Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONVOCARIASE DESPOIS DAS ELECCIÓNS

Touriño e Quintana apoian a Conferencia de Presidentes sobre a violencia machista

Zapatero propuxo reunir aos presidentes autonómicos despois dos comicios do 9 de marzo, despois de que o martes fosen asasinadas catro mulleres.

Redacción - 18:05 28/02/2008

A violencia machista entrou esta semana na campaña electoral, despois de que o martes catro mulleres morresen asasinadas no estado polos seus maridos, e de que o mércores dúas máis fosen acoiteladas. Zapatero prometeu que se gaña os comicios do 9 de marzo convocará a Conferencia de Presidentes Autonómicos "extraordinaria e urxente" para analizar o problema e procurar solucións. Pola súa banda, Rajoy tratou o tema nun mitin por vez primeira en toda a campaña.

En Galiza, a prosposta do candidato socialista foi ben recibida tanto por Emilio Pérez Touriño como por Anxo Quintana. Touriño Touriño cualificou a violencia machista de "auténtica lacra" e valorou a importancia da reunión como unha oportunidade de "sumar esforzos". Así mesmo salientou a importancia da Conferencia de Presidentes e resaltou que o órgano "dálle oportunidade a Galiza de tomar decisións que afectan aos cidadáns en positivo".

Mentres, Quintana considerou "positiva" a convocatoria e reclamou "non caer na autocomplacencia" nesta cuestión. O vicepresidente da Xunta lembrou que se trata dun "problema estrutural" cuxa solución "leva tempo".


3,67/5 (3 votos)


Comentarios (5)

Gaviotero #1 28/Febreiro/2008 Gaviotero

Mientras sigan con este tipo de medidas de cara a la galería y que no sirven para nada más que para la foto, el número de víctimas de violencia doméstica, que no de género, seguirá aumentando...

Porque a mí, por más que me lo expliquen, no entiendo qué coño pintan los presidentes autonómicos en una conferencia discutiendo con el Presidente del Gobierno sobre violencia doméstica...

Menos mal que esta Conferencia de Presidente Autonómicos ya no se llevará nunca a cabo porque ZP tiene los días contados.

Tarelo #2 28/Febreiro/2008 Tarelo

Creo que por primeira vez estou de acordo con Gaviotero (nos dous primeiros parrafos), agás no de que ZP ten os días contados. Rajoy é o que ten os días contados, pero ZP non, entre outros porque calquera dos restantes partidos da oposición, están dispostisimos a pactar con el, non así no caso do PP.

Asqueame o politiqueo presidencialista, destes partidos (todos sen excección) que temos hoxe en día.

Gaviotero #3 29/Febreiro/2008 Gaviotero

Bueno, Tarelo, afortunadamente para ambos, dentro de tan sólo 10 días podremos ver quién tenía razón.

Y no olvides que en política todo es posible y nadie se apunta al caballo perdedor. Ya sucedió en el 96, cuando al PP le salieron socios de gobierno de debajo de las piedras.

Y si el PP gana en escaños, el PSOE ya se ha comprometido a través de su líder, Rodríguez Zapatero, a no formar gobierno.

No obstante, el PP quedará por encima de los 170 escaños, con lo que no harán falta tantos apoyos como a algunos (el BNG) les gustaría.

Además, con 2 escaños que como mucho lograrán los bloqueiros van a tener muy difícil ser decisivos en nada...

luimipi #4 29/Febreiro/2008 luimipi

O BNG segundo as enquisas medrará en votos. En escanos non sei, depende de moitas cousas como a participación, pero noutras elecciós estivo a 2500votos do 2º por pontevedra, e a 900 do primeiro por ourense....
O de lugo está máis lonxano, pero menos que o qeu teñen pp ou psoe en lugo.

Gaviotero #5 29/Febreiro/2008 Gaviotero

Bueno, es fácil comprobarlo...no tenemos más que esperar 9 días.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: