ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA

Para Touriño, os manifestantes non entenden "que o novo Goberno está protexendo o medioambiente como nunca"

Ademais, cualifica de "sensata e razoábel" a prórroga para as empresas na liña de costas

Redacción - 16:38 17/02/2008
Tags: EP

O Goberno galego asegurou hoxe que protexe o territorio e medioambiente "como nunca se fixo" en Galicia, en resposta á manifestación de 'Galiza non se vende'. "O goberno actual fai o que nunca se fixo en Galicia e que estaba pendente; que é defender como ninguén as rías, ríos e litoral de Galicia", salientou Touriño en declaracións a Radio Nacional, recollidas por Europa Press.

Por iso, interpretou que as "voces que agora se levantan" e "provocan mobilizacións" parecen que "non están sendo capaces de entender" que este novo Goberno está "cambiando e protexendo o territorio e medioambiente como nunca se fixo neste país".

Ademais, Touriño considerou que foi unha decisión "sensata e razoable" a de prorrogarlles ás empresas en primeira liña de costa a súa licencia, xa que advertiu de que, pola contra, o corte "radical" da concesións suporía unha "quebra, despedimentos e un trauma a nivel emprego e social".


3/5 (11 votos)


Comentarios (4)

ecoe #1 17/Febreiro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

tes razón: un grande trauma para o capital.

Cándo vai FIXAR OS CONTORNOS das zonas edificables no RURAL E LITORAL sobre os que NON SE PODERÁ PASAR BAIXO NINGÚN PRETEXTO?

Cándo vai FIXAR AS ZONAS INEDIFICABEIS no rural e litoral BAIXO NINGÚN PRETEXTO?

charino #2 17/Febreiro/2008 charino
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non entendemos nada do que fan para protexer Galiza. Seguen co mesmo discurso. Santa María de Augas Santas protéxenos!!!

mil #3 18/Febreiro/2008 mil
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Viva a educaçom! Seica a arrogância e a prepotência estám ligados ao cárrego de presidente da Junta. "Os manifestantes non entenden...". Som parvinhos claro. Menos mal que temos a este prócer da Pátria salvando aos galegos de si mesmos, e conducindo a Naçom polos vieros da modernidade.

piscus #4 18/Febreiro/2008 piscus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Algunhas desfeitas podense arreglar,soio fai falta cumplir a lei,como exemplo: Na aldea de Perros,concello de Sarria, un enclave paisaxistico en pleno Camiño de Santiago, rehabilitar a capela, e o seu entorno, e plantar alguns castaños,para resarcirse do arboricidio, y tirar o cierre de bloques de cemento coa alambrada,e tamen se podria poñer unha lapida en recordo de Frei Martin Sarmiento, gran loitador pola dignificacion da lingua e cultura galega, e ser os seus orixes familiares desta aldea,o mesmo tempo de rematar con liortas de seculos pasados,con tintes de caciquismo.
A ASOCIACION AMIGOS DO SOUTO,REINVINDICAMOS UNHA LAPIDA NA HONRA DE F.MARTIN SARMIENTO NO SOUTO DE PERROS. TODA SOLIDARIDADE E POUCA

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: