Feridos leves no forcexo entre os estudantes que recibían con apupos a María San Gil e os escoltas que lle abrían camiño a mocadas.
Arredor de medio cento de estudantes concentráronse este martes diante da Facultade de Económicas, onde recibiron con berros e reproches á presidenta do PP en Euskadi, María San Gil. Á súa entrada na facultade, o equipo de seguridade de San Gil, formado por dous escoltas, reforzados por catro policías locais, mantivo un forcexo cun grupo de estudantes.
Segundo informaron a Europa Press fontes de seguridade do equipo do PP, algúns estudantes "trataron de agredir" a San Gil e durante o balbordo un dos escoltas resultou ferido cun corte nunha man e outros dous policías sufriron contusións. Por outro lado, estudantes que participaban no boicot ao acto tamén denunciaron ter recibido puñazos cando o grupo entraba.
María San Gil acudiu este martes a Compostela para impartir unha conferencia na Facultade de Económicas baixo o título "A aposta dunha muller polo progreso, pola convivencia e pola liberdade", charla enmarcada dentro do ciclo "A muller na sociedade e na economía", organizado pola Universidade de Santiago. O acto estaba programado para o mediodía e inauguraba o ciclo co que o centro conmemora os seus 40 anos de historia.
A presidenta do PP vasco acompañara previamente ao candidato ao Congreso do PP pola Coruña, Xerardo Conde Roa, nunha visita á Cidade da Cultura, enmarcada nos actos cos que os populares de Santiago inician a precampaña electoral.
Agir afirma que se manipularon os feitos (actualizado ás 18.58 horas)
A organización xuvenil Agir, que tiña convocada a protesta, enviou esta tarde un comunicado no que asegura que “en ningún momento se produciron as agresións por parte do estudantado”. Pola contra, aseguran que algúns estudantes foron agredidos polos escoltas da dirixente popular e que incluso están valorando presentar denuncia. Por último, subliñan que están a recibir ameazas telefónicas e por correo dende que “os medios comezaron a difundir a idea de que existiron agresións”.
PPdeG, PSdeG e BNG condenan o acontecido
As tres formacións políticas con presenza no Parlamento (PPdeG, PSdeG e BNG) condenaron de xeito contundente o sucedido alegando que protestas como as acontecidas este martes na USC son "incompatíbeis co xogo democrático".
O secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, expresou o rexeitamento "sen paliativos" do seu partido "aos actos de violencia" sufridos por San Gil, á cal lle trasladou "todo o seu apoio e solidariedade".
O BNG tamén censurou "as actitudes violentas" do grupo de estudantes porque subliñou que "violentar un acto público, sabotar unha conferencia, é unha práctica incompatíbel coas regras máis elementais da democracia e co necesario respecto ao pluralismo político". "Ningunha opción política debe ser censurada nin privada do uso da palabra nin da posibilidade de expresarse libremente", expresa o Bloque nun comunicado.
O PPdeG tratou de levar o asunto ao Parlamento
Ao fío, Núñez Feijóo queixouse de que PSdeG e BNG "se negaron" a condenar de xeito unánime no Parlamento galego a agresión sufrida hoxe pola presidenta do PP do País Vasco, María San Gil, na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago.
Polo PPdeG, o presidente do partido, Alberto Núñez Feijoo afirmou que "non se pode ser morno con actitudes totalitarias" e alertou de que, "ou o Goberno cambia esta actitude e esta incomprensión ou a escalada de violencia pode agrandarse nas próximas semanas".
"Por outro lado, estudantes que participaban no boicot ao acto tamén denunciaron ter recibido puñazos cando o grupo entraba"
Sí o carallo, igualiño que nos actos contra a LOU. "E que nos golpearon mentres queimabamos contenedores".
Si María San Gil non me cae nada ben, por reaccionaria pero dende logo os de AGIR son uns fascistas porque todo o que non opine coma eles é un "espanhol" e "hai que queimalo".
Non vos atura ninguén pailáns.
Forom-lhe rebentar o acto e fizerom-na imensamente feliz, ao dar-lhe mais elementos para poder repetir a cantinela da intolerância do nacionalismo. Se a quisessem incomodar de verdade, assistiriam tranquilamente ao seu acto e no final fariam-lhe perguntas comprometidas que a deixassem em evidência. Claro que para isso necessita-se um certo nível, cousa da qual estes «estudantes» provavelmente não andassem sobrados.
E qué pode aportar e a quenes sobre o progreso, sobre a convivencia e a libertade?
Iso semella unha fantochada. Os medios e os cartos malgástanse como lles pete a quenes dispoñen deles. Quenes firmaron a autorización sobre tales teimas xa deberan ter ben xustificadas as razóns de semellante distorsión -ou andar a facer favores pola calada-.
Vergonha que neste meio se esteja a latricar sem saber nada. As únicas pessoas agredidas (e de que maneira!!) fôrom estudantes. Estes/as só protestavam contra umha fascista, cúmplice da tortura.
Adiante a luita estudantil!
Eses rapaces son do mellor que temos. Se fixeramos o mesmo que eles, e non deixasemos avanzar o fascismo, outro galo nos cantaria.
Ainda que os agrediron os orangutans de seguridade, ainda os chaman violentos e ainda os insultan.
Concordo co comemtario 2. Isto é facerlle o xogo ó PP e darlle azos para seguir.
Os meus parabéns a xente de AGIR e demáis estudantes. terei as miñas diferenzas para cos de Agir mais non vou cair na trampa da estupidez bempensante doutros que no foro din que lle fan o xogo ao PP. O xogo ao PP fanno aqueles que se quedan coa versión oficial e oficiosa dos manipuladores fascistas e ainda se atreven a xulgar aos que realmente levaron as malleiras na Universidade.
Ao entrar na faculdade abrironse paso a ostia limpa os escoltas da San Gil, ao sair mallaron os policias na xente que os agardaba fóra, ela entratanto, coma non ten culpa de nada (claro, eles nunca teñen culpa) laiabase da falta de liberadade de expresión etc etc.
Non señores, as cousas non son así. Esta señora acudia a universidade en calidade de convidada e entrou con volencia diante das protestas. Se non tivera entrado con violencia a cousa tería quedado nun problema interno da universidade (entre alumnos mestres e demáis persoal) que deberia terse resolto internamente. Nin a policia nin ningún gardaespaldas carregado de testosterona teñen o seu lugar na universidade.
A señora San Gil ven de destacar nunha entrevista "lo muy gallego" coma único defecto en Rajoy. Esa señora non se merece ser benvida nin en Galiza nin moito menos nunha universidade galega, por xenofoba e por moitas outras cousas. Grazas Agir por defender a nosa dignidade.
acabo de ver el video. si para el redactor de la noticia los piquete fascistas de los sedicentes estudiantes no pasaban de "apupos" ,al jiménez losantos le ha salido un rival a su altura
Alguns como Castelom têm tão assumido o rolho que lhes metem nos miolos que nem são capazes de dizer ou escrever duas frases sem lhes meterem algum slogan («adiante a luta estudantil»). Como ligarão quando saem de marcha? - «e tu de faculdade és?» - «eu de biologia.» - «eu de matemática. Organiza-te e luita!!» E como pedirão um bife num restaurante? - «Poderia-mo pôr um pouquinho passado? Fora o fascismo da Galiza!!»
Relax, rapaz... Não me dirás, a estas alturas que os gajos estes iam ver a Maria San Gil porque tinham curiosidade de saberem o que dizia. É óbvio que lhe fazedes um grande favor; igualzinho que se uns tipos de Nuevas Generaciones colhessem um de Nós-Up dando um discurso e não o deixassem falar, ou, melhor ainda para ele, que lhe dessem uma tundinha: ao dia seguinte já não esperavam para publicitá-lo aos quatro ventos e dizer que isso era a mostra do autoritário do estado espanhol, a sua continuidade com o franquismo, e bla bla bla... Pois vós, igualzinho favor lhes fazedes. E o de conseguir algo pelo país é uma cousa que vos importa um pito; o que vos interesse é ficardes como o mais «autêntico» no Tarasca ou Avante. Aos quinze anos, mola ficar como o mais macarra do bairro, e aos 21, para alguns ainda mola ficar como o mais «anti-fascista», nos mesmos parâmetros que o macarreta adolescente.
Garrano,
Pode-se ser muito «bem pensante» em círculos do Avante e do Tarasca, e pensar que se tem muita valentia por ir de «anti-fascista», mas depois não ter pelotas de ter critério próprio a respeito do teu círculo social mais próximo (que é normalmente o que mais te pressiona, mais que os titulares de «El País»). Podes contar missa a respeito da manipulação dos meios, que é evidente e existe, e logicamente todos tratar de levar o conto para o seu lado; mas o FACTO, o único real e visível, é que este tipo de cousas dá propaganda ao PP na IMENSA MAIORIA DA ESPANHA E DA GALIZA. Nos garitos em que se movem os rapazes estes, provavelmente não; provavelmente aí quedam de super-guais, mas fazer micro-propaganda nos circuitos micro-sociológicos da noite compostelana tem pouco que ver com fazer acção social, e pouco que ver com fazer país.
Non se pode victimizalos. Xa pasou coa manifestacion da Coruña contra o galego. Se non existira a contramanifestacion pasaba totalmente despercivida pois non pasaban da decena. E logo os medios españolistas manipularon todo poñendo os defensores do galego coma "radicais nacionalistas" e os outros coma defensores da liberdade.
Eu non estiven alí. Agora si, recoméndovos a todos que pasedes pola páxina de AGIR, onde ofrecen unha versión totalmente distinta.
Vejo a página essa e o seu estilo. Uma epígrafe, «mentiras, mentiras, mentiras...». Igual que ler Valle-Inclán na sua «Sonata de otoño» e ler-lhe a »Sonata de Invierno», se os de AGIR quisessem saber sobre o fascismo que tanto dizem combater, e dessem uma volta sobre a literatura falangista, sobre os curas cúmplices da tortura, sobre monjas fascistas que escreviam na década de 40 a louvarem a Cruzada Nacional, daria-se conta de que o estilo e recursos dialécticos destes eram bem semelhantes aos que usam actualmente estes rapazes supostamente de «esquerda».
Ou nós somos capaces de destruír con argumentos as ideas contrarias, ou debemos deixar que se expresen. Non é posible destruír ideas pola forza, porque isto bloquea calquera desenvolvemento libre da intelixencia
Tu sempre fazendo essas análises tão exactas e certeiras, Majorinus... quanta gente coma ti faz falha.
Ilegalizar ideias!? E se teño a idea de asaltar un banco mediante unha organización? Non ma ilegalizan? Danme gañas de emigrar...
PD: Vin a páxina de AGIR e parece escrita por un neno pequeno, que di que a culpa é dunha señora moi mala que pasaba por alí, ao mesmo tempo que recoñece ter proferido berros de apoio ao terrorismo vasco. En comparanza a vida de San Gil parece a dunha libertaria mártir. Mágoa que as ideas que predica sexan tan lixeiras que as leva o vento.
No video que sae na páxina de El Pais pode verse como ante a manifestación con motivo da presencia na universidade de Santiago de Compostela de María San Gil, ela e sua troupe (escoltas e seguridade privada) quixeron irrumpir diante dos manifestantes do AGIR. Varios resultaron feridos, o igual que so un dos escoltas, máis esta versión e ocultada polos medios.
Paréceme unha provocación o sucedido, e non se dan conta. Quero suliñar que sego en contra de utilizar a loita armada, pero inda este suceso sen selo, agora os españolistas dirán de todo sobre Galiza, máis paréceme unha provocación organizar estes actos na universidade.
Coido que seria posibel unha España de repúblicas libres. logo que non me veñan coa excusa de radicalidade. Repúblicas e non monárquicas. E Tamén poderemos falar do independentismo galego, pero non creo en ir por ahi deixándose provocar, sobre todo pola xente que ven unha terra na cal un ministro de Franco governou ata hay nada e da cal creen inda que e seu cortijo. Esta muller saiu na COPE -radio que escoito a diario- falando da sua agresión. Tamén falou unha muller que chamou a radio dicindo que dáballe vergoña ser galega e que sucedese iso. Pois a min non me da. Tamén -a muller- dicía que para que servia o galego e con quen ia falalo. Señora, digollo eu, eche millor que saber C++ porque non falas con máquinas, senon con persoas, e inda que fose para falar cunha pagaria a pena aprendelo. Pero e que co galego pódese falar con varios millons de persoas, tanto de galegofalantes coma de variantes (portugues e portugues do Brasil).
Iso si, na COPE non falan da carga policial de fai uns dias, nunha manifestación a favor do galego, na Coruña.
Adiante e moito ollo, non nos deixemos provocar.
Más facismo, más nazismo, más independentismo gallego...a ver si esta vez el BNG se digna a condenar el asunto. Aunque poco se puede esperar de los que por no condenar no condenan ni el nazismo.
como non imos condenar o nazismo Gaviotero, aparte do Holocausto tamén vos apoiaron na Guerra Civil
La guerra civil la debió apoyar tu puñetera madre, porque yo sólo la hubiera apoyado si hubiera servido para terminar con fascistas como tú.
Vigueses por la Libertad condena el intento de agresión a María San Gil en la Universidad compostelana
Vigo, 12 de febrero.- La asociación ciudadana Vigueses por la Libertad manifiesta su más enérgica condena del intento de agresión que ha sufrido este martes, 12 de febrero, la dirigente del Partido Popular vasco, María San Gil, en la Universidad de Santiago de Compostela por parte de un grupo de nacionalistas que, entre otras barbaridades, manifestaron su deseo de que “ojalá ETA le pegue un tiro”.
San Gil, que está amenazada por la banda terrorista y que tuvo que presenciar hace años el asesinato de su amigo y compañero de partido, Gregorio Ordóñez, por unos pistoleros de ETA, ha tenido que soportar en Galicia el acoso, las amenazas y los insultos de unos nacionalistas que recurren a medios antidemocráticos y violentos contra quienes no piensan como ellos.
Vigueses por la Libertad advierte que éste es el tercer incidente provocado en menos de una semana en Galicia por grupos de la órbita nacionalista, que emplean las tácticas que en otro tiempo utilizaron las “camisas pardas” de los nazis para amedrentar a sus adversarios y a la población. El viernes en Coruña y el sábado en Vigo, miembros de dos asociaciones fueron acosados, amenazados e insultados por pandillas de ese tipo cuando celebraban actos legales y pacíficos.
Esta asociación reclama del Gobierno autonómico y de los partidos que lo componen, PSdG y BNG, que condenen estas coacciones y amenazas inadmisibles. Especialmente, cuando se da el caso de que las víctimas de esa violencia son personas opuestas a determinadas políticas gubernamentales, o como en el caso de San Gil, dirigentes del principal partido de la oposición.
La impunidad de que parecen disfrutar estos grupos de matones sólo está alentando las conductas antidemocráticas, intolerantes y liberticidas de quienes tienen por objetivo intimidar a todos cuantos no aceptan los dogmas y los planes del nacionalismo excluyente.
Vigo, 12 de febrero de 2008
Vigueses por la Libertad
http://www.viguesesporlalibert...
A tipa esta é unha ultranacionalista e todos o sabemos.
Toda a p... vida igual:
Actos electorais fóra da USC!
Demisión do rector!!!
Vosotros fascistas sois los terroristas!
Gaviotero, non me vou rebaixar ao teu nivel, nen falta que me fai, está a vista de todos o que es. Eu condeno o nazismo e a súa pola franquista da que pendura o presidente-fundador do partido no que militas.
"El Bloque Nacionalista Galego, la Mesa del Parlamento Vasco y el secretario general del PSE-EE de Guipúzcoa, Miguel Buen, han manifestado su solidaridad con la presidenta del PP del País Vasco y la condena por los incidentes."
http://www.elpais.com/articulo...
El BNG también censuró "las actitudes violentas" del grupo de estudiantes porque subrayó que "violentar un acto público, sabotear una conferencia, es una práctica incompatible con las reglas más elementales de la democracia y con el necesario respeto al pluralismo político".
"Ninguna opción política debe ser censurada ni privada del uso de la palabra ni de la posibilidad de expresarse libremente, porque la esencia de la democracia es precisamente el contraste de posiciones distintas que siempre y en todo caso, deben formularse por métodos pacíficos y no violentos", aseveró el Bloque en un comunicado.
http://www.elcorreogallego...
A líder popular tentou vincular os incidentes co goberno de Zapatero e mesmo coa presencia do BNG no goberno da Xunta. San Gil advertiu que anos de goberno do PNV en Euskadi lograron definir quen é “bo basco”. "Co tempo o Bloque vai querer interiorizar na sociedade que ser bo galego é ser nacionalista”, alertou.
http://www.anosaterra...
que valientes sodes
no fondo sodes unos resentidos
tedes que sair de Galicia e ver mundo
é tan democrata que San Gil veña a Universidade como que veña un batasuno
á diferencia e que ó batasuno ninguén lle diría nada
dades asco
juanperez (e no xoan, que non teño necesidade de cambialo nome que puxeronme os meus pais -galegos os dous-)
Como nacionalista galega, avergóñame que se intente boicotear ou limitar a liberdade de expresión das persoas. O sucedido con San Gil é tan condeábel como se unhas persoas de extrema dereita queren impedir unha conferencia de calquera organización independentista. Sinceramente, o espectáculo lamentable...e ben que os están aproveitando os medios máis reaccionarios do estado.
Parabéns a AGIR e á xente que alí estivo, moi mal pola condea do BNG. Aínda algúns credes nos marcianos, que está xente dá igual, utiliza de todo e xa non falemos da COPE. Xa é demasiada crispación a que xera o PP de extrema dereita (as San Giles, Acebes, Zaplana, Fraga, Conde Roa, Rueda, etc.) e claro non vai ter resposta. Como senón, xa.
Sentínme orgulloso do da Coruña e hoxe síntome orgulloso do de Compostela, e a COPE e os popularras botaron veneno como fan sempre, fagas o que fagas.
O BNG, repito, moi mal. Saberán estes do BNG o que opina a San Gil deles, porque con xente coma eles, o BNG xa estaría ilegalizado.
Moi bo o comentario #11 de Majorinus (parece un nome recollido dos comics de Asterix).
Eu fun estudante, e a esa idade vívese nun mundo distinto e necesítase estar en tensión. Pero é certo que hai xente que parece programada para soltar a frase panfletaria en calquera momento. (Chavez non é estudante e non para de soltar frases)
Por outra banda, recoñezo que se fose estudante amolaríame bastante que logo de ir alí a xogarma, en lugar de saír como un heroe, todos puxésenme a parir por meter a pata. Por riba de burro apaleado!
Eu creo, que nin tanta condena nin tanto paraben. Cando un é político e consecuente sabe o que se xoga. No fondo estívolle ben e "os estudantes sodes a hostia e viva a nai que os pariu".
(Por certo, nin caso ao troll. NON EXISTE)
Majorinus. O de facer boicote a inauguración do PP en galiemprego hai uns anos non será tamén submundo noiturno estudantil? Claro que galiza Nova é unha organización con arraigo social e Agir pois catro pintamonas infantis, non si? Non me veñas con monsergas e papaostiadas, os estudantes teñen tanto dereito a protestar como os amiguiños de San Gil a montar unha pancartada diante dunha Herriko Taberna. Non gosto nin comparto moitas das actividades de Agir e outros grupos da corda, mais non vexo que agora, ainda que abrira interesadamente Antonia 3 o seu informativo coa nova se lle estea a facer un favor ao PP.
Farto estiven nos últimos anos de mirar a estes fillos da grandisima mandar antidisturbios contra os que protestaban pola sua presenza, xa fora a 300 metros dunha inauguración como a porta dun mitin. Xa vou farto de que algúns pretendan darlle carta de democrata de todalavida e que ainda se lles permita dar leccións a cidadanía de democracia. vese que algúns non teñen memoria.
Menos hipocresía e menos complexo de "adulto biempensante", non gosto do ambiente da noite de Compostela e non gosto nin da música do feche do Avante nin da do Tarasca, como tampouco de moita da sua parafernalia como tampouco gosto dos pijoprogres que paran no Airas Nunes ou no Derbi. Mais as cousas polo seu nome.
ESTE PARÁGRAFO DÄME TOTALMENTE A RAZÖN, agora o PP vai ser un partido pacifista e eu chípome un dedo:
A líder popular tentou vincular os incidentes co goberno de Zapatero e mesmo coa presencia do BNG no goberno da Xunta. San Gil advertiu que anos de goberno do PNV en Euskadi lograron definir quen é “bo basco”. "Co tempo o Bloque vai querer interiorizar na sociedade que ser bo galego é ser nacionalista”, alertou.
“Nunca a forma de manifestar o descarodo pode ser a violencia”, dixo San Gil, quen foi quen de proseguir o relatorio malia os gritos dos mozos que a esperaban fóra.
Pois xa ves Ranciadas, o BNG facendolle os coros ao PP para ainda ter que tragar máis merda. Que xentiña! e que pouca memoria!
Non disfruto con isto. Concordo con que calquera debería ter liberadade de expresión.
Porén, os do PP non son os máis indicados para pedila, xa que son eses os que andan a recoller sinaturas para que o lehendakari non poda dar unha conferencia en Stanford e os mesmos que montarían unha boa se o ponente fose un membro de Batasuna ou ANV. Así que menos hipocresía, por favor.
Tamén, o outro día, membros da esquerda abertzale protestaban polo mitin de Zapatero no Kursaal de Donostia... e facíano pacíficamente, fora do recinto. E sacaron aos cipaios a dispersalos.
Estes de PP son os que logo apoian que ANV non poda manifestarse, así que xa teñen un pouco da propia menciña.
Concordo parcialmente con ranciadas e garrano.
Para intoxicación a dos medios, Antena3 dixo agora mesmo que o PSdeG e o BNG rexeitaran un comunicado de condea. A quen creo?
O PP non é NINGUÉN para dar leccións de liberdade de expresión e menos en Galiza onde crispa todo o que pode. A María San Gil é unha profesional da PROVOCACIÓN e para min unha nazionalista española. As cousas hai que chamalas polo seu nome.
Garrano. Complexo de «adulto biempensante»? E tu que sabes o que diria eu de San Gil se me pusessem um microfone diante? Repito-che que o que fizeram sabia-se de antemão que era fazer-lhe um favor ao PP; duvido que possas demonstrar o contrário. E se andas por Compostela, pois suponho que saberás que a base sociológica de AGIR & cia. não têm n.p.i., em geral. E por isso fazem favores ao PP pensando que estão a contribuir para que a revolução seja amanhã. Seguro, claro.
Do de Galiza Nova... Falei eu de Galiza Nova, do BNG, etc. Pensas que estou a «rajar» do circuito independentista compostelano para «fechar filas» arredor de alguém? Não confundas o que digo com os tics tão frequentes no independentismo (e tão... «auto-críticos»!!). Digo o que digo, mais nada.
Dos pijiprogres (eu gosto mais de chamá-los assim) tampouco falei. Não me sinto identificado com nada do que eu chamo por essa palavra. A propósito, não ter n.p.i. e fazer-se revolucionário de meia-pataca, com os pais a pagar-che a universidade para que vaias de radicalillo bla-bla-bla talvez seja uma das formas excelsas de «piji-progressismo». Entendo as circunstâncias de quem possa ter vinte anos e desfrute com isso, mas quem tem mais de trinta e alimenta isso, de boa gente, nanai. (A propósito, os que têm mais de trinta e andam no rolho de doutrinar os «peques» normalmente achantam bem achantado quando se trata de receber as óstias.)
O de «falei eu de Galiza Nova, do BNG, etc.» era com interrogação, quero dizer.
Coloco-vos este vídeo, para que algum aprenda um pouco de nível. Assim de passagem também pode ver que não é preciso acudir com muitos a boicotar nada (ah, ir rodeado com «mi peña», típico estilo de macarras e macarritas), para:
- evidenciar o fascismo do oponente.
- denunciar uma situação conseguido, com efectividade, a simpatia de quem te vê.
- não dar pé a que te chamem de intolerante, pois não podem dizer que usas da violência ou da intimidação e em troca obrigas os fascistas a que a apliquem contigo, evidenciando-se.
O vídeo:
http://www.youtube...
* Nota: se os de AGIR tivessem vencido dialecticamente contra a San Gil, teriam sido silenciados nos meios (como venceu este rapaz do vídeo), em vez de ter sido colocados em todos eles.
juanperez eres parvo ou eres parvo???
Un batasuno xa non podería dar una charla na USC precisamente pq a señora San Gil apoia a súa ilegalización. E isto democracia? sen democracia soamente nos queda a violencia!!!
podes meter no cárcere a un político por apoiar unha banda terrorista, pero... que lexitimidade existe para pechar un partido político???? hai militantes de batasuna non vinculados con ETA.
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n...
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
Majorinus
Os teus argumentos são muito convincentes e respeito a tua opinião, mas além do de que os rapazinhos de AGIR não sabem luitar e andão mais no terreno dos hooligans que da ideologia, não concordo.
O de deixar a essa senhora em evidência, seria estupendo, mas sabemos perfectamente que nunca de lhe permitiria a um de AGIR, ou qualquer outra pessoa que não estivese "programado" fazer-lhe a suposta pergunta, possivelmente nem sequera estar na sala.
Ainda que isto acontecese, seria indiferente, niguém saberia nada e amanhã os méios falarião da estupenda conferência de essa senhora deu e a estupenda acolhida dos "galleguitos fieles".
É bem facil criticar as carências dos AGIR, da Resistência Galega, dos Okupas, e qualquer grupo anti-sistema, quando NINGUÉM faz nada, a parte de criticar. Se os de AGIR actuaram mal, onde estávais os "ALTERNATIVOS"?
O que fizeram os de AGIR será positivo ou negativo, mas AGORA a gente está a falar disso, uns bem e outros mal, e é um facto que obriga a posicionar-se, a pensar e a argumentar, e que ABRE MUITOS OLHOS.
Com todas as deficiências e erros, melhor mover-se que sentar na ETERNA PASSIVIDADE que nos caracteriza aos galegos, devido à qual vamos como vamos....
Mr Gaviotero...What you wrote on #24 only exemplifies the type of person you are: a Real Rogue...a BLINDED T-H-U-G
Esta discusão ademais está desviando a atenção de algo que talvez se deveria ter em conta, já que tanto falamos de democracia, é que a San Gil não veu a dar ministrar nenhuma conferência com fins pedagógicos, senão a fazer CAMPANHA ELEITORAL.
Acaso a Universidade é o lugar apropriado para isto?
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n....
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
E non coidades por un momentiño que o PP está a provocar estas situacións para deslixitimar e enmerdar ao nacionalismo galego preto das eleccións? Credes que non é unha estratexia completamente organizada, vexamos:
holocausto, Galicia bilingüe (apoiada polo PP e o OPUS), Mesa por la "libertad" lingüística, oposición ao ensino do galego en Andalucía por Arenas, conferencia da San Gil, as manifestacións antigalegas e antigalego de Rajoil, as derradeiras declaracións de Fraga, a acusación contra Nunca Máis polo de Xibraltar de Acebes, ETC., ETC.
Hai que estar cego para non velo. Esta xente non condeou o franquismo, apoian a COPE coa beizón dos bispos, ilegalizan boa parte da sociedade basca, métennos nunha guerra con Irak, din que o Prestige foi unha conspiración de estado para esmagar a Fraga, etc., etc. Isto é un partido democrático ao que pertence a nomeada San Gil? E temos que ficar calados.
O que máis me alegra é que na conferencia eran catro gatos e gustaríame saber quen é o culpábel (profesor da USC ou o que sexa) que a trouxo, porque isto vén desde dentro, está claro.
Unha persoaxe pública e política ten que aturar moitas cousas, como por exemplo asubíos, sen porse a chorar e a falar de fascismo e de cousas semellantes.
Por outra banda, cada vez que vai Carod a Madrid ou que hai un xuízo contra un etarra están eles asubiando no outro lado. Ou botándolles broncas(!) a alcaldes socialistas por seren amigos da ETA. ¿Quen inventou o de zETAp? Eles mesmos agrediron a Bono nunha manifestación contra ETA.
Ademais os de AGIR para eles son terroristas contrastados. ¿De que se sorprenden?
Democracia non é ilegalizar un partido de 300000 votantes nun país de 2000000 de habitantes.
Mceleiro,
Poderias concretar que é isso de que «ninguém faz nada». Semelhante afirmação deveria deixar mais de um pasmo. Que acontece, os bloqueiros todos passam o dia na casa? Os de Esquerda Unida estão de férias permanentes? Os hippies, os anarquistas, os socialistas, os ecologistas, foram todos enviados a outro planeta? Explica, por favor.
Por outra parte, eu não sou «alternativo» a nada. A palavra «alternativo» agora já não significa nada; parece que por ser alternativo a qualquer cousa (mesmo que não se saiba que cousa é essa) já se é bom. Procuro sem auto-pensante, dentro do possível. E como para boa parte dos raparigos estes eu seria um social-democrata, isto é um «cripto-fascista», menos vou ser «alternativo» a eles.
E outra cousa, eu não sei como era a organização do acto este, mas talvez tu tampouco. De onde sacas que nos actos deste tipo não se possa fazer perguntas? E logo, pedem-che o carné antes de entrar e esperar a revisar os seus ficheiros ideológicos para dar-che licença? Nas eleições do 97, com o Abel Caballero fazendo campanha, bem que pudemos entrar, eu e três amigos, a fazer-lhe perguntas das quais não gostou, ao ponto de ter que apelar para os clichés todos «made in la España pseudo-progre» a respeito do nacionalismo para responder-nos. Se estes não fazem o mesmo com a San Gil, é porque nñao lhes dá a gana, isto é, porque preferem berrar, e dar elementos ao PP.
Tem muita razão Ranciadas: Rajoy e o galego, os bispos, o Holocausto... Estão em campanha raivosa anti-nacionalista, e os de AGIR acabam de lhes dar uma bala mais. Pois é o que há; já sabemos a que anda cada um... Já o sabíamos há bastante tempo.
Bom, anti-nacionalista, anti-BNG ou anti-PSOE... O que querem é subir ao carro de qualquer jeito, ganhar as eleições com qualquer arma, apoderar-se do poder com qualquer ética. Tanto tem que o seu inimigo seja um como outro; eles são amigos de si mesmos, sobretudo ou quase só. E estes rapazes, para eles, neste caso, simples instrumentos.
Ah... e sobre o dos trolls, vale já com as advertências, que ainda havedes de ser mais troll que ele. ;-) [De qualquer forma, o Gaviotero, troll, o que é ser Troll, não é. O que lhe sucede é que necessitaria mais vida social.]
onte, nun acto en Alicante onde tamén falou Ángel Aceves, o ex-ministro Federico Trillo declarou: «Vaya día que nos ha dado la gente del Bloque Nacionalista Gallego (sic)».
Cada vez que estes pallasos aparece, o BNG baixa moitisimos máis votos que os que conseguiran estes "iluminados" en toda a súa vida. Chorbos, dades vergoña.
Contra o BNG foi hoje a jornalista bonitinha "voceras" do pEpE em la ser... Não se equivoquem: Nessa tertúlia uma militante, diferente da outra (que fazem na tv de polanco tantos pEpEones?), assinalou que todo o "nacionalismo" (não espaÑol) acabaria ilegalizado segundo a lei anti-partido...
A bonitinha afirmou, com toda a seriedade, que AGIR estava "hermanada" com não sei que organização da ETA...
Não se equivoquem: o nacionalismo espaÑol (pEpEsoE) tem como objetivo acabar com os que eles dizem "nacionalismos". Para isso mentirão com motivo ou sem motivo; tanto lhes tem. Por exemplo, a do pEpE e a bonitinha, nessa tertúlia, afirmaram com toda a seriedade do mundo que o BNG é independentista. E dizem que a polícia espaÑola está bem informada e que informa aos políticos que têm e tiveram governo... Também a pEpEona acusou ao BNG de não condenar o holocausto judeu a mãos dos nazis.
Mentem e mentem e mentem! O objetivo é claro: Por todos os meios acabar com o diferente; conseguir que todos sejamos aninhos, borregos, calados.
Por outro lado, caros, que é o que fez o pEpE, junto da sua banda terrorista e episcopal, em toda a legislatura contra todo o indivíduo que se lhe pôs diante, desde o Zapatero ao Bono, desde a Manjón (da Asociación de Víctimas del 11-M) até... Ou é que Bono é perigoso de nacionalismo radical não espaÑol?
Não há muito numa universidade romana conseguiram que o papa ratzinger não fosse dar uma conferência de início de ano académico por não ser apropriado (não é científico o que diria o papa, mas cousa de fé).
A san gil foi também predicar a sua fé na espaÑa indivisa e eterna, mas ninguém na universidade teve a decência de lho impedir. Apenas uns estudantes que demonstraram ser mais dignos do que os seus chefes.
Comentario 24 e 25.
Onde están os administradores de Vieiros? Cando pensan botar a este ghicho que insulta alá onde vai, emporcalla o debate e cae en delitos de inxurias? Por favor, ou se banea xa ou non se pode seguir así. Deberiamos pensar en facer unha folga de comentarios mentres non se baneen as actitudes delitivas.
O da banderita das verbenas é libre de dicir o que queira e nós de non lelo e non facerlle nin caso.
De acordo co comentario #53 de Majorinus. Aos tolos, coma se non existisen. Que lle manden unha Dulcinea.
Majorinus
Claro que o explico. É bem claro. Essa mulher foi a esse acto sem lhe corresponder, no contexto duma campanha eleitoral, num acto que gerou polémica e contestação.
Alí para protestar só estavam os meninos de AGIR, fazendo bem ou mal, mas eles FORAM OS QUE DERAM A CARA, os que se JOGARAM OS PAUS E AS DETENÇÕES.
Os bloqueiros e os de esquerda unida eu não sei se estavam de férias ou nas suas casinhas, mas o que sei e que ali não, e se estavam, acocharam as cabecinhas coma as avestruzes.
Eu tampouco estava ali. Mas dou-lhes desde aqui o meu apoio, porque ainda que tenho as minhas diferenças ideológicas com eles, acho que fizeram o que havia que fazer, por DIGNIDADE, sem trocar esta por umas ESPECTATIVAS ELEITORAIS na campanha, como acho que é o estas a fazer.
Se isto lhe resta votos ao BNG, magoa, meu! Não tudo vá ser eleitoralismo....e senão há que anticipar-se!
O PP manipula, sim, mas o BNG também: onde ficou o Nunca Mais?, o movimento anti-LOU? Em Bolonha, possivelmente. Tudo o contrario, o BNG usa as organizações próximas como barreira de contenção social.
Assim que tu não venhas a dizer qual é a forma correcta de luita, porque cada um pode luitar como lhe sai do caralho. Reventando mítins de Abel Caballero ou com concentrações fronte à San Gil.
PD: Alternativo é o que apresenta alternativas. Não me refiro aos movimentos do mercado musical, nem outros "ir de". Se a concentração dos AGIR era incorrecta, que era o correcto?
Vin o vídeo do "follón de Sangil (Non sei si e pior ainda que Gil)" e a verdade non é para tanto. Nun xuízo non valería de proba de nada. Parece un vídeo dos paparachi perseguindo a unha famosa que non quere ser entrevistada. E a pinta de matóns non a teñen precisamente os manifestantes.
Paréceme incrible que sexa noticia de primeira páxina de varios xornais e que fale de feridos. Golpeados ou empuxados son feridos?.
Máis grave paréceme a noticia dos "botelloneiros" en Santa Catalina na Coruña, atemorizando a todo un edificio a madrugada do domingo e non saíu en ningún telexornal. Só nas páxinas locais de La Voz de Galicia.
Olá, Mceleiro.
Serei breve, que esta notícia já não deve estar no «candelabro».
Dizes:
«Assim que tu não venhas a dizer qual é a forma correcta de luita, porque cada um pode luitar como lhe sai do caralho.»
Home, claro. E também pode luitar como no final da Vida de Brian, fazendo o suicídio colectivo como forma de «protesta». Se eu contra a liberdade dos rapazes estes não tenho nada, mas também poderei opinar o que me parece e as consequências «pseudo-patrióticas» das suas acções, ouh?
«Reventando mítins de Abel Caballero ou com concentrações fronte à San Gil.»
Aclaro a terminologia: eu e os meus três amigos não «rebentámos» o acto de Abel Caballero: fizemos-lhe, ou tratamos de lhe fazer, perguntas que o evidenciassem. Se o conseguimos ou não, não o posso dizer, mas picar picou-se. Em troca, a San Gil não; bem a podedes ver na foto que traz hoje a Voz de Galicia, e comprovardes a cara de descojone que tinha.
Roixordo diz:
"onte, nun acto en Alicante onde tamén falou Ángel Aceves, o ex-ministro Federico Trillo declarou: «Vaya día que nos ha dado la gente del Bloque Nacionalista Gallego (sic)»."
E que faz o BNG perante isto? Se o boicó de AGIR foi inaceitável "violência", e as palavras de Trillo são uma acusação, por que o BNG não demanda Trillo por injúrias?
Celso, porque como os nacionalistas espaÑoles se INdistinguem, também eles pensam que todos somos uns: "borregos" ou "macacos"...
Ferve o foro. Temos que acougar un pouco e non dramatizar. Lembrades o que lle fixeron a Zerolo, e a Carrilo, e a Felipe González os do PP? Onde as dan as toman. Non pasa nada. Simple batifondo electoral. Se non foran independentistas que van por fora do Rego, senón xente do PP non se montaría iste balbordo. O que me preocupa é a virxinidade ferida da xente do BNG, pois mais de un podemos lembrar momentos e sucesos que permañecen na retina de todos, pero que evito citar para non dar argumentos a xente do PP e do PSOE. Mellor calar e a buscar unha remendavirgos.