Frases coma esta foron adicadas por un xefe de sección dun centro comercial coruñés a empregados que falaban galego.
Son xa arredor de corenta casos denunciados nos últimos dous anos e a maioría non se fixeron públicos. Pero periodicamente, a Mesa pola Normalización Lingüística recibe queixas de traballadores que sufriron problemas por falar na lingua do país, e segundo explica Carlos Callón, presidente da Mesa, neste 2008 e na cidade d'A Coruña son xa dous casos. No primeiro deles, acontecido nunha academia, a vítima da discriminación non quixo difundir publicamente o acontecido.
Mais si neste segundo caso, a Mesa foi autorizada polos traballadores implicados a facer pública a denuncia. Segundo explicaron este luns en conferencia de prensa, un xefe de sección do centro comercial Carrefour da Coruña repróchalles a algúns traballadores que falen en galego no espazo de traballo.
Láianse desde a Mesa pola Normalización Lingüística de que malia que o estatuto do traballador penaliza a discriminación lingüística na práctica do día a día seguen aparecendo casos coma este que "demostran a situación de desamparo" na que se encontran moitos traballadores á hora de poderen exercer o dereito de falar en galego no seu contorno laboral.
Sen plan contra a discriminación lingüística no ámbito laboral
"Isto é unha mostra máis de que aínda non hai igualdade de oportunidades para quen queira desenvolver con normalidade a súa vida en galego", quéixase Callón.
Por este motivo, o colectivo insta á Secretaría Xeral de Política Lingüística a tomar cartas no asunto. "En ningún momento tomaron ningunha medida ao respecto", censuran desde a Mesa. No mesmo sentido, chaman á Consellaría de Traballo a implicárense neste tema. Recordan ademais, que o colectivo leva tempo insistindo na necesidade de que a administración deseñe un plan contra a discriminación lingüística no ámbito laboral.
Que o denunciem ao juiz que está a entender do "atentado" contra a sangil...
Non me cabe ningunha dúbida de que Galicia Bilingüe plantarase, co seu autobus "mega guay de la muerte", diante do centro comercial, para defender a eses traballadores pola discrimanación da que foron obxeto e denunciar ante ós clientes estes feitos.
"...na cidade d'A Coruña" Vieiros xa ten outra normativa de seu!
""Isto é unha mostra máis de que aínda non hai igualdade de oportunidades para quen queira desenvolver con normalidade a súa vida en galego", quéixase Callón." Mmmm que terá que ver isto coa igualdade de oportunidades! Aínda que isto non acontecera, a igualdade de oportunidades para o uso do galego seguiría igual de ausente. A igualdade sería se na Galiza se usara a súa lingua territorial propia como se usa a propia territorial en Castela; isto é, que todos tiveramos a práctica totalidade dos nosos interlocutores na Galiza en galego como os temos en castelán se imos a Castela.
Que entenderán por igualdade de oportunidades os da Mesa? Sonvos moi creativos; mais, na liña do galegoexterminio! Agora a igualdade de oportunidades xa vai existir con tal de que non nos insulten de xeito expreso e directo! Mexan por nós e dicimos que chove!
Dígase con clareza que nos insultan, que nos ofenden, que violan os nosos dereitos e esíxase NOS TRIBUNAIS a condena penal e social correspondente.(Se non somos capaces de facer tutelar os dereitos ligüísicos por parte dos xulgadores, o demais vai ser baleirar o mar con caldeiros sen fondo!).
Ah!, supoño que, coma sempre, os sindicatos de clase xa terán as súas asesorías xurídicas preparadas para representar e defender perante os órganos xurisdicionais a estes traballadores aldraxados. Ou van seguir coa súa cabeciña no ichó?
O de acudir á Secretaría Xeral de Política Lingüística évos coma chamar o raposo para gardar as galiñas. Alí traballan con cariño pola morte digna do galego!
Isso passa nos centros comerciais por contratar por ETTs e não fazer eles directamente a entrevista de trabalho, para detectar os nojentos galegofalantes.
A os da mesa eu proporia-lhes um experimento:
Enviar 100 curriculum vitae em galego e o dias seguintes examinar o lixo daquelas empresas.
Boa idea mceleiro. Sería bo mandar tropecentos CV´s a empresas en castelán e unha outra entidade con semellantes calificacións e experiencia outros tropecentos CV´s en galego ás mesmas empresas.
Cantos respostarían, a quen e en que idioma.
A resposta é moi sinxela: promover unha campaña de boicot a Carrefour polo acontecido.
Con boas palabras non se amaña nada. A acción pacífica é moitas veces a máis efectiva. Que llo digan os señoritos de Pascual aquí en Catalunya, que tiveron que baixar-se os pantalons... fodéronse...
Gente maleducada la hay en todos los sitios, como en la propia Xunta, o en la Mesa por la Falsificación Lingüística, cuando tratan de imponernos de forma totalitaria y fascistoide el gallego.
Podéis poneos a hacer boicot al Carrefour los cuatro gatos independentistas, a ver si notan ALGO en la cuenta de resultados.
Los demás seguiremos comprando en Carrefour, un magnífico centro comercial, por otro lado.
La cuestión es que la Mesa por la Falsifcación Lingüística debería estar encantadas con este tipo de prácticas que, al fin y al cabo, son las que ellos promueven para la imposición del gallego. Con una diferencia, claro...A ellos les subvencionan y al tipo de Carrefour no.
Sr. Gaviotero:
Aqui a unica imposición fascistoide que se produciu foi a do castelan e eu padecina moito antes de de que ti naceras por que o galego en Galicia é moito mais antiguo e histórico que o castelan. Por certo un dos métodos que se utilizaban para reprimir eran frases moi parecidas á pronunciada polo "encargadillo" de Carrefouuuur. Se ti hoxe falas en castelán é por que se fixo anteriormente unha persecución do galego.¿A que nunca o viras de esa maneira?. Pois eche certo. Por certo para seres un reprimido linguistico entendes ben o galego e non te deberías sentir frustrado por eso.Non sodes coherentes, decides que o galego é unha imposición fascistoide por obligalo na escola e non decides o mesmo de un idioma extranxeiro como o inglés que tamén se da na escola. Menudos patriotas. Antes inglés que galego.Non hai que ser fanático, o galego ademais enriquece e permiteche conectar co mundo lusofono. Pero claro para ti seguramente os habitantes do Miño para baixo son unha infraespecie. Mentes lúcidas e preclaras. Que me dis de cando a igrexa decia a misa en latin e ninguen se sentiu oprimido pero na mesma época era pecado falar en galego. Paradoxas. Poderia decirche moito mais pero con esto xa debes ter para unha boa reflexión.
Unha vez coñecín a unha persoa que opinaba o mesmo que o Gaviotero este sobre todo o que lle cheirase a galego. O incríbel é que era de Izquierda Unida!
Non alimentedes aos trolls¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n....
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
O melhor é que desde agora denunciemos qualquer discriminação não só à Mesa pola Normalização Lingüística, senão também:
Ao galegófono Valedor do Povo
http://www.valedordopobo.com
À senhora enterradora Marisol López
http://www.xunta.es/linguagale...
Aos autênticos defensores do galego
http://www.tangallegocomoelgal...
E aos mais comprometidos e activos com as línguas discriminadas
http://www.galiciabilingue.es
Não nos farão puto caso, mas só com enviar uma mínima parte dos casos de discriminação que suportamos, possivelmente saturaremos as suas webs...
O mellor e non comprar neses centros comerciais. Afórrase gasolina non indo e sabendo esas cousas que pasan xa vas de mal humor. En moitos produtos non se aforra como din e ademais sempre acabas comprando cousas que non queres.
O encargado sería un facha españoleitor, pero fixo moi ben a rapaza denuncialo perante da Mesa. Todos temos sufrido aldraxes dese tipo, pero por medo a perde-lo traballo, ou sinxelamente por vivir tranquilos e non meternos en máis leias das que xa nos da a vida "pasamos" de denunciar, e iso non pode ser. Que saiban os galegófobos fastizoides que se ousan meterse cos que lexítimamente exercemos o dereito a fala-la lingua do país caerá sobre eles o peso da lei, e que saiban, saibamos todos os galegofalantes que non estamos sós na defensa dos nosos intereses lingüísticos.
Será por centros comerciais, pero na Coruña debe haber unha ducia deles (e crecendo) por boicotear ese hipermercado ou sección, non nos vai pasar nada, eu xa non lle vou mercar nada (a non ser unha boa oferta, claro).
Creo que tiñamos que facer unha lista negra de empresas a marxinar, como eles marxinan o noso idioma.
Xa hai tempo que non volvin comer unha piza de telepiza polo incidente en Vigo hai 6 anos. Desta, envieilles un correo aos do Carrefour dicindo que mentres non teña novas do que lle pasou ao fulano, suspenderei as miñas compras en todos os establecementos.
ALGUÉN SABE O CORREO ELECTRÓNICO DO CARREFOUR PARA MACHACA-LO?
Coido q moi efectivo o envio masivo do correos (e tamén o boicote).
Cunha diferencia que non comentas, a Xunta, ten a obriga de defender e promocionar o uso da lingua galega, non do castelán, que xa ten moitos cartos dende outros sitios. Bota unha ollada ao estatuto galego.
Eu vou deixar a miña queixa e explicarlles o meu boicot mentres non dean unha explicación sobre o acontecido.
http://www.carrefour.es/cuenta...
Ë imkpresionante e certo, e políticas fóra, plan do que calquera queira, no acceso ao traballo en cidades como Vigo e a Coruña, maiormente, por falar en galego non te contratan, e como o demostras? Esa é a miña pregunta? Eu mesma sufrino nas miñas carnes, e vou ser honesta cheguei a falar castelán en algunha ocasión só co fin de acadar o posto de traballo; Falo de Adecco (R/.Camelias de Vigo), e falo tamén de So9lgest en decembro do 2008 onde solicitaban, que por certo seguen a solicitar teleoperadores/as con galego e nin unha palabra, repito nin só unha foi dita en Galego, como comproba esta xente a destreza lingüístoica? Se o posto fose teleoperador/a con inglés, Vos que pensan que pasaría? Este traballo é para R, estráñavos agora que non falen ben o galego cando chamas para unha reparación (...)
Grazas a min, que non a Deus eu hoxe teño unha empresa, e de cando en vez vou de topo a estas historias, e direivos que aquí todo o mundo fala o que quere, pero cando se está a negociar unha venda o dioma establéceo o cliente, e ademais só se contratan persoas bilingües (gal-cast) o que é sinónimo de galegofalante dado que só fala castelán non cumple, e se fala galego, con certeza que ten tamén competencia lingüística en castelán, lembrade "es con h en castellano lo que lleva f en gallego". Por suposto, se fala máis idiomas tamán son valorados
Con respecto ó do Carrefour, acabo de entrar na páxina e teñen os centros comerciais en "La Coruña" e en "Orense"
Non teño palabras
Alguén lembra o boicot a telepizza hai 12 anos polo despido dunha empregada galegofalante? Ese si que foi efectivo "Nos pasamos el gallego por la punta de la Pizza" As pizzerias ada competencia acollían con agrado a panfletada contra Telepizza. Finalmente até o responsabel para o estado de Telepizza recoñeceu nos media o caracter cultural dunha nacionalidade como a galega (sic) e a dia de hoxe a parte da publicidade en galego para moitos media tamén teñen unha considerable presenza do galego nos seus establecementos.
Ese é o camiño! Retranca e meneo coa competencia. Cando sintan as consecuencias, xa veredes como espabilan.
Acábolles de escribir decíndolles o de non mercar ata que fagan un rexeitamento público ó acontecido...
Burra ao mellor o e el,es "Xefe" deberia ser despedido de contado para non darlle a satisfación de traballar e que a consa quedase en nada.
Os números de teléfono para dar queixas son 981 183 500 (A Coruña) e 902 20 20 00 (Madrid). Xa chamei, no da Coruña pasan de todo e mándanche escribir unha carta ao director. O teléfono de Madrid está colapsado. Recomendo chamar, escribir e NON MERCAR EN CARREFOUR!!! É a maneira de que nos fagan caso.
O tipo esse deve ser um mentecapto glorioso. Se a moça falava "lenguas menores", ele que fala "lenguas mayores", como o Gaviotero? Será que cada vez que dizem uma palavra em castelhano é como se fizessem "aguas mayores"?
Cal é o insulto "burra ou lenguas menores?
Chamarlle burra a unha compañeira de traballo, está mal, por moi torpe que sexa. Ademais os burros non son torpes, son testudos.
Chamar linguas menores á lingua do noso país e dos nosos pais xa son palabras maiores.
Así que ao "Xefeciño de Carrefu" que lle dean polo cu.
E isto sí son palabras menores, aínda que teño palabras maiores e verbas máis xietosas.
¡Que ofensa! ¡¡¡Llamar lengua "menor" al gallego, o al castrapo, o a lo que hablara la tipa ese, siendo el castellano la lengua "menor" por antonomasia!!!
Máis burros sodes vos !!! Imperialistas do castelán !!! Burros e mil veces burros,xa que non hai linguas menores,Tódalas linguas do mundo son mayores !!! o galego,o castelán,a lingua dos inuit da Groenlandia,etc,etc,etc,..Tódalas linguas do mundo !!! Burros !!!
É incrivel como tem acontecido isso com frequencia. Essa semana aconteceu um fato parecido.Uma brasileira, foi a uma entrevista de trabalho em uma agencia de nome em Santiago.Chegando lá,começou a falar em galego, a senhora que foi entrevistar-la disse que não estava entendendo que ela falasse em castelan.Ela se defendeu como pode pq na verdade ela não fala muito bem o castelan, mas mesmo assim falou o que sabe, mas a senhora no final da entrevista lhe disse que nao a contrataria pq ela nao fala castelan e se nao fala bem não vai saber fazer comida espanhola..Meu Deus, quando soube disso fiquei enojada, pq essa senhora é galega, inclusive vive em santiago e é uma pessoa de mais ou menos 60 anos.Nao sabia que tinhamos que falar fluentemente o castelan e saber fazer comida espanhola aqui na Galiza onde o que temos é uma culinaria maravilhosa e aqui como costumo ouvir, "se come muito bem" comida galega claro! vi aqui o meu desprezo para pessoas desse tipo!!!
O tipo ese Javiotero mostra a súa elevada intelixencia. A ofensa non será por ser "menor" (quería dicir menos difundida o Sr vendedor de rancores do centro comercial seguramente) senón por dicir que NON se debe falar esa "lingua menor" no propio país de orixe e no lugar de traballo. (en breve haberá unha plataforma de falantes de chicano de Vigo a defender que o galego foi traído de Portugal). Celebro a extinción do castelán en Filipinas e a subordinación ao inglés en Puerto Rico en honor de Gaviotero. English Only in the USA!
Non alimentedes aos trolls¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n....
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
En vez de trolls do inglés, prefiro o dito español "a palabras necias oídos xordos". Pero é unha sorte que a pobre mais tecnoloxizada cultura de masas por fin comece a reanda-lo o camiño da vella cultura tradicional. "Everywhere they boil beans".
Discriminación laboral por falar galego?
E no ensino, cantas e cantos estudantes son represaliados sistematicamente por redactar as suas probas en galego? E por falar o mesmo idioma?
E na vida social? Cantos meios escritos hai no idioma de Galiza? Lembro o comentário da moza de Segóvia que andaba a procurar unha postal de natal en galego... Non me estraña a reacción da vendedora da que fala... Tanto auto-ódio mamado desde hai tanto...
Logo é o galego o idioma imposto. Non hai vergoña, nen dignidade, sres.
Por isto, o goberno que temos debía penalizar estes detalles quen se cren que son pa vir a Galiza e desprezar o noso.
Impresionante!!!
Acabo de chamar ó número de teléfono do Carrefour de Alfonso Molina e contestéronme que me pase por alí. Por suposto en perfecto castelán, eu dirixinme en Galego
Con respecto ó Gaviotero: "Non hai maior desprezo que non dar aprezo"
Ya sabemos que a los nazis les jode la libertad y que cada uno nos expresemos en la lengua que queramos y que la mayoría no optemos por su seudolenguaje de laboratorio marca RAG 2003...
¡Pero qué le vamos a hacer! Galicia es bilingüe desde hace siglos y el castellano y el gallego seguirán conviviendo en libertad a pesar de los intentos totalitarios del fascismo-nacionalista y de los experimentos de limpieza social promovidos por los amigos de lo totalitario.
Seguid intentándolo...y seguid fracasando.
Por cierto, os animo efectivamente a que boicoteeis a los centros como este...No creo que las maltrechas economías de unos muertos de hambre les supongan un gran impacto en su cuenta de resultados, pero los demás agradeceremos enormemente que en estos centros comerciales no apeste a fascismo nacionalista...
É certo, cheira a fascismo totalitário... Tamén nestes comentários...
Sobre todo, no que bota pola sua boca o gaviotero... É o único que aqui emprega ese ton...
Se recebera a educación que desde o governo galego se está a promover, canto teria ganado...
Vou copiar o texto dunha carta ao director da Opinión da Coruña enviada por unha tal Felisa, que di participou nunha concentración desas que defende o gaviotero. Co que esta persoa de boa fe (Felisa, evidentemente) expón, acho que está muito dito:
"Bilingüismo - Mesa por la libertad lingüística
El pasado viernes 15 de febrero asistí a la concentración convocada por la llamada Mesa por la libertad lingüística en la zona del Obelisco de nuestra querida ciudad herculina. Pensaba que se trataba de un acto en defensa del bilingüismo. ¡Qué equivocada estaba! Allí escuché por la megafonía de los convocantes muchas manifestaciones extremistas y radicales, impropias del espíritu coruñés liberal y tolerante en el que los coruñeses de toda la vida nos hemos criado. Había una situación de tensión y provocación muy desagradable, originada por el señor que hablaba de forma tan agresiva contra el gallego. Yo soy bilingüista, pero no tengo nada en contra del gallego porque siempre lo escuché en las calles más populares de Marineda.
No me gustó tampoco el discurso tan conservador y antiguo del que habló, ni sus gritos, porque no creo que los coruñeses seamos tan tan acérrimos de derechas. Ni tampoco me gustó que hubiera algunos niños y profesores de colegios privados. Creo que la educación mejor, con todas las deficiencias que puede tener, está en los colegios públicos, con profesores más capacitados y respetuosos de la legalidad, y por eso a ellos he mandado a mis hijas y nietos.
Los señores de esta Mesa me han decepcionado profundamente. No me gusta que nadie me maneje. Días después escuché en la COPE la misma verborrea. No pienso volver a asistir a otra concentración. Los verdaderos coruñeses no somos así. "
Para Javiotero. Por fin estou de acordo contigo.
"A los nazis les jode la libertad"
O que contas despois é a historia do nacionalismo español en Galicia
Sobre que Galicia é bilingüe desde hai séculos non estou totalmente de acordo. é relativo. A Sociedade galega foi practicamente monolingue ata mediados ou principios do século XX. O resto dos séculos o castelán era só falada (ou escrita) por certos grupos que tiñan o control político e cultural da sociedade. Cando non molestaban deixaron falar galego, cando se empezou a reivindicar o galego como lingua igual ao castelán, xunto con outras revindicacións sociais houbo unha revolta nacionalista española, ligada a movementos fascistas e de extrema dereita católica. Practicouse un terrorismo liquidador do adversario con máis mortos que os do movemento nacionalista de extrema esquerda vasco do século XX
Hijos míos, ayer vi cuánto dabáis de sí. Insultos, intentos de agresión y, sobre todo, nula inteligencia.
O sea, el caldo de cultivo perfecto para el fascismo. Y Anxo, Angelete, lo sabe perfectamente.
Pues nada, seguid haciéndole el trabajo sucio mientras él disfruta de sus prebendas.
Resúltame simpático que alguén que fala de contas de resultados, de "mortos de fame" e de economías que non lle van a afectar a Carrefour aínda opte por esa estratexia de proxectarse sobre os demais (ou facer da vítima verdugo) e cualificar de fascista ao resto do mundo que non siga a súa lóxica (a do capital, xermolo de todos os fascismos). Hai quen prefire que morran as linguas menores e tamén que morran de fame en África ou nos soportais de Cervantes (ou dito doutro xeito, que morran os febles, que total...), xa que se está moi cómodo no castelán e nunha posición económica privilexiada. Pero ese sistema non pode sosterse eternamente :D