Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
QUE QUERES SER DE MAIOR?

Xuventudes Socialistas parodia o PP nun vídeo ambientado nunha escola infantil

A montaxe parodia os desexos de futuro de varios políticos populares e contrástaos coa actitude de "presidente" de Rodríguez Zapatero.

Redacción - 14:24 18/02/2008
Imaxe de "Marianiño"

Imaxe de "Marianiño"

Xuventudes Socialistas de Galicia presentou un novo vídeo que parodia o Partido Popular e enxalza a figura de Zapatero. Na peza, titulada "E ti... que queres ser de maior?" aparecen diversas figuras do PP nunha escola infantil contándolle á mestra o que queren ser de grandes. O vídeo está en galego con subtítulos en castelán.

Marianiño di que quere ser físico "como o seu primo"; Ángel aspira a ser "actor", para que non o pillen cando minta; Manoliño quere ser "cazador", e José Mari, "patriota, escritor e políglota". Con estas actitudes contrasta a de José Luis, que quere ser "presidente e non fallar nunca".

Segundo XSG, o vídeo pretende mobilizar a mocidade de cara ao 9-M e contrarrestar "a crispación" do Partido Popular. Segundo afirmou a secretaria da formación xuvenil, Loli Rodríguez, "non se pretende molestar a ninguén". Tamén anunciou a posta en marcha doutra campaña "en clave de humor" a través de cuñas radiofónicas.


4/5 (4 votos)


Comentarios (5)

Carbalho #1 18/Febreiro/2008 Carbalho

É tan absurdo, tan ridículo, que non sei se da gañas de votarlles ou de botalos. Simplemente, ridículo! Se quixeran completar a clase, ao mellor podían meter a Magdalena, Pepe Bono, Ibarra, Paco Vázquez... Tería aínda máis chiste.

Bardo-do-vinho #2 18/Febreiro/2008 Bardo-do-vinho

Mira que me chistan estes progres, cando son novos van dicindo aos catro ventos que o seu partido ha cambiar o mundo, que son as novas xuventudes do partido do obreiro.

Logo, cando chegan ao poder fan as maiores cacicadas da historia da democracia: o GAL, a lei de partidos, o canon...

E se vos fixades teñen como identificación unha versión da bandeira nacionalista cun puño pechado, e logo nin sequera recoñecen a Kosovo como estado.

pd: dan ganas de marcharnos, independizarnos dunha vez para librarnos do PP e Psoe.

condedecotobade #3 18/Febreiro/2008 condedecotobade

Estes son parvos. Hai que rematar co bipartito xa!!! Estes non terán pais que lles digan que o que fixeron é estúpido?

Gaviotero #4 18/Febreiro/2008 Gaviotero

Estos de las Juventudes dan auténtica pena...ya no saben qué hacer para ver si les cae algún carguillo por ahí, aunque sea haciendo nacionalismo barato junto a algún bloqueiro. Pobres...gente sin rumbo y con la única aspiración de mantener a los multimillonarios que dirigen el PSOE.

Bardo-do-vinho #5 19/Febreiro/2008 Bardo-do-vinho

a verdade é que dan pena, nisto tes razón

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: