Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
De paseo con Cascos e Baltar

A Feijoo sobroulle o BNG no debate e Quintana convídao a presentarse por Murcia

Despois de que o PPdeG se destacase á hora de poñerlle atrancos e condicións ao debate, o 'popular' critica agora a "parafernalia" do encontro.

Redacción - 09:00 29/02/2008
Tags:

No día en que paseou por terras ourensás acompañado do presidente provincial do PP, Xosé Luís Baltar, e de Francisco Álvarez Cascos, ex ministro de Fomento, o líder do PpdeG aproveitou a súa presenza no Foro Nueva Economía para queixarse do modelo de debate na Galega este mércores.

Alberto Núñez Feijoo, criticou a "parafernalia" que segundo el acompañou a cita diante das cámaras e confesou que agarda poder debater "algunha vez" nun fronte a fronte exclusivo co secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño. "Vin tantas luces e tanta parafernalia que pensei que a única diferenza coa gala dos Óscar é que non había alfombra vermella", dixo ademais Feijoo, criticando que finalmente a cita televisiva non tivese lugar nos estudos da propia CRTVG, senón nas instalacións do Hotel San Francisco.

Por outro lado, ironizou sobre a súa posíbel presenza nun hipotético goberno español presidido por Mariano Rajoy, afirmando que no caso de que o PP consiga o triunfo o 9M non se ve nese executivo. Con todo, e en referencia ás declaracións de Xosé Luís Baltar sobre ese suposto, nas que este opinara que Feijoo debía ser ministro "para foguearse", comentou que "ten moita razón Baltar porque ser líder da oposición con PSdeG e BNG non dá para foguearse".

Quintana convida a Feijoo a presentarse por Murcia

Ao respecto do desexo de Feijoo dun debate en solitario con Touriño, o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, suxeriulle ao presidente do PpdeG que se presente ás eleccións "por Murcia" se non quere participar en debates co Bloque, e subliñou a súa convicción de que dos tres líderes, a súa propia intervención resultou a vencedora do cara a cara televisivo deste mércores.


5/5 (10 votos)


Comentarios (10)

dumiense #1 29/Febreiro/2008 dumiense

CRACK QUINTANA!!!

Case millor que se presente por Sidney, senón inda teremos que velo de cando en vez. Por certo, así poderá falar inglés que tanto lle gusta e de paso promocionar o uso do castelán nas antípodas e que nos deixe en paz á lingua galega.

Sabrexo #2 29/Febreiro/2008 Sabrexo

Feixoo non sabe perder. Para iso que debata consigo mesmo.

Boedense #3 29/Febreiro/2008 Boedense

Quintana é moi vivo para os debates políticos. Núñez Feijoo e Touriño sábeno e por iso lle poñen tantos atrancos a debater con el. En canto ó debate televisivo, penso que os líderes galegos están quentando motores para as autonómicas. Nestas eleccións xerais, escollemos ó noso representante polas provincias de Pontevedra, Lugo, Ourense e A Coruña ás Cortes Xerais. Nin Quintana nin Feijoo nin Touriño se presentan a estas eleccións. E nin sequera Rajoy nin Zapatero se presentan por ningunha das circunscricións galegas. Alguén viu un só cartel electoral na provincia de Pontevedra no que apareza Antón Louro, candidato do PSOE por Pontevedra? Tan pouco fotoxénico é?

ulo #4 29/Febreiro/2008 ulo

Menos mal que teñen a Feijoo e o PP, tanto a nivel nacional como estatal, para debatir de tonterías: que si un sabe debatir o se o PP é o que todos sabemos que é. E non entrar no fondo.
Fican nas formas. Por ir o máis recente.
Apoia Quintana as "promesas electorais" de ZP de ampliar a AP9 máis coñecida pola "navallada a Galiza" do antigo BNG. Apoia Quintana que se fale da Via Artabra na área de A Coruña (de Oleiros a Cambre) e non diga nada, ABSOLUTAMENTE NADA, do tren de proximidades.
Por poñer dous exemplos de onte.
Se Quintana apoia iso, como tantas outras cousas proxectos do PSOE, para que queremos votar o BNG. Votemos Psoe e xa esta. Todos contentos.
Esta é a discusion, e non si Feijoo é ou deixa de ser. Feijoo é de dereitas, e como poda, volve a Madrid, que é o seu lugar natural.

Paiogomes #5 29/Febreiro/2008 Paiogomes

Sabedes que o autor diso de "navallada á nosa terra", non foi o nacionalismo senón que foi Ceferino Díaz, deputado e candidato do PSOE?

luimipi #6 29/Febreiro/2008 luimipi

cada un fai o seu papel, dependendo de cal é o electorado que buscan...

O PP está a plantexar estas elecciós pra gañar votos a costa dunha postura arcaica, retrógrada coas línguas e culturas diferentes da castelá...

O PSOE, do medo ó PP...e da xestión nalgunhas cousas...(presupostos máis altos pra galiza na sua historia...etc)...

E o BNG do seu posto como único partido galego, independente de madrid pra defender sempre a galiza...
E o meu entender o BNG está a moderar a súa mensaxe....pra chegar a mais xente...


Cada un no seu conto...

E se alguén busca un partido "perfecto", non existe, todos teñen algo de razón según en que tema...e todos erran nalguns outros -dependendo de cada un-.


Pra min, como político, o que mais valoro d Feijoo, Touriño e Quintana é este último, en personalidade dalles unha tunda os outros dous, ...pero tamén e que o ten moi sinxelo...Touriño non ten moita sangue, e Feijoo...é coma ter un madrileño na casa...

jujolor #7 29/Febreiro/2008 jujolor

Coma sempre os do PP de E que non de PP de G, non saber de regras e cando as cousas nom tornan coma eles queren a palla no ollo alleo nom quer debatir con Quintana porque iste e mais politico, e mais galego que ninguen dos tres que istiberon sentados na mesa o unico digo unico que pode representarnos no estado e o BNG iste acertados ou nom sempre miraran pra o noso pobo que o que realmente nos interesa.


A PP de E que nom PP de G quer recentralizar todo de nobo pra que o poder nom se lles volva a mudar.


Sempre en galiza


en votade en Galego

Gaviotero #8 29/Febreiro/2008 Gaviotero

En este tipo de debates, la población suele interesarse únicamente por los mensajes de gobierno, de aquellos candidatos que pueden llegar a ser Presidentes de la Xunta, en este caso.

Y la única aspiración de Quintana es la de ser Vicepresidente de los socialistas. O sea, una alfombrilla para ser pisoteada...

sozinho #9 29/Febreiro/2008 sozinho

Sobre todo en resposta a #4: Quintana sería un digno candidato socialista, non como Touriño, mal político, pésimo orador e home de palla institucionalizado. Tampouco penso que deba desencantar aos do BNG, trátase das eleccións xerais, só se poden pedir uns mínimos se non se quere caer na demagoxia barata. Desencantar desencanta Reganosa e outras flores, pero non que se pidan infraestruturas. De tódolos xeitos, o voto que máis fai dano ao PP depende moito das provincias, pois coas reservas necesarias ás trucadas enquisas, xóganse moi poucos deputados e non votar útil (inclúo aquí ao BNG) acabará beneficiando aos murcianos expansionistas e aos da súa caste. Penso que a batalla de mellorar eses dous partidos se debe librar noutro momento, dende movementos sociais, as bases do propio partido ou cun voto de castigo en eleccións menos cruciais. Pretende isto soamente ser un consello matemático. Por respectar, respecto ata as ideas de algún do PP (non de todos, e menos na patria do carrexo -onte mesmo quixéronme carrexar!!?! -o militante en cuestión estaba borracho, pero parecía afeito ao negocio). Votade con cabeza e pouco corazón (e menos vísceras) para frea-la lacra do caciquismo extremo que nos abafa! Traidores a Murcia!

sozinho #10 29/Febreiro/2008 sozinho

Explícome: Os traidores que se retiren a Murcia!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: