O PPdeG mudou de estratexia, tanto o presidente da Deputación de Ourense coma Feijoo centraron os seus ataques nos nacionalistas.
A campaña do PPdeG deu este venres un xiro significativo, se até o de agora case todas as críticas ían dirixidas aos socialistas, agora a artillaría tamén apunta aos nacionalistas. Nun mitin en Verín ao que acudiron preto de 1.500 persoas o presidente do PP ourensán foi especialmente duro co líder do Bloque: “Onde está a dignidade do señor Quintana, que enche a boca pronunciando esa palabra? O BNG xa non é galeguista. Só está no poder porque lle interese seguir pisando moqueta”.
Pola súa parte, o presidente dos populares, Alberto Núñez Feijoo, sinalou que está seguro que nas eleccións autonómicas do vindeiro ano os conservadores van recuperar a maioría absoluta. Feijoo tamén lanzou a maioría dos seus cartuchos contra Quintana de quen dixo que era “o político máis nefasto para o autogoberno de Galiza”.
Noticia bomba estas palabras de Baltar: o PP vai deixar as institucións e facerse galeguista!!!
Que onde está a dignidade do sr. Quintana? Onde está a súa, sr. Baltar? Non ía provocar vostede a maior escisión da historia do PPdG? Non ía arrastrar consigo a tantos alcaldes e deputados leais? Non se ía presentar nunha lista propia para arrasar en Ourense? Ai non, vendo esa foto parece que volveron as augas ao rego, os que exterminaron ao "sector da boina", galeguista e rural, mandando, e os dese sector con vostede a cabeza dando grazas porque lle permitan seguir existindo. Vieiros non puido escoller foto mellor para ilustrar a súa dignidade.
Bo, eu creo que o señor Baltar non é precisamente a persoa máis idónea para cualificar a ninguén de galeguista, xa que a súa conduta política demostrou que o único de galeguidad que profesa é o espírito caciquil. O cal non é precisamente unha virtude da cal os galegos esteamos orgullosos.
Dicir que o BNG non é galeguista é temerario. Non negar, que nalgúns momentos esta vocación patriótica do BNG viuse resentida por actuacións tan penosas como os famosos plus aos altos funcionarios onde se aliño con outras formacións políticas. Pero de aquí a dicir que non son galeguistas hai moito treito. Tanto é así, que a súa actuación ante a creación e defensa das galescolas reivindícaos de face á nosa comunidade.
É o pobo o que decide se quere ou non ser galeguista. É unha decisión individual, que se pode transformar nun interese colectivo, Esa decisión non ten que ver con relixión nin ideoloxías de esquerda ou de dereita. O importante é que o BNG e as outras formacións políticas saiban que o sentimento nacional galego non é un chanzo para chegar ao poder ou impor tal ou cal tendencia política.
Por certo a Sabrexo. Ten pendente a resposta de Que é a lista Tascon? E para que se usa. Aproveito esta vía para recordarllo.
Pues claro que ya no es galleguista. Es el partido sostenedor de los socialistas en Madrid. El mismo que se negó a reprobar a la ministra de Fomento que despreció de forma reiterada a los gallegos.
Y todo, por el sillón...
¡Vaya unos defensores de los intereses de Galicia!
Definitivamnete nom tes vergonha Gaviotero...A tua integridade moral e igualinha aos "hilillos de plastilina" cos que o PP defendeu Galiza
Xa sei por que a Baltar lle chaman o rei "mago". Por que o ve todo negro.
"Ba-saltar" e caeuse.
Cantos mortos e cantas cacicadas somam entre Fraga-Iribarne, Baltar e Arias-Navarro...tudos eles nalgum momento dado POSUIDORES DO CARNET DO PP...Nom tes vergonha Gaviotero...a maioria de votos nom achega credibilidade cando a qualidade democratica e as posibilidades duns e outros pra se fazer ver e escoitar nom som nem moitos menos as mesmas...E menos cando o PP e o partido com menos interes em fomentar a verdadeira democracia participativa e a educazom no civismo e na consciencia critica...O PP quere (Millan Astray dixit) que a estupedice, o auto-noxo, a ignoRRANCIA e o borreguismo sejam os verdadeiros triunfadores da sua democracia BALTAREIRA"...ou fomentando a abnstenzom como dixo o "brutalham" (outro qualificativo nom meresce quem despreza a cidadania) do Elorriaga que, escoitade : "agarda que os socilistas indecissos NOM VOTEM"..Esta joia ceivou este INIMIGO DA DEMOCRACIA e amigo (so cando lhe convem) dos votos "DEBAJO DE LAS PIEDRAS"...Eis o conceito de democracia do Gaviotero (que ja deve estar a preparar a seguinte animalada seguro)e dos seus "fascios"