Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Seis puntos por baixo da media española

Só o 41% dos mozos traballan cun contrato indefinido en Galiza

Dos case 245 mil traballadores menores de 29 anos que hai en Galiza, 106.885 son temporais. A nivel estatal a cifra está no 47%.

Redacción - 13:23 22/02/2008
Unha "santa" creada para denunciar a precariedade laboral entre os mozos / Flickr: arquinquieto

Unha "santa" creada para denunciar a precariedade laboral entre os mozos / Flickr: arquinquieto

A temporalidade no emprego sempre foi un dos principais problemas dos mozos a nivel estatal, mais tamén en Galiza. Esta semana coñecéronse os datos do emprego fixo entre os mozos galegos, que revelan que só 41 de cada 100 entre 16 e 29 anos traballa cun contrato indefinido.

Mais este porcentaxe está seis puntos por baixo da media estatal (47%), na que destacan comunidades autónomas coma Aragón, Cataluña, Madrid e A Rioxa, onde os contratos indefinidos son máis do 50% entre a xente nova.

Contratos precarios, independentemente do sexo ou do nivel académico
En Galiza hai agora mesmo uns 246.347 mozos e mozas con emprego, de entre os que 106.885 son temporais e 102.018 indefinidos (864 descontinuos e os demais, permanentes). O resto, uns 37.451 (o 15% dos mozos e mozas asalaridas en Galiza) non saben que tipo de contrato teñen, o que é un dato máis do que relevante.

Os datos foron recollidos polo Observatorio Xove do Emprego, dependente do Consello da Xuventude español, onde se asegura que a temporalidade é a característica fundamental das condicións do emprego da xente nova en Galiza, independentemente do sexo ou do nivel académico.

Este feito afecta Se a todo o mercado laboral galego, mais, sobre todo, á metade da poboación activa menor de 29 anos. O ano pasado, 59 de cada 100 mozos tiña un contrato temporal, unha porcentaxe que xa se tiña reducido dende comezos de ano, polo que parece que a tendencia é á baixa.


0/5 (0 votos)


Comentarios (4)

ghaiteiro69 #1 22/Febreiro/2008 ghaiteiro69

Imos ver... se hai 246.347 mozos traballando, e 106.885 están con contrato temporal, logo hai 139.462 que teñen contrato indefinido... non? daquela a porcentaxe de mozos con contrato indefindo é do 56,61%.
Algo falla neste artigo... non vos parece?

Gaviotero #2 22/Febreiro/2008 Gaviotero

Y eso que la Xunta dice que Galicia va bien...Claro, ¡a ellos les va cojonudo! :)

simplementeego #3 22/Febreiro/2008 simplementeego

home os altos cargos da xunta recentemente nomeados ten que irlle que nin dios.

luimipi #4 23/Febreiro/2008 luimipi

Ghaiteiro69, lee ben a parte onde di o de 246.347.....diferencia en máis tipos que "temporal/indefinido"...ata chega a falar dunha porcentaxe que non sabe que é. Ahí estará a diferenza, non che parece?.

Galiza medra algo por enriba da media do estado.
Pero temos moitos problemas...O IGUAL que o resto do estado.

e por certo, ghustábache máis cando a frase era: "españa va bien!"...e o que a dicia era un home baixiño de bigote, que presume de políglota, e que fala "catalán en la intimidad", non?.

E prefires tamén o "Galicia crece!" de fraga...si, medrar medrábamos, pero o que sempre se lle esqueceu dicir é que se o resto do estado medraba (por exemplo) ó 3%, nos o facíamos o 2.5%.

Que implica iso?, SI medramos...pero...pero...comparados co resto do estado CADA ANO ESTAMOS MAIS METIDOS NOS POBRES, cada ano aumentaba máis e máis e máis a diferenza co resto de españa, e de europa, e iso que é?, ser máis pobres.


Asiq...querido rapaz, todos son políticos!, os que adoras ti es os que odias. Todos relativizan, din medias verdades...etc. E canto antes aprendas iso, antes chegarás ó bo camiño da "moderación".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: