O coronel Lorenzo Fernández xa fora sancionado en 1981 por ordenar unha carga contra unha manifestación que contaba con permisos.
A Lei da Memoria Histórica semella que ergueu bozas entre algúns militares. Segundo informa este xoves La Voz de Galicia, o comandante militar da Coruña e Lugo, o coronel Lorenzo Fernández Navarro de los Paños y Álvarez de Miranda, foi arrestado hai tres semanas por un documento confidencial no que vertía valoracións sobre a lei.
O mesmo xornal sinala que non é o primeiro arresto na carreira deste militar. En 1981 tamén foi sancionado logo de ordear unha carga contra unha manifestación contra a OTAN na Coruña que contaba con todos os permisos. Fernández Navarro encabezou a carga, coa pistola na man, e prendeu sete manifestantes.
Por fim umha boa notícia no meio de tantas que nom deixam mais optimismo que o simplesmente ideológico.
Espero q lle fagan pagar co cárcere, soldo e cargo o q ten feito, e ás vitimas q lle dean a indemnización que lle corresponda.
bueno, as cousas teñen que ter unha medida. grave é que alguén cargue, pistola en man, contra un grupo de persoas, sexan éstas manifestantes con permiso gubernativo ou non. pero outra cousa é opinar sobre unha lei ou sobre calquera outra cousa, sexa tamén nun documento privado ou públicamente, anque un perteneza a milicia ou a charanga do cuco de velle.
tal e como está redactada a nova, parece que soio os independentistas de esquerda podemos opinar e soliviantarnos, pero aquí ten que obxetar si ese é o seu desexo dende o gaviotero ao condedecotobade pasando polo xeral mena. íamos listos se non.
Está moi mal iso de verter valoracións sobre un documento. Mánchalo todo e logo téñeno que ler os demais e cheira que fede.
Non sei se hai que arrestalo ou chega conque degrádeno de coronel a comandante como fai vieiros.
Eu estaba na manifestación anti-OTAN de novembro do 1981, nunca vira tal, e menos mal que un sector dos manifestantes se arrepuxeron e os milicos retrocederon. Pensaba que o daquela capitán de tantos apelidos empatados fora expulsado dun exército nunca democrático.
De expulsións e depuracións NIN EN 1975 NIN AGORA! Xamáis, nin no exército nin nas policias nin nos xuízes: por eso son todos DEMÓCRATAS DE TODA A VIDA.
Mentres acadamos unha RUPTURA CON TODO O PRESENTE (do pasado) ben será que lles vaian ensinado A TODOS SIN EXCEPCIÓNS a Asignatura esa de Educación para a Cidadanía. A que non se atreven!?
A culpa toda é do alcohol, o día que pechen os bares dos cuarteis, toda a morralla buscara outra profesión.
Dixéronme que ser comandante militar da Coruña e Lugo é ser máis que coronel.
¡¡Carallo!! A que está leando Zapatero.
Pois que o degraden a quinto e logo detéñano en lugar do outro quinto que piropeó a María Sangil.
Referendum de Ibarretxe a volta da esquina, e militares a punto de xubilarse facendo ruido para intimidar, como se non os coñecesemos.
QUE GUSTO NON VER OS COMENTARIOS DA GAIVOTA CAGONA: sería q o conseguimos por fin?
O mellor remedio será o desprezo? Coido q si.
Baltar:
por suposto que calquera pode opinar... pero se o fai un militar, malo. porque? pois porque os militares están para o que están, e non poden estar a posicionarse en contra dun governo lexitimo, se queren opinar que deixen o exército e estuden periodismo.... ou o que sexa. Pero a min preocúpame que unha persoa á que eu estou pagando e que teñe poder e armas vaia por ahí descalificando governos.
Se temos en conta que hoxe é 23 de febreiro e un militar de alta gradación opina publicamente en contra dunha lei do goberno a algúns nos trae moi mal recordo e é mellor non deixar que se levante a tapa dos tronos.
Aínda que lle dou a razón a Baltar. Non entendo como non foi destituído xa en 1981, o mesmo ano que foi o do 23-F e por un feito moito mais grave. Vese que non querían remover moito o galiñeiro por esas datas.