Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
VENRES 15 DE FEBREIRO

Luar na Lubre en concerto, agora en Lleida

Co seu décimo traballo, Camiños da fin da terra, entre as raíces e a innovación.

Redacción - 20:30 11/02/2008

A Luar na Lubre non lle cómpre presentacións, e menos en Cataluña, onde actúa a miúdo e conta cunha lista longa de seguidores. Desde outubro Camiños da fin da terra levou de xira ao grupo por Galiza e en moitas cidades do Estado español e Alemaña, entre elas Barcelona. Agora volve, case pechando a xira ao Auditori Enric Granados de Lleida. E ao día seguinte, o 16 de febreiro, Luar na Lubre actúa no Teatro Villamarta de Jerez.

Podes ler unha entrevista ben singular que lle fixeron a Bieito Romero no Mike Oldfield Blog cadrando co concerto de Barcelona do pasado mes de novembro.

Concerto de Luar na Lubre
Venres, 15 de febreiro de 2008 ás 22.30 h

Auditori Municipal Enric Granados
Pl. Mossèn Cinto Verdaguer, s/n | 25004 Lleida
Tel. 973 22 33 20

Entrada anticipada 12 €, en taquilla 15 €.


5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

vounasondas #1 12/Febreiro/2008 vounasondas

Unha pregunta: ¿qué problema ten Vieiros con Luar Na Lubre? Só na seccón de GZ-EXT é posible atopar información sobre o novo disco, ou sobre concertos.

galaico #2 12/Febreiro/2008 galaico

Eu tamén quixera facer a mesma pregunta. Sacan informacións de todos os grupos, e de Luar Na lubre que é o que máis toca tanto en Galiza como fora nin unha soa reseña, nin siquera do novo disco agas unha notiña no Vieiros Navia-Eo???
Teñen que pagar ou que???

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: