Os independentistas vascos piden que non se vote "activamente". Un día despois, os 8 gardas civís acusados de torturar a Igor Portu compareceron e ratificaron a versión oficial.
A "abstención activa" é a aposta dos independentistas vascos ante as eleccións do vindeiro 9 de marzo, como "xesto de rebeldía" e "plante ao Estado Español" ante o "déficit democrático" que supón a imposibilidade de presentar listas pola suspensión xudicial das actividades de ANV.
Así o sinalou en rolda de prensa a concelleira de Iruñea e cabeza ao congreso por Navarra na listaxe que ANV presentou antes da súa suspensión, Mariné Pueyo, quen asegurou que nestas circunstancias, a petición de abstención "é un exercicio de responsabilidade política".
Acompañada duns trinta electos independentistas, detrás dun cartel no que se podía ler "Euskal Herriak abstentzioa", Arantza Urkaregi en eúscaro, e Pueyo en castelán, fixeron un chamamento a toda a sociedade abertzale e progresista para que "responda como pobo coa abstención, porque este é o noso xeito de levar o noso clamor pola independencia ás urnas".
Os garda civís acusados din que non torturaron a Igor Portu
Os oito gardas civís que participaron na detención e custodia dos presuntos etarras Igor Portu e Martín Sarasola ratificaron esta sexta feira a versión oficial, segundo a que os dous mozos non sufriron torturas, xa que as súas lesións se produciron, segundo dixeron, durante as súas respectivas detencións.
Os oito axentes acudiron a un xulgado de Donistia esta sexta feira, citados após declarar, o pasado 8 de xaneiro no Hospital Donostia, onde se atopaba ingresado, Igor Portu.
Naquela altura Portu, que foi detido xunto con Sarasola en Arrasate, asegurou que non opuxo resistencia ao seu arresto, e que foi golpeado por axentes da garda civil dende que foi capturado até que o levaron a Lesaka (Navarra) para participar en varios rexistros. Dous días despois de ingresar no hospital Portu, o 9 de xaneiro, o ministro do Interior español, Alfredo Pérez Rubalcaba, asegurou que as feridas que presentaba o presunto membro de ETA eran consecuencia das manobras de "suxeición e retención" ás que foi sometido, como corroboraron agora os oito axentes citados.
O Rubalcaba de manobras, eso é. Qué descarados son. E queren que votemos a semellantes fascistoides para ben da burguesía hexemónica, que nos fai vivir estes episodios tan "edificantes" para o Réxime!
Mejor, que se abstengan...¡jajaja! Pero sobre todo, que se abstengan de dar tiros en la nuca y poner coches bomba, que es lo que mejor se les da a algunos.
A esquerda abertzale (ou mellor dito, unha pare dela), que comece a reflexionar e que pense que hai outros partidos abertzales que lle farán perder votos.
Pois eu os apoio.Que lles queda?Ista é a forma de poñer fin a un problema político por parte do PSoe.Máis policía que o PP.Ensanchamento da democracia.Si Sr.
"A "abstención activa" é a aposta dos independentistas vascos..." Carallo! un chisco máis de rigor. Eusko Alkartasuna e Aralar tamén son independentistas vascos e non piden precisamente a abstención. Xa vale de seguirlle o xogo ao nacionalismo español, por favor! Existe outra esquerda abertzale!
Hai cousas e cousas: e non todo é o mesmo nin un.
Eu veño practicando nelo e coincidiremos unha outra volta.
Desleída, pouco esquerda e pouquiño abertzale (para qué deturpar un termo exacto?)
Traballo para o xuíz Garzón:
Porque supoño que non votar activamente (¡Veño aquí expresamente a non votar!) considerarase apoloxía do terrorismo e pertenza ou simpatía con banda armada (ETA ou AQUELA)
Ou sexa, non condenar un asasinato é terrorismo. Non votar activamente é terrorismo.
¡A que está leando Zapatero!