Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Abriranse ademais outros seis novos centros en Galiza

'Quérote' tamén nas Illes Balears

Unha delegación do goberno insular viaxou a Galiza para interesarse polo programa de información afectivo sexual da Dirección Xeral de Xuventude.

Redacción - 19:37 11/02/2008

Representantes do Goberno das Illes Balears visitaron Galiza para coñecer o funcionamento do centro Quérote, e o seu modelo de servizo de información afectivo-sexual orientado á mocidade, para posteriormente trasladalo ás illas. Durante a súa visita estiveron acompañados polo director xeral de Xuventude, Rubén Cela.

A delegación balear, composta polo director xeral de Xuventude, Joan Artigues Roig; a directora do Instituto Balear da Muller, Lila Thomas; e a directora xeral de Saúde Pública, Margalida Buades, achegáronse até Compostela onde puideron coñecer a organización, funcionamento, planificación, actividades e filosofía da rede de centros Quérote, que leva funcionando en Galiza dende 2006.

Rede articulada en Galiza

A iniciativa, pioneira no Estado, conta xa con centros en Compostela e Lugo, centros que tiveron unha grande acollida dende a súa posta en marcha hai dous anos. Debido a este éxito, a Vicepresidencia da Xunta ten previsto abrir seis novos centros que se situarán en Ourense, Ferrol, A Coruña, Vigo, Burela e Pontevedra.

Os centros Quérote deseñan actividades propias dirixidas a garantir a calidade das intervencións. Elaboran protocolos e instrumentos de avaliación da satisfacción dos usuarios e profesionais, e artellan tamén unha metodoloxía comunicativa e informativa áxil, adaptada ás necesidades de confidencialidade de cada mozo ou moza. Existen tres vías de consulta: as consultas personalizadas, vía telefónica ou pola rede.


5/5 (2 votos)


Comentarios (1)

Tino #1 12/Febreiro/2008 Tino

Debemos lebrarlle ao PP o dano q fixo na sociedade, tanto moza como menos moza ao eliminar estes centros de información e orientación tan útiles e necesarios na sociedade actual.
Cantas mozas e mozos non tiveron acceso á información adecuada e a tempo sobre sexualidade? Cantas kedaron preñadas podendo evitalo? O ruxe-ruxe de aquela época era q deran os meniños en adopción, q habia moita demanda! Métodos de mercadeo aplicados á concepción da vida... todo un exemplo cristián!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: