Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posíbeis pagos a unha axente electoral do PSdeG

O PPdeG exixe a destitución do responsábel de Emigración e a dimisión de Soneira

Pide a comparecencia urxente de Touriño na Cámara para explicar a "trama mafiosa" dun departamento que depende de Presidencia.

Redacción - 18:20 15/02/2008

O secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, exixiu este venres a substitución do secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, así como a dimisión da deputada socialista Marisol Soneira polo presunto pago con cartos públicos dunha viaxe a Bos Aires dunha axente electoral do PSdeG.

Ademais, os populares pedíronlle á Xunta que amose a "solicitude" que probe que este se fixo por "razóns estritamente humanitarias" e non por ser unha suposta axente electoral do PSdeG. Afonso Rueda considerou "ridículas" estas explicacións dadas pola Secretaría Xeral de Emigración,

O secretario xeral do PPdeG destacou as "contradicións" da deputada do PSdeG Marisol Soneira, quen, segundo os populares, actuou de intermediaria, e que primeiro dixo nun comunicado que "non coñecía o caso", e despois recoñeceu que lle axudara a conseguir un traballo. "Se tiña un traballo, onde está a situación de extrema necesidade?", engadiu.

Comparecencia de Touriño
Por outra banda, Rueda lamentou que o PSdeG "intente ir pola parte máis débil", en referencia á ameaza de Soneira de acudir aos tribunais contra María Isabel B.R. se non rectifica as súas acusacións. "Se fose verdade o que din, a denuncia xa tiña que estar posta", afirmou, e retou aos socialistas a actuar xudicialmente contra o PPdeG.

Os populares anunciaron ademais que levarán este asunto ao Parlamento, onde esixirán a comparecencia urxente de Pérez Touriño, porque Emigración depende directamente da Presidencia. "Que nos diga se vive na inopia ou se sabe moito máis do que nos din", dixo o voceiro do PPdeG na Cámara, Manuel Ruíz Rivas.


0/5 (0 votos)

Comentarios (2)

Barbara #1 17/Febreiro/2008 Barbara

Os anos pasan sen que se reforme a lexislación sobre o sistema de voto na emigración. En cada cita electoral hai problemas e denuncias dusn contra dos outros porque os votos son considerados unha mercadoría que se atopa na feira porteña de Buenos Aires. No caso actual hai por detrás da señora implicada unha concelleira municipal do PP en Vimianzo que armou o asunto. Sábese (preguntade no "London" de Vimianzo)que a señora implicada comentou que ía traballar no concello porque a tal concelleira quería establecer unha oficina de atención ao retorno dos emigrantes (en realidade era a tapadeira para unha oficina do PP na emigración). A tal concelleira falou antes co alcalde que ten gran experiencia neste campo (lembremos que mercou votos na Arxentina mediante don Evaristo e que incluso pagou con fondos municipais). O alcalde encantado dixo que si...que adiante porque así podían queimar a unha deputada de Camariñas que non quería houbese pacto co PP. A señora implicada é moi coñecida en Vimianzo porque andivo detrás dun choio de axente electoral na Arxentina para unha candidatura independente que por detrás estaba apoiada polos Albeites. Non é un tema de conciencia nin moral porque esta señora non é de fiar
xa que no memoneto en que non se renovaron o contrato púxese a esbardallar contra de Porto (actual alcalde de Muxía).

CGB #2 17/Febreiro/2008 CGB

En Baíñas viven as miñas primas que votan PP contra da miña posición a favor do PSOE. Son boas rapazas pero un pouco inxenuas porque cren que terán un traballo no concello cando Borbujo pacte con Rodríguez Lema.Hai cousa de 15 días estaban as dúas moi quentes porque a nai escoitou no super Muíño que unha retornada da Arxentina entraba no concello para organizar unha sección de Axuda aos Emigrantes. Volveu para casa toda enfadada xa que ía ter traballo unha recén chegada e non as súas fillas que levaban anos esperando.A nai comentou que dixeron era unha boa fichaxe porque así podían atacar a Nieves Lema. Como eu non vivo alí non entendía nada pero falando co do "Mediterráneo" foi el quen me aclarou o tema: Temos que descalificar a Marisol Soneira para deixe de opoñerse ao pacto connosco. Temos que facer que deixe de opinar en contra do alcalde e nada mellor que "pinchar" nela mediante unha axente electoral que antes traballou para eles. Non sei...pero se o voto emigrante non necesita dun cambio radical...entón eu son tonta de remate.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: