A pesar das discrepancias, o presidente do PPdeG anunciou que estará este mércores ás 21.30 horas na Galega.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, anunciou a última hora da tarde deste martes que asistirá ao debate na galega canda Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana a pesar de non estar totalmente dacordo coas condicións do mesmo. Nun mitin en Sarria, Feijoo sinalou que o fai por respecto cara ao "46% do electorado que votou ao PPdeG".
A decisión de Feijoo coñécese logo de que durante toda a tarde non prosperasen as negociacións entre os tres partidos. Este mércores, ás 21.30 horas na Galega, veranse cara a cara por primeira vez os líderes das tres principais forzas galegas.
Anterior: A poucas horas do debate na Galega non hai fumata branca
home! estivo agardando a ver como lle saía ao seu jefito en Madritt. Que apostades a que repite o mesmo que dixo o señorito de Pontevedra(?)?
A min non me parece oportuno facer un debate en Galiza entre persoas que non son candidatos ás eleccións españolas.
Eu coido que se debe de deixar para cando sexan as autonómicas, salvo que Rajoy queira ver ao elementiño que puxeron aquí en Galiza e nas próximas preséntese el, porque eu penso que a Rajoy o van a retirar do mapa estatal cando perda estas eleccións. É demasiado calmo e brando. Non crispa o suficiente.
Sigo na miña teima: os decorados dos informativos da Galega, e neste caso tamén o escollido para o debate, son unha copia do xogo cromático do PSOE (e "casualmente", tamén de Cuatro).
Defecto profesional, tedes que perdoar, pero non é parvada ningunha, que hai xente que cobra e ben por facer ese choio.
Coincido 100% con Artritis. Xa nas Municipais a TVG fixo a mesma xogada de utilizar as cores do PSOE. Por certo, igual que acontecía en TVE cando gobernaba o PP, que tamén utilizaban as cores do PP, algo polo cal o PSOE protestaba. Que vergoña por eses dous partidos!
O xornal La Opinión de A Coruña acaba de abrir unha sección para seleccionar preguntas nun encontro dixital cos candidatos das tres formacións políticas. Coido que é unha boa oportunidade de sabermos o que pensan, sobre todo dos candidatos "ocultos" de PP e PSOE (dígoo porque non se ven carteis deles polas rúas, só de Raxoi e Zapatero).
Porque non saen os candidatos cabezas das listas? Será que non teñen capacidade suficente para debater? Ou que os lideres non queren sombras? Para cando poderán falar os que non van representar e sen intermediarios? Canto nos queda para chegar a democracia e sen partitocracia ¡ Xa supomos que non son tan sabichóns como os xefes dos partidos, pero imos votar por uns descoñecidos.
Vaia outra vez!
Feijoo sinalou que o fai por respecto cara o "46% do electorado que votou ao PPdeG".
cara a + o = cara ao
QUE VOTOU AO PP= QUE VOTOU O PPDG
por unha lingua libre e sen erros
logo de que non prosperasen
logo de que non prosperaran
XA ME DEBEDES OUTROS 50 EUROS. GRAZAS E XA PARO QUE SENÓN AFORRADES CARTOS NO DO LINGÜISTA
A lingua se é libre pode ter erros, senón xa non é tan libre e o que ten son ferros.
O meu é de balde.