O rexedor lalinense perdeu os nervios logo de saber que Sanidade negaba un hospital comarcal para o Deza. (Vídeo no interior).
A precampaña máis brava está na capital do Deza. O acalde de Lalín, Xosé Crespo, encendeu a semana pasada nunha conferencia de prensa na que non deixou títere con cabeza. O motivo é a negativa que lle deu a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, ao hospital comarcal. Segundo Crespo, a conselleira prometeu mandarlle unha carta explicándolle as razóns. Mais o rexedor lalinense non puido ser máis expeditivo: “A carta que a meta no cu”.
Diante da sorpresa do presidente da Deputación, Rafael Louzán, e do alcalde de Vila de Cruces, Xesús Otero, o máximo mandatario de Lalín anunciou guerra sen cuartel contra os socialistas aos que, figuradamente, dixo que lles había que romper os dentes.
Si sr. cun par de...Condes!
Na miña muller mando eu!
La maté porqueramía!
Lacallesmía!
España una grande i libre!
Pero "esto" presidiu o Fegamp, é alcalde de Lalin, e un destacado miembro do PPdeG. ¿Qué dirán "otros" sin tanta responsabilidade?.
Deixando fóra o estilo, xeitos e a condición do malfalado, dos que non é necesario ningún comentario descriptivo, e entrando no asunto do hospital comarcal (coido que ben se debe precisar nunha populación que está a cuarenta e tantos -45, pode- km. de Compostela, non semella unha necesidade de balde (a Ourense hai incluso menos distancia, creio).
Onte mesmo quedaba relativamente "maravillado" p.e. da rúa do Ambulatorio, creio que seguen a chamarlle RUA A, -nun alarde sin precedentes de audacia cultural e por falta clara de ilustres persoeiros (buscarán que lle poñan os propios nomes?)-, que se extende na parte alta da vila, MAIS CON UNHA ANCHURA DE ENTRE 60 A 80 m. (seica supostamente para incluir xardíns, e suponse que aparcadoiro na rúa).
Neste tipo de "detalles" (que non urbanismo diferente) estánche ben alonxados p.e. en Pontevedra, onde abren rúas que dá noxo o ancho e non dan CREADO NOVAS ZONAS VERDES.
Non se entenda aquí que defendo ó de lalín nin os seus estilos, nada máis lonxe das miñas intencións. Non quero tratos con miñaxoias como estos.
Calquera dos políticos se perde os papeis é de esa tonalidade que amosa éste.
"Chimpar os dentes", "meter no cu", "escachar a taça nos narizes", "dar guerra"... Agressão, agressão e mais agressão. Ameaças, injúrias... E não a UMA pessoa, mas a um partido inteiro, a um partido inteiro.
Se um independentista diz que há que partir-lhe a cara ao governo, a Garzón saltam-lhe os resortes.
Ah, esquecia: É que isto é "pré-campanha", enquanto chamar "fascista" alguém não é pré-eleitoral.
Concordo contigo Lidor e Celso, q fan os fiscais do Estado ante estas agresións? Perseguir aos q keiman retratos dos acomodados e aos q protestan contra os q odian Galiza.
A ligação do video não vai.