Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

O PSdeG espera a Zapatero o día 29 na Coruña

O secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, adicoulle ao presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, os cualificativos de "chourizo" e "mentireiro".

Redacción / Europa Press - 09:00 12/02/2008
Tags:

O secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, esixiulle este luns ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, que se desculpe ante os galegos por "estar a mentir durante tres días" sobre a entrega dun "cheque" da Deputación de Pontevedra ao Centro Galego de México, feito que o dirixente socialista cualificou de "chourizada".

Preguntado en rolda de prensa se daba por resolta a polémica despois de que o líder popular recoñecese como "inadecuado" o acontecido, Varela considerou insuficientes estas explicacións e incidiu en que o documento de contido económico, "como lle chama de xeito eufemístico o PP", "foi entregado na súa presenza polo seu xefe de gabinete".

Neste sentido, asegurou que o propio responsábel do Centro Galego de México, Luis Piñeiro Gil, admitiu a un medio de comunicación que a entrega se produciu, aínda que logo o desmentiu a través dun comunicado. "É unha chourizada sumada a unha mentira permanente", resaltou o número dous dos socialistas galegos, e engadiu que o líder da oposición "sempre se basea en falacias" nos seus argumentos políticos. "Aplicándose a súa propia receita" debería dimitir ante unha situación "escandalosa" e "absolutamente inaceptábel dende o punto de vista político".

Críticas a Quintana
A belixerancia de Varela non se restrinxiu ao PP, senón que tamén censurou o "furor presencial" ao respecto do tema dos debates televisivos que na súa opinión ten o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana. Neste sentido, reiterou que o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, só asistirá a un encontro, o que se celebre en campaña e estea regulamentado pola Xunta Electoral.

Así, apostou por que sexa un dos catro candidatos que encabezan as listas en Galiza os que vaian á primeira cita, convocada pola TVG para o próximo día 18, á que Quintana xa confirmou a súa asistencia. Deste modo, acusou o dirixente nacionalista de "usurpación" e de "invasión" dos espazos de discusión dos aspirantes. "Non sei se o Bloque non ten máis persoas para debater", ironizou e advertiu de que "ese furor non ten por que trasladarllo aos demais".

Visita de Zapatero
A campaña dos socialistas en Galiza ten cita especial marcada no calendario electoral para o próximo día 29 de febreiro na Coruña, onde o presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, será protagonista dun mitin, o único que dará no país durante a campaña e onde o acomparán varios ministros.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: