Preséntano contra a Xunta Electoral Central, por non facer por "separar a información da propaganda" e por impoñer tempos fixos para os bloques electorais en RTVE.
O Col.legi de Periodistes de Catalunya, a Asociación de Prensa de Madrid e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) van presentar un recurso legal ante o Tribunal Supremo contra a resolución da Xunta Electoral Central (XEC).
A dita resolución obriga aos profesionais de RTVE a "modificar a súa cobertura" electoral e aplicar diariamente a proporción de espazos ofrecidos aos partidos en función da representatividade conseguida por cada un deles nas eleccións de 2004.
Contra a propaganda "disfrazada de información"
A través dun comunicado, o CPXG denunciou que a práctica de incluír, por imperativo legal, actos de propaganda política como noticias dentro dos espazos informativos "vai en contra da obriga democrática de separar a información da opinión e da propaganda". Tamén critica que a imposición de tempos fixos para os bloques electorais supón a "deturpación do dereito á información".
No mesmo sentido, o CPXG reclama "unha vez máis a democratización e profesionalización das televisións públicas", que ven como un "instrumento básico para a formación do sentido do voto nunha campaña electoral". Alén disto, os xornalistas galegos denuncian o "paradoxo" de que a Xunta Electoral Central obrigue ás televisións públicas a emitir como información mensaxes partidarias de campaña, e non lles garanta aos cidadáns "o acceso aos debates entre os principais candidatos a través das televisións que deben ser de todos".
Tamén a Asociación de Prensa de Madrid e o Col.legi de Periodistes de Catalunya uniron as súas voces á galega, na redacción e presentación deste recurso, que se presentará a vindeira quinta feira no TS. As tres asociacións de xornalistas consideraron que a cousa vai ir adiante, amparada no dereito a recibir e emitir información, no pluralismo e a neutralidade informativa.
Vaya, vaya, vaya...así que está mal decir "Junta de Galicia", pero sí puede decirse "Xunta Electoral Central".
¡Toma ya!
Miuda preocupación que teñen os xornalistas pola información. Dame a risa que agora veñan con que non se pode disfrazar propaganda por información cando non hai moitos dias consentiron que se manipulara a información dos sucesos en económicas con San Gil. A diferencia debe estar en que agora actuan por encargo dos seus empresarios e enton someteronse por imperativo de quen lles paga. ¿ Por que non denunciarón eso?. Hai que comer, claro. Miudo trauma ter que lle dar mais minutos ou espacio aos partidos minoritarios.
Eu entendo que outro de fora de galiza poida dicir "Junta de Galicia"...pero q un galego o diga...non sei, a min dame =, é o teu problema, pero é de risa.
E dicir Xunta Electoral Central...pois home, Se falas galego, tendes a utilizar soamente o galego, e non digo pq sexa castelán ou non a palabra, senon pq se falas galego, non existe a "J", a que o sabias!.
Non é por toca-las narices...e sinceramente dame = dun xeito ou doutro. pero eu non vou dicir se falo en galego "la rioJa" por exemplo. a non ser q a algún rioxano lle sente mal -cousa que dubido-.
Non sexas asi e adicate a outras cousas q lle poidas sacar proveito, pq discutir por discutir non che sirve de nada...