG se para eles tamén son "indignas e denigrantes" o que describiu como "caravanas de xubilados que percorren Galiza para aplaudirlle a Quintana, ao estilo do que facía Fraga hai uns anos".

Contra a postura "sectaria e de talibáns" do BNG
Lago tamén dixo que cada vez se entenden menos "posturas tan intransixentes" como a amosada polo BNG que "condena sen máis idea e de forma inapelábel os actos doutras persoas sen sequera darlles tempo a se defenderen".

Así, para o socialista lugués, a do Bloque é unha posición "absolutamente sectaria e de talibáns". "Son moi dados a lanzar proclamas e condenas incendiarias contra os demais, sen mirarse no espello", concluiu Lago.


3/5 (4 votos)


Comentarios (9)

A2b2 #1 11/Febreiro/2008 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As mentes "calenturientas del BNge" ainda van prohibir as festas!
Pero.... acaso ás festa non se vai "ligar"?. Ou é que está prohibido?.
(Uns/unhas ligarán con mulleres e outros/as ligarán con homes)

Sabrexo #2 11/Febreiro/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para caravanas, as que visitan os mítines de PP e PSOE durante as campañas electorais: sempre os mesmos autobuses coas mesmas matrículas, a maioría de León ou de Asturias.

Gaviotero #3 11/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Es que si no está Quintana repartiendo empanada a los bloqueiros ya no les gustan las fiestas...

chegaliza #4 11/Febreiro/2008 chegaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

Maeloc-do-Rouco #5 11/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n....

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.

Premede o "link" onde diz "Nao alimente aos trolls"...Obrigado (e deixade-o que tolee ele sozinho...que o fai caralhudamente)

ranciadas #6 11/Febreiro/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está para falar de talibáns o alcalde sociolisto de Cervantes, que a culturiña que ten é máis ben dun neno de cinco anos (con todo o respecto para os neniños).

charino #7 12/Febreiro/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Sr. Lago ten toda a razón, cando critica os bailes de Quintana cos vellos. Tamén é certo que iso o facía Fraga Iribarne, apañando as críticas do BNG. Pero a falacia está en que si eles fan o mesmo coa súa caravana de mulleres tampouco son moi diferentes dos do PP. Polo tanto, senón se pode criticar as caravanas de mulleres tampouco se pode facer cos bailes de Quin Africa. Polémica curiosa cando en Ancares, as pallozas, un elemento clave do noso patrimonio esta a desaparecer rapidamente. Políticos de merda!!!!

Tino #8 12/Febreiro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Q lle fagan un LaLuna como hai en pontevedra, xa verán como engatan os xubilados/as: mais cós novos!

Sabrexo #9 12/Febreiro/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha pequena diferenza entre a política social do PP e a do BNG é que o BNG está a crear unha rede pública de residencias para maiores por todo o país. Ao PSOE o que lle molestan non son os bailes precisamente.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: