Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


RSS de
Debate Zapatero-Rajoy

O candidato "galego" di que en Galiza non se respectan os dereitos dos castelán-falantes

Apenas unha alusión ao país a realizada por Mariano Rajoy e realizada ao fío do tema lingüístico.

Redacción - 09:00 04/03/2008
Tags:

"Fágolle unha proposta, vou facer unha lei para garantir que todos os cidadáns poidan mandar os seus fillos a estudar castelán en toda España. Porque nalgúns territorios non poden estudar castelán. Vostede dime despois se o apoia ou non". Así se pronunciaba o líder do PP, Mariano Rajoy, durante o enfrontamento que diante das cámaras tivo na noite deste luns co secretario xeral do PSOE, José Luís Rodríguez Zapatero. Ao respecto desta cuestión concreta, a única onde tanxencialmente se falou de xeito específico do noso país, o líder dos socialistas reprocháballe a Rajoy ter "utilizado os territorios para enfrontar e dividir".

"Presume de ter unha idea de España, pero defende a que a vostede lle interesa en cada momento", dixo Zapatero, "e se lle interesa facer unha tarefa contra o catalán no resto do Estado dicindo que se discrimina o castelán, pois faino". "Colleron o de Cataluña para crispar", dixo. Ao fío, Rajoy teimaba na mesma idea posteriormente e insistía en acusar a Rodríguez Zapatero: "Quedou claro que ao señor ZP lle parece ben que a unha persoa que rotule en castelán que a multen, e que haxa moitos cidadáns, non só en Cataluña, senón noutras, no País Vasco, empezan en Galiza, que non poidan estudar no seu idioma, algo que non acontece en ningún país do mundo", volvía a expoñer Rajoy.

Na web AGalega.info poden revisar o conxunto do debate así como cada unha das intervencións individuais. Tamén poden consultar o emitido ao remate da cita televisiva, onde a TVG reunía un grupo de analistas e xornalistas durante a emisión do espazo Hai Debate para reflexionar sobre o evento. Velaquí un resumo das posicións escoitadas:

Anxo Guerreiro
"Gañou claramente Zapatero. A primeira parte foi de KO. Houbo un presidente que explicou as liñas do seu programa e e un líder da oposición que parecía asumir que vai seguir nese posto"

Xosé Luís Gómez
"Zapatero está mellor na primeira parte, e na segunda parte Rajoy mellora moito en aspectos formais. Pero vexo moitos baleiros neste segundo enfrontamento"

Arturo Cerviño
"Na primeira parte a sensación era de que Rajoy estaba KO. Na segunda parte o candidato do PSOE perdeuse no tema das promesas sen compromiso orzamentario"

Xan Carballa
"Foi unha moviola do anterior debate. Parecía unha cousa repetida. Non sei que fixeron os asesores esta última semana. E no tema da lingua os seus propios simpatizantes en Galiza preguntaríanse que era o que estaba dicindo este home"

Luís Villamor
"A Rajoy sobroulle este segundo debate. Propuxo dúas pezas estelares para atacar, terrorismo e inmigración, e non saíu airoso de ningunha delas"

Roberto Blanco Valdés
"Rajoy fai o mesmo que no primeiro debate, non corrixe nada. Zapatero pasa a facer un debate de propostas. Rajoy só gaña na segunda parte, no debate sobre o modelo territorial"


2,78/5 (9 votos)


Comentarios (22)

Garrano #1 4/Marzo/2008 Garrano

Onte na TVE1, no "especial debate" do programa "59 Segundos" pasaron imaxes da saída de Rajoy do debate con ZP. Pois ben, alí foi que lle saiu un xornalista porugués a lle inquerir sobre o futuro das relacións con Portugal se saía escollido presidente.

Resposta de Rajoy. - Van a ser muy buenas, tenga en cuenta que yo soy gallego y he vivido siempre muy próximo a la frontera portuguesa, voy mucho por Valeça do Minho, Caminha, Viana do Castelo "COÑEZO (con zeta ceceante) MOI (que non "muito") BEN PORTUGAL".

Ou sexa que D. Mariano profirió una frase en gallego para dirigirse a los portugueses. ¿Pero no deciamos que con el Gallego no se iva a ningún sitio fuera de Galicia?!!!????

Garrano #2 4/Marzo/2008 Garrano

Ultimos segundos deste video.


http://br.youtube.com/watch?v=...

ranciadas #3 4/Marzo/2008 ranciadas

O deste "señor" é infumábel, cínico. mentireiro e dunha sinvergoña artroz. Que noxo de español e de popularra.

casdeiro #4 4/Marzo/2008 casdeiro

Só nunha pseudo-democracia coma este un líder político pode dicir estas mentiras na TV e quedar tan tranquilo. Seica nalgúns lugares de España non se pode estudar castelán!!!!! Era boa, ho! Aínda que o propio Raxoi non se aclara e non se sabe se fala de "estudar castelán" ou "estudar en castelán", que son dúas cousas ben diferentes. Claro que cando o que se quere é sementar a división o mellor é mesturalo todo e facer un totum revoltum que non haxa Cristo que se aclare, para dar a impresión de que algo hai... non se saben ben que. E despois pon como lema de campalña "As ideas claras". ...Chispa os coma!

(Por certo, queda do máis surrealista traducir ao galego esas declaracións!)

casdeiro #5 4/Marzo/2008 casdeiro

Que tal unha lei para ilegalizar formacións políticas que empreguen mentiras obxectivables como arma electoral? >;-P

Sabrexo #6 4/Marzo/2008 Sabrexo

Raxoi andou algunha vez por Galiza???

mceleiro #7 4/Marzo/2008 mceleiro

Mari-Ano rajó hoy!

sozinho #8 4/Marzo/2008 sozinho

Apelación negativa aos complexos: "non sucede en ningún país".
Apelación positiva aos complexos: "sómo-lo primeiro país en..."
Quen é quen?
"Es usté el que..." "No, usté.." "Usté más"
Vaia nivel de parvulario. Así está o patio.j
Co tema do idioma: pois claro que sómo-lo único país nos que en zonas se fala máis catalán, vasco e galego e ademais se multa por non ofrecer información nese idioma. É un avance do que debemos estar orgullosos. Iso non implica que apoie a política lingüística concreta de todo centro educativo, nin seguera a da Generalitat ou de Euskadi. Pero si apoio que están dentro dos conflitos normais ou necesarios para chegar a unha axeitada política lingüística.

BonKarallan #9 4/Marzo/2008 BonKarallan

Estaba Sadam Hussein falando con Deus, e pregúntalle a Deus,
-Como estará Iraq dentro de 10 anos?
Deus contéstalle:
- "Estará todo destruído polas bombas enviadas polos Estados Unidos"
Sadam sentou... e chorou.

Estaba Bush falando con Deus, e pregúntalle a Deus,
-Como estará América dentro de 10 anos?
Deus contéstalle:
-"Estará totalmente contaminada polas bombas químicas enviadas por Iran"
Bush sentou... e chorou.

Estaba Mariano Rajoy, "o candidato GALLEGO" falando con Deus, e pregúntalle a Deus,
-"como estará España dentro de 10 anos se son elixido presidente?"
Deus... sentou e chorou.

Afonso_ch #10 4/Marzo/2008 Afonso_ch

Sim garrano, vai ser que agora galego e protuguês são a mesma língua.
Que coisas se lhe ocorrem ao marianico!!


Mas também não é nada novo, já o Fraga andava dizindo pela lusofonia que "al final hablamos la misma lengua".

Para mim que o tema esta moi claro; qualquer pessoa com um mínimo de decência é incapaz de afirmar pelo mundo adiante que galego e protuguês são duas línguas diferentes porque seria expor-se ao ridículo.
Agora bem, en el territorio de nuestra españa plural y su riqueza linguistica gallego y portugues si que son dos lenguas distintas, o tres o veinte,las que hagan falta! Porque si lo que hablan esos gallegos del norte fuera portugues ya NO seria una lengua española.


Como dizia o Zeca: só não ve quem não tem vista.

galegasenprexuizos #11 4/Marzo/2008 galegasenprexuizos

Para min que ocorre o contrario, pero se Rajoy e catro coma el queren vivir cos ollos pechados, adiante.

xavo #12 4/Marzo/2008 xavo

Hoxe chegoume a propaganda electoral do PP, cunha carta do Sr. Rajoy, por suposto unicamente en castelán.

Ademais de que espero que os de Galicia Bilingüe se manifesten perante esta falta de igualdade, teño especial curiosidade sobre se a mesma carta en Cataluña ten a versión en catalán.

Se alguén ten algún coñecido alá, ¿podería preguntarlle e poñelo neste foro?

BonKarallan #13 4/Marzo/2008 BonKarallan

En Catalunya a carta envíana en catalán para evitar que o Partido Socialista que goberna en Catalunya póñalle unha multa de 400 € como fixo co empresario que tiña un cartel en castelán.
La niña de Rajoy

sozinho #14 4/Marzo/2008 sozinho

O peor non é o idioma da carta, senón que di tan pouco coma o seu lema, pastiche daquel "hai razóns do corazón que Rajoy non entende"... ou non era así?
Onde está o programa!!!!! Sequera un decálogo, coma o bloque!

Garrano #15 5/Marzo/2008 Garrano

Veño de ver na TVG a histeria dos forofos de Rajoy cando se tocou este tema no mitin de onte en Vigo. Tal como se fora no Caixanova hai uns dias cos de GB, só que esta vez eren moitos máis a ouvear contra o galego. poderase volver algún dia ao consenso lingüistico? Eu cóido que non. O PP mantivose no poder grazas ao Galegusimo-popular diante anos, hoxe atacan ao galego sen medo a ser contra-atacados facendo gala dun anti-galeguismo que ninguén dende outras forzas políticas parece denunciar (esa é a miña impresión). As forzas sociais, (sindicais, asociativas, culturais, veciñais...) comprometidas noutrora co idioma tamén calan diante desta ofensiva. Lembremos unha cousa, o partido da dereita, o máis votado entre os galegos practica hoxe un discurso abertamente anti-galego.

O dia que teñamos que ir à guerra da lingua, ese dia, terá avanzado moitas posicións o españolismo. Por que? Pois por que ainda hai quen cre nos paxuriños preñados.

Chardella #16 5/Marzo/2008 Chardella

Non esquezamos que se gaña, Raxoi falará galego na intimidade. Esta dereita cavernaria non ten a máis mínima vergonza. Aínda que me encantaría ver a baixada de pantalóns diante dos cataláns, que espectáculo! voume sacrificar e confiar en que, sen a miña axuda, as esquisas non se equivoquen e gañen os menos peores.

LOIS_DE_SILAN #17 5/Marzo/2008 LOIS_DE_SILAN

"... en Galiza non se respectan os dereitos dos castelán-falantes".

Cales son eses dereitos?

1º Dereito a usaren ENTRE ELES a súa lingua (art. 27 PIDCP).

2º Dereito a non seren discriminados por mor de lingua (art. 14 CE, 14 CEDH e 5 EAG): pola usaren entre eles ou cos membros da Comunidade Lingüística Galega, mentres non teñan a oportunidade de aprenderen a propia do territorio, ou por seren membros da Comunidade Lingüística Castelá.

Que obrigas lingüísticas teñen?

1ª Aprenderen a lingua propia da Galiza (ou doutro territorio español ó que vaian desenvolver a súa actividade) nun prazo razoábel (arts. 3.3, 9 e 14 CE, 5 EAG, ...) para se integraren como membros plenos da Comunidade Lingüística Galega.

2ª Usaren a lingua propia da Galiza, despois de aprendela nun prazo razoábel, cos outros membros da Comunidade Lingüística Galega. E isto sen prexuízo de usaren, coma os outros membros da Comunidade Lingüística Galega, outras linguas iocandi causa, docendi causa ou outras causas debidamente xustificadas.

O problema non vos está en se se violan ou non na Galiza ou nos outros territorios españois con lingua propia distinta do castelán os dereitos lingüísticos dos castelán-falantes; o problema radica en se os castelán-falantes cumpren e queren cumprir ou non as súas obrigas lingüísticas fóra do territorio español propio do castelán.

É evidente que os dereitos dos castelán-falantes non se violan en ningún territorio español; mais, tamén é evidente que ós castelan-falantes non se lles vén esixindo o cumprimento das súas obrigas lingüísticas fóra do terrtorio propio do castelán.

Nesta situación algúns apúntanse, voto mediante, a defender a comodidade que supón para algúns o incumprimento das súas obrigas, coa correlativa violación dos dereitos, aquí si, dos membros das comunidades lingüísticas españolas distintas da castelá.

internawta #18 5/Marzo/2008 internawta

Em primeiro lugar, o Rajoi tem tanto de galego como eu de zulu! Em segundo lugar, como é que nom se respeitam os direitos dos castelám-falantes? Mas foi graças a eles e por eles que se 'inventou' esta coisa híbrida que nos ensinam na escola e ouvimos nas notícias, injectada com doses ingentes de castelám e a que chamam 'galego', que, melhor dito, deveria ser 'galenhol'?! O que mais querem? O próximo passo será que a pouca populaçom que fala galego deixe de falá-lo, nom? Já castelanizaram o galego, agora só falta substituí-lo definitivamente pelo castelám - o objetivo de muita "boa" gente!!! E quando isso acontecer, terám vencido a última barreira que nos impede de sermos mais uns vassalos de Madrid...

Gaviotero #19 6/Marzo/2008 Gaviotero

Toda la razón para este gran candidato que va a ser desde el próximo domingo el Presidente del Gobierno de la Nación Española.

Vota a Mariano Rajoy. Vota Libertad.

prometeo #20 6/Marzo/2008 prometeo

Creo que a estas alturas Rajoy teno máis fácil chegar o poder cun golpe de Estado, xa sería o segundo "gallego" que o lograse, que por medio das furnas.

blogueirada #21 6/Marzo/2008 blogueirada

Despois de escoitar declaracións como as de onte na TVE1 do candidato do PP dicindo que mentres eles gobernasen en Valencia o catalán non entraría. Caín na conta no verdadeiro eslogan da campaña deste partido.
Eles din con cabeza e corazón, pero se nos fixamos ben descubriremos o que agocha este engano.
Abonda con mudar a última sílaba e o resultado é CON CABEZÓN E CORAZA.
Cabezón e coiraza ese é o estilo do PP.

sozinho #22 8/Marzo/2008 sozinho

Prometeo, son urnas. Nas furnas refuxiábase algún republicano por evita-la represión.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: