Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza Non se Vende

Mani-Festa-Acción, contra a destrución do territorio

Os máis de 60 colectivos que compoñen esta rede convocan para o domingo 17 unha protesta na que se denuncia o mal uso que se lle está a dar ao territorio.

Lucía Iglesias - 17:06 12/02/2008

Baixo o lema "Galiza Non se Vende: Contra a destrución do territorio", máis 60 colectivos tomarán as rúas de Compostela o domingo 17 para reivindicar un mellor uso do noso patrimonio. A partir das 12 do mediodía e con saída dende a Alameda os manifestantes reivindicarán o "uso insustentábel do territorio que está a destruír a paisaxe e o patrimonio cultural, a empobrecer a biodiversidade, empeorar a calidade de vida e hipotecar as xeracións futuras para enriquecer a unha minoría".

A rede Galiza Non se Vende reúne moitas causas que están a prexudicar o entorno no que vivimos, e que teñen un mesmo punto en común: "a inexistencia dun ordenamento territorial ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto". A planta de Reganosa, o PXOM de Vigo, ou o trazado do TAV son tan só algunhas das causas contra as que protestar o domingo 17 en Compostela, pero tamén a estrutura política actual debe ser revisada, xa que "non están a respostar aos problemas" e aínda se está a tempo de cambialo.

Mabel Rivera, da Fundación Galicia Verde e Xan Duro, de Verdegaia, denuncian a situación actual na que se atopa o país e reclaman a necesidade da mobilización social para acadar un cambio.



Acción cidadá

A manifestación do domingo será, segundo indicou Mónica García, de Burla Negra, unha "Mani-Festa-Acción", porque ademais de congregar ao maior número posíbel de persoas, tamén ten que ser unha festa, debe ser algo lúdico para animar á xente a continuar loitando por estes ideais, e tamén conleva unha acción, acción contra a situación na que actualmente se atopa o territorio galego.

Segundo indicou Mabel Rivera, na concentración vai participar xente de todo o país, "movidos non só por un problema único, senón movidos por unha diversidade de feitos que están a suceder en cada localidade".


4,81/5 (26 votos)


Comentarios (10)

Gaviotero #1 12/Febreiro/2008 Gaviotero

Vaya, se ve que el BNG está necesitado de manifas para elevar un poco sus lamentables expectativas electorales...

sozinho #2 12/Febreiro/2008 sozinho

Sentímonos "orfos", din no vídeo, para combati-la dereita e sen espazo de esquerda?? Habería que aclarar que a democracia se fai entre todos, non se deixa a pro-homes no parlamento para que nos salven o pandeiro. Non é a falta de esquerda a que enferma Galicia, senón a falta de madurez e emancipación da sociedade, que só sabe participar na sociedade de xeito nihilista, sen querer asumir responsabilidades, para que os caciques chegen vestidos de dereita, esquerda ou de nacionalistas. Que a dereita non é o demo! É só unha estratexia económica que busca a riqueza do país antes que a axuda social! Aquí cadra mellor a esquerda por sermos necesitados, pero non hai ningún señor escuro!

piscus #3 12/Febreiro/2008 piscus

Na aldea de Perros,concello de Sarria,un residente previo arboricidio,pechou con bloques de cemento e alambrada,parte dun souto que sempre estivo aberto e foi de disfrute colectivo, dende tempos inmemoriais, nel atopase unha capela,en pleno Camiño de Santiago nun enclave paisaxistico, coa casa dos orixes familiares de F.Martin Sarmiento,un erudito galego que loitou con todos os seus esforzos en dignificar a lingoa e cultura galega. A asociacion amigos do souto reinvindicamos un area de ocio e descanso que ben poidera levar unha lapida en recordo deste galego de nacion.
SERIA MOITO PEDIR UNHA LAPIDA EN RECORDO DE F.MARTIN SARMIENTO NO SOUTO DE PERROS?

mercedes #4 12/Febreiro/2008 mercedes

E como non imos ir o 17 a Santiago? Nen os portos deportivos,nen as eólicas que inzan a paisaxe, nen as fábricas de peixe que atentan conta a Rede Natura, nen as louseiras, nen as mal ubicadas plantas de gas, nen etcétera, son outra cousa que falso desenvolvemento, predación, capitalismo salvaxe consentido por forzas políticas que se din patrióticas e de esquerdas.

signatus #5 12/Febreiro/2008 signatus

#1 O BNG nom está detrás desta mobilizaçom, é parte do objectivo que ela combate.

#2 Entendo que quando a Mabel Rivera fala de que se sentem orfos é com respeito aos partidos políticos. Hai quem tinha a esperança de que co cámbio de governo mudassem as políticas, mas nom foi assi. Isto é o que di a Mabel e coido que com essas declaraçons se podem identificar muitas pessoas em Galiza.

sozinho #6 12/Febreiro/2008 sozinho

#5 Eu mesmo identifícome con esas declaracións, pero dende unha actitude nihilista, que non é a miña. A miña actitude é construtiva, e penso moitas das organizacións que aí están tamén o son. Simplemente é que me carga o vitimismo. Somos unha sociedade madura, temos responsabilidade como cidadáns independentes que podemos chegar a ser, e non só debemos laiarnos do abandono da esquerda, senón que temos dereito a exerce-la crítica dentro dos partidos, dos sindicatos, das ONGs, das empresas,... ou tamén podemos adopta-la actitude de seguidismo dentro de cada unha das organizacións mencionadas. Pois ben, esas declaracións semellan ir dirixidas a aqueles seguidistas dalgún dos dous partidos no poder que atopan dificultades para botarlle tantas flores como lle botaban cando non tiñan responsabilidades por atoparse en minoría "absoluta". Pois xa que se definen como esquerdas e de tradición, que convenzan aos seus amigos no poder pola vía do voluntarismo, e non da reacción. Iso é o que fai falta nun país tan atrasado en estrutura política e social coma este, e non apelar á protesta contra o capitalista invasor, fábula que só os nenos acreditan. O inimigo témolo dentro, como exemplifica piscus.

signatus #7 12/Febreiro/2008 signatus

#6 Nom vejo essa atitude nihilista da que falas, nem no web da rede: http://galizanonsevende.org A Rede Galiza Nom se Vende está a fazer um exercício de cidadania responsável e política cidadá, denunciando a destruçom territorial e as suas causas, e agindo para a deter.

"Combinando desleixo e unha estrema ambición depredadora, levamos décadas destruíndoo e xustificámonos argumentando que é para xerar emprego, para nos desenvolver, para vivir mellor…" (http://galizanonsevende.org/?page_id=188) O país destruímolo entre tod@s: governantes, empresas próprias e alheias e tamém nós, no nosso dia a dia. Assi que devemos mudar hábitos, mas tamém o sistema económico e político.

lunet #8 12/Febreiro/2008 lunet

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n...

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.

sozinho #9 13/Febreiro/2008 sozinho

#7 Insisto en que só vexo esa actitude nihilista en certas declaracións, non en todo o movemento, e inda que a miña postura persoal sexa de distanciamento debido á escolla do lema e ao meu pouco apego ás manifestacións, animo a calquera que o motive a participar, pois é unha vergoña o que están a facer no Courel e coas piscifactorías, sobre todo. E para xustificar construtivamente a miña crítica, dicir que dende dereitas e esquerdas hai que constituír unha plataforma en defensa do patrimonio galego, e non insinuar que é toda Galicia, que para a maior parte apela sentimentos patriotas, a que se quere comprar. Para min non é un detalle sen importancia, a pesar do cal a urxencia dos fins perseguidos faime perdoa-los criticables medios. Logo non nos estrañemos de que se asocie o movemento ao bloque, con actitudes e lemas dese tipo.

remexendo #10 17/Febreiro/2008 remexendo

Poidemos ver ó Beiras e a Camilo Nogueira. Que non sería o BNG se os dirixentes do mesmo non fosen Paco Rodriguez e o dos bailongos e paparotas con vellas ( Quintanilla)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: