Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
No aeroporto de Vigo

AENA estuda accións xurídicas contra un traballador por denunciar unha tala

O afectado, membro de Matar por matar, Non, contactou cos medios esta semana para alertar dunha corta indiscriminada de árbores en Peinador.

Redacción - 17:52 29/02/2008

Xulio Fernández, membro de Matar por matar, Non e traballador de Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA), púxose en contacto esta semana con Vieiros e con outros medios para denunciar unha corta de árbores centenarias no aeroporto de Peinador, en Vigo.

Este venres, Fernández informa de que o departamento xurídico desta entidade pública, adscrita ao Ministerio español de Fomento, está a estudar emprender accións legais contra el pola súa denuncia, malia que se fixo fóra do seu horario laboral. AENA, pola súa banda, alega uns supostos insultos que non especifica.

Dende Matar por matar, Non cualifican esta actitude de "típica reacción do poderoso, que non acepta que se cuestionen os seus actos, de tentar amedrentar e matar o mensaxeiro". Ademais, salientan a solidariedade de moitos traballadores do aeroporto, así como "a impotencia que senten de ter que calar, por medo, en moitos outros casos".

Plantas para aparcar baleiras e club de golf

A tala realizouse co fin de aumentar o aparcamento para viaxeiros. Porén, Xulio Fernández afirma que hai catro plantas baleiras, reservadas unicamente para determinados casos, como por exemplo -lembra- cando se disputou a Volvo Ocean Race.

Ademais, quéixase de que, "mentres que para facer o AVE ou unha piscifactoría non teñen problema en expropiar casas, en Peinador non hai nin unha pista de rodaxe -como en calquera aeroporto normal do mundo- co perigo que ten, ao campo de golf dos señoritos do Aero Club non lle tocan".

  • Poden ampliar a información no Canal Verde de Vieiros.


Documentos

4.92/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: