Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cambio na xefatura católica

"Pouco" que esperar na democratización da Igrexa despois do regreso de Rouco

A Coordinadora de Crentes Galegos seguirá "loitando" en favor "doutra voz" posíbel na Igrexa.

Redacción - 09:00 05/03/2008

"Está aínda moi lonxe a chegada da democracia á xerarquía eclesiástica", laiouse este martes Xosé Barca, un dos voceiros da Coordinadora de Crentes Galegos, colectivo inscrito a nivel estatal na plataforma Redes Cristiás. Con todo, Barca opina que as arelas democráticas no contorno da Igrexa "non son utópicas", malia que recoñeceu que os avances parecen quedar "a anos luz". "Ogallá me equivoque", comentou ao respecto desa análise.

Ao respecto da elección do conservador Rouco Varela, Barca recoñece que "de entrada, para nós non é unha boa noticia". Xosé Barca lembrou que moitos dos crentes non compartern a ideoloxía da xerarquía relixiosa. A Coordinadora de Crentes Galegos súmase así ao propio comunicado realizado pola plataforma, que coincidindo coa celebración das eleccións na Conferencia Episcopal, e citando palabras atribuídas ao papa San Celestino, recordaban a frase "ningún bispo imposto". Redes Cristiás insiste así na súa petición de máis "pluralidade" na Igrexa. "Non temos un candidato ao que apoiar, pero si unha opción prioritaria pola democracia na Igrexa", conclúe o comunicado. Ao respecto, Xosé Barca recorda que as primeiras comunidades cristiás "eran máis participativas" e nelas os fieis "elixían os bispos".


0/5 (0 votos)

Comentarios (3)

Gaviotero #1 6/Marzo/2008 Gaviotero

Poco que esperar de las declaraciones de gente anticatólica que se pasa el día maldiciendo a la Iglesia Católica. Que se vayan al diablo...nunca mejor dicho.

semoncho #2 6/Marzo/2008 semoncho

Obrigado Gaviotero polo esclarecimento: nom se pode ser galego e católico.

Pedrel #3 6/Marzo/2008 Pedrel

Os deseñadores de roupa eclesiástica abren botellas de cava. Rouco adoita mercar para cada ocasión importante novas capas de deseño. Ver o que fixo no casamento do Príncipe e no das Infantas. Pura caridade cristiá...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: