Principiou a militar no nacionalismo hai máis de tres décadas e formou parte da corporación municipal de Soutomaior entre 1979 e 2000.
A primeira hora da tarde deste xoves finou o historiador Lois Obelleiro, logo dunha prolongada doenza. Nacido en Arcade en 1951, comezou a súa militancia na UPG en 1974, partido ao que seguía afiliado. Participou activamente na creación do Sindicato Obreiro Galego (SOG) e da Intersindical Nacional Galega (ING). Entre 1979 e 2000 foi concelleiro en Soutomaior. Dentro do BNG ocupou o cargo de secretario de organización, posto que deixou na última asemblea (decembro de 2006).
Mais a figura de Lois Obelleiro tamén destaca como historiador. É coautor do manual 'Historia de Galicia' (A Nosa Terra Edicións) e máis recentemente do traballo 'As Escolas de Fundación en Galiza', onde resume a súa tese doutoral. Como profesor de ensino secundario colaborou en múltiples traballos de material didáctico.
O colaborador de Vieiros Xan Carlos Garrido lembraba a Obelleiro como “unha persoa moi útil, con bo humor, optimista sempre e que sempre buscaba a maneira de enfrontar as situacións difíciles. Sen dúbida, é unha persoa á que no plano sindical e político se lle debe moito”
Abur compañeiro, quixen crer que superaras a enfermidade, quizá por non pergurtar. É difícil facer as despedidas.
Saúde, mestre Obelleiro!!!
Tiven a sorte de que me impartiras clase no IES "O Quinto" de Pontevedra xunto a mestres inesquecíbeis como o tamén finado Fernando Pérez.
Verémonos noutra vida, abofé que si!!!
Compañeiro e camarada, deica sempre.
Venceremos
coas súas virtudes e defectos, é un menos, que non é pouco. por certo, eu non o penso ver en mais vida da que a que existe.
Ben sabe Deus que sempre me arrancan tristes lágrimas aqueles que nos deixan, pero aínda mais un gran amigo coma ti. Ata logo!
Obviamente o único seguro está nesta vida, pois a suposta "outra" é unha entelequia antifilosófica e contra todo entendimento racional, mais as crenzas`por ahí andan sementadas...
Diferenças à marge, nom podo deixar de sentir a morte de alguém que consagrou a sua vida à defesa de Galiza.
Eu non cheguei a coñecelo, si ao seu irmán e sempre me falaba del coma unha persoa traballadora e comprometida con Galiza, por iso sinto a súa perda coma se foro amigo meu.
Dende Ponteveda, as miñas condolencias á familia, perdemos unha grande figura do nacionalismo galego
Dende Vilalba quero expresar as miñas condolencias á familia de Lois polo seu pasamento.
O seu traballo a prol dunha Galiza máis ceibe en todos os eidos non será esquecido.A Loita continua
Unha gran perda. Unha persoa comprometida. Unha vida adicada a construir os alicerces para libertar o pais. Un traballo importante no sindical.
Unha perda que deixa un gran baleiro en todas e todos os que o coñeceron e a quen loita polo pais.
Adeus compañeiro, es insustituibel!