Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Éxito da cita diante do televisor

A audiencia preferiu o debate ao fútbol

Case unha cuarta parte dos telespectadores, 288.000 persoas, seguiron o programa da TVG.

Redacción - 12:00 28/02/2008

O debate entre Alberto Núñez Feijoo, Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana, que se emitiu pola Galega, foi o programa máis visto o mércores pola noite en Galiza, con 288.000 espectadores, o que supuxo o 24% das persoas que estaban a ver a televisión nese momento.

O espazo de carácter político fíxolle fronte con éxito á dura competencia que supoñía o partido de fútbol que ofrecía Telecinco, que quedou cun 23,5%, os filmes de Antena 3 (19,7%), e da 1 (18,4%) e a serie Anatomía de Grey, en Cuatro (14,9%).


4,43/5 (7 votos)


Comentarios (21)

Calidonia #1 28/Febreiro/2008 Calidonia

Se nos fiamos das estatísticas o outro debate vírono en Galiza o 70% dos espectadores, o que quer dicir que só 1 de cada 3 que viron o outro debate viron este.

É normal se temos en conta que só 1 canle o retransmitiu, pero aínda así parece evidente que o interese que espertou é menor.

Comparen o 24% de "share" co que obtén a TVG un mércores calquera e así terán unha medida de canta xente que normalmente non vé a Galega atendeu ao debate.

Tino #2 28/Febreiro/2008 Tino

A parte de q foi un pouco aborrecido, case unha réplica do visto no zapatero-raxoi, moi encorsetado e dixeron o q estamos xa afeitos a escoitar; a parte diso a xente kere saber a quen votar e os debates son moito mellor q dilapidar millóns en propaganda e papel.

Galegazo #3 28/Febreiro/2008 Galegazo

Carai,non puden ver o debate(máis verei agora o que poida no youtube)pero parece que Quin o debeu facer ben,vendo como saltan os abertxalesgalegos (eu chamolhes vasquitos e a enfermidade "vasquitis" pero bueno)
Alédome moito que saira todo ben ;)

GalizaEmGalego #4 28/Febreiro/2008 GalizaEmGalego

Con motivo da presenza e do mitin dos fascistas AES convócase unha concentracion antifascista ás 19:30 diante do eusebio dá garda( na praza de pontevedra)
NIN UN PASO ATRAS

É ESTE VENRES

Gaviotero #5 28/Febreiro/2008 Gaviotero

Ya hay que tener estómago para ver a Touriño y Quintana en la tele...

Gaviotero #6 28/Febreiro/2008 Gaviotero

Por cierto, GalizaEmGalego, ¿habéis convocado vuestra manifa informando de ello a la policía? Y otra cosita más, ¿será la típica manifa "antifascista" en la que os liaréis a insultar y agredir al modo más típicamente fascista a todos aquellos que no piensen como vosotros?

PD: Si no habeis informado a la poli, no os preocupéis, que ya os ahorro yo el trabajo...:)

Gaviotero #7 28/Febreiro/2008 Gaviotero

NOTA A LA ADMINISTRACIÓN DE VIEIROS:

Imagino que serán conscientes de la responsabilidad y las consecuencias penales que podrían suponerles el mantener un comentario como el de GalizaEmGalego en el que se convoca a una manifestación ILEGAL que podría terminar con graves incidentes.

Por el aprecio que les tengo a ustedes, publicación que tanto y tanto hace por mantener un exquisito nivel dialéctico alejado del insulto y la amenaza, me permito realizarles esta advertencia.

luimipi #8 28/Febreiro/2008 luimipi

TROLLS FORAA!!!

luimipi #9 28/Febreiro/2008 luimipi

e q eu recorde GalizaEmGalego non dixo "manifestación" por ningures...

Todo o mundo ten dereito de se xuntar e concentrar se quere...mentres non faltes ós dereitos de outra xente a vivir tranquiliña.

Roi_Batti #10 28/Febreiro/2008 Roi_Batti

(pasade do troll, só pretende enlearnos coa algo que non vén a conto)

As cifras do debate indican que aos galegos interésanos moito os que os políticos teñen que dicir.
Para min é moi positivo que se celebrase pq
1- A democracia básease no constraste de ideas e proxectos.
2- Foi moi interesante que defensen proxectos políticos e non proxectos personalistas.
3- Dado o déficit deste tipo de debate no noso país, penso que debería ter unha segunda volta.

Eu creo que quen saiu máis reforzado foi Quintana porque puido lanzar a mensaxe do voto útil para o BNG através das negociacións e evitou un debate tripartito. O seu mellor momento foi cando mostrou a foto da manifestación de nunca máis en Madrid ("Esta é a causa do Plan Galicia"), no estatuto ("Sr. Feijóo, vai vetar un estatuto de nación, de 1º nivel") e a defensa do sistema público de benestar, e non tivo grandes meteduras de pata.
Feijóo, estivo no seu papel. Atacou moi ben a Touriño, pero con Quintana non puido.
Touriño tivo algún segundo de chispa, pero en xeral, moi triste, moi sosoman.
polo menos é a miña opinión.

Sabrexo #11 28/Febreiro/2008 Sabrexo

Agardemos que o éxito do debate se repita cos dos candidatos polas circunscricións galegas (no caso de PP e PSOE, por fin imos poder saber quen son).

Maeloc-do-Rouco #12 28/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Qualquer pessoa de orientazom esquerdista e/ou nacionalista (nom espanhol) que mantuvesse o teu "nivel" , as tuas maneiras e os modais que tu "mantes" em Vieiros nom duraria nem meio segundo..Tes sorte da tolerancia alheia cara as tuas constantes provocazons, insultos deluiberados e reiterados, deserzom da dialectica e do arguemnto, etc etc...Tes soret de que estas num foro que e tolerante cos intolerantes...E tu nom es so un "intolerante"...es um "thug"...e nom ha razom por que...Podes ser nacionalista espanhole acreditar no que che pete, mais nom tes porque lhe faltar ao respecto a esmagadora maioria deste foro...que te aturam ate o infindo...porque tu nom falas...tu cospes "animaladas" a "tutiplen" co degoiro de insultar e rir-te dos demais...You are "mental" mate

luimipi #13 28/Febreiro/2008 luimipi

Eu pasei -coma todos- deste Troll anos...
Pero onte xa me tocou as narices de mais...e se leva ANOS así...non vai parar!, desfruta, ten PLACER! de provocar....insultar dalle orgasmos....pq senon non me explico isto.

Eu non estou a falar con el...eu estou a PEDIR QUE O BOTEN FORA!. E sei que todos, ata Vieiros estaríamos mais tranquiliños así.

Por min, que veña moita xente españolista, e falamos, debatimos, con ideas e argumentos, e haberá momentos máis tensos e outros non tanto...pero educadamente!. Pero este tipo....


E sobre o que di Roi_Batti...

Eu coido que Gañou con moito Quintana...
E entre Feijoo-Touriño...pffff...Touriño e que non sabe expresarse...non ten vida...Feijoo meteulle unha tunda!, e iso que eu non comulgo con nada do que dixo...pero e que o noso presidente, ten que coller máis enerxia cando fala...
Estivo, como dixeron moitos xornais, moi "institucional"...


Eu penso que os debates teñen que ser obrigatorios por lei...
Sei que é dificilíiisimo que alguén cambie o voto nun debate, a non ser que non tivera nada moi claro, ou que algún a pifie moito. Pero da "salsa" á democracia.

Inda nos falta que non sexan os debates tan "encorsetados"...pero non vou a queixarme disto...pq inda estamos a comezar cos debates, e primeiro téñense que asentar....nuns anos xa o faremos. estou seguro.



Por outro lado, eu penso que o BNG subirá en votos, e pode que en diputados tamén (eu apostaría por 3, ou 4 sendo optimista), o PP baixará, e o PSdG quedará como está, ou subirá un chisquiño....como o vedes?.

BonKarallan #14 28/Febreiro/2008 BonKarallan

Non vos perdades "os detalles" do concerto-debate destas dúas bandas de rock político.

http://bp3.blogger.com/_XcbA9g...

http://bp1.blogger.com/_XcbA9g...

BonKarallan #15 28/Febreiro/2008 BonKarallan

Fraga é Mick Jagger auténtico. Fixádevos nas tatuaxes.

Roi_Batti #16 28/Febreiro/2008 Roi_Batti

Eu tamén creo que os debates deben ser obrigatorios por lei. Poderíase modificar a lei electoral de Galicia.
Canto aos resultados eu aposto por estes
PP: 700 000 votos 10/11 escanos
PSOE 550 000 votos 9 escanos
BNG 250 000 votos 2/3 escanos
Baila o de Ourense entre o PP e o BNG

eu_mesmo #17 28/Febreiro/2008 eu_mesmo

o BNG sacara un,con moita sorte mantera os dous que ten pero dende logo 3 nin de coña....

gañou Quin o debate claramente.

Gaviotero #18 29/Febreiro/2008 Gaviotero

El propio BNG se conforma con 2 escaños de puertas para adentro. Los 3 están descartados y como peor escenario, aunque algo más improbable que el de los dos escaños, se conformarían con un escaño.

Todo dependerá en buena medida de la participación de los votantes socialistas. A menos participación de estos, mayores restos y mayor representación bloqueira. A mayor movilización sociata, menores restos y menor representación bloqueira.

Quien nos lo diría, peperos y bloqueiros unidos contra el PSOE...:)

arinspunk #19 29/Febreiro/2008 arinspunk

Sinceramente, nom sei como cona há alguém que, a estas alturas, lhe resposta ao Troll.
Haver amig@s, se a ninguém se nos ocorre falar com a máquina do tabaco ou o surtidor da gasolina, por quê falar com um Troll?
Novo comentario

arinspunk #20 29/Febreiro/2008 arinspunk

Sinceramente, nom sei como cona há alguém que, a estas alturas, lhe resposta ao Troll.
Haver amig@s, se a ninguém se nos ocorre falar com a máquina do tabaco ou o surtidor da gasolina, por quê falar com um Troll?
Novo comentario

luimipi #21 29/Febreiro/2008 luimipi

arinspunk....dalle = q respostes ou non...leva anos así. Resposten ou non.

Eu se non insulta, e busca toca-las pelotas non teño problema.Pero se non é así, que o boten fora!.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: