Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRÍTICAS

O PPdeG di que as normas de habitabilidade van encarecer un 25% a vivenda

Os conservadores pídenlle ao Goberno que suspenda a entrada en vigor, prevista para mediados de abril.

Redacción - 13:45 29/02/2008

Diego Calvo, deputado do PPdeG, anunciou este venres unha ofensiva contra as normas do hábitat galego, que aprobou hai pouco o Consello da Xunta logo dunha proposta da Consellaría de Vivenda. A formación conservadora coida que as directrices que obrigan a mellorar as condicións das vivendas que saen ao mercado poden encarecer os prezos “entre un 25 e un 30%”.

Nunha conferencia de prensa, na que tamén estivo presente a deputada Pilar Rojo, os populares botaron contra a creación do Comité Asesor de Habitalidade, que cualificaron de “novo chiringuito”.


0/5 (0 votos)


Comentarios (3)

lura #1 29/Febreiro/2008 lura

Xa lles vale a alguns depredadores, 120.000 euros por unha vivenda na que non da o sol en todo o dia...

Sabrexo #2 29/Febreiro/2008 Sabrexo

Si, seguro que o que fan é reducir a marxe de beneficios dalgún alcalde-promotor de PP e PSOE.

jujolor #3 29/Febreiro/2008 jujolor

agora lles preocupa o encarecemento, mentras eles tiberon o mando miraron cara outro lado.No caso de que desgraciadamente o tiberan de nobo voltarian mirar para outro lado.

sempre en galiza

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: