Os dous actores amósanse desencantados cos políticos: "Se fosen todos os votantes como Tucho e Tonecho ía ir todo mellor, porque ían espabilar".
Son, se cadra, a parella cómica máis famosa de Galiza. Víctor Fábregas e Roberto Vilar comentan para Vieiros as súas impresións sobre a campaña electoral, os debates, as promesas dos candidatos e mesmo sobre o que vai facer Amadora o 9 de marzo. O show dos Tonechos, todos os xoves ás dez da noite na Galega. Algúen dubida que se Tucho e Tonecho se presentasen ás eleccións acadarían un bo número de votos?
Estades seguindo a campaña?
Víctor Fábregas: Pois non moito. E iso que eu empecei aos meus 18 anos moi vinculado á política, con moitas gañas, pero acabáronseme, acabaron por aburrirme. Vexo un empobrecemento moi grande nos políticos. Grazas a Deus vivo cara ao monte e nin escoito pasar os coches de propaganda.
Roberto Vilar: Eu pago os meus impostos relixiosamente, e confío en que todo o mundo os pague como os pagamos nós e os construtores, que son os que menos os pagan. E despois confío en que dende arriba os distribúan ben, cousa que de momento non pasou dende que eu vivo aquí.
E os debates, seguístelos?
Víctor: Eu si seguin os debates, porque isto é como un partido de fútbol e sempre esperas que o segundo partido sexa mellor que o primeiro. Pero non aportaron nada, porqur está todo moi pactado e encorsetado. Ademais, non valen para nada porque o que é do Madrid é do Madrid, o que é do Barça é do Barça e o que é do Celta é do Celta, aínda que perdan por dez a cero.
É que lle pediríades ao futuro presidente?
Víctor: Pois sentido común, que escoiten ao pobo e se deixen de caralladas.
Roberto: Andan con que hai que ser de dereitas, con que hai que ser de esquerdas, con que hai que ser de centro. O que hai que ser é normal!
Víctor: Pérdense en macroeconomías, en que se van 50 mulleres e 50 homes, en que se ti fas máis e eu menos, por favor... Señores políticos: comigo non conten, un abrazo.
No Club Lady's fálase das eleccións?
Roberto: Se fosen todos os votantes como Tucho e Tonecho, ía ir todo mellor, porque os políticos ían espabilar. E seguramente o domingo Tonecho en vez de ir votar irá ao Club Ladys e pasará alí a tarde, ou xogando ao tute, que lle vai aproveitar máis.
Víctor: Eu pregúntome o que xa Saramago se preguntou: que pasaría se votasemos todos en branco?. Valería con que votase unha soa persoa entre trinta millóns?
E a quen vota Amadora? Gústalle máis o touciño, a queimada ou o freixó?
Víctor: Ela é máis de carne
Roberto: Amadora ten pinta de que vai ir votar. Ademais véselle cando vai... A Amadora daslle a papeleta e sae disparada... Pero debe haber moitos casos de xente que colle a papeleta na casa e nin sabe o que vota. E ese voto vale igual...
TEÑEN MOITA RAZON,MOITO ESPERABAMOS QUE O FAMOSO CAMBIO, PERO VEMOS QUE TODO E O MESMO, COMO DI O REFRAN "OS MESMOS CANS,CON DISTINTO COLLA" MOITOS DOS QUE ESTAN AHORA APRENDERON MOI BEN AS MALAS MAÑAS DOS OUTROS.O POBO GALEGO NON E TONTO, XA NOS VAMOS DANTO CONTA.
pois non sei o que vai mal. non pensades que estamos mellor que hai uns anos. as cousas non se resolven en dous días rapaces!!
Pois ben que facía campaña polo PP nas últimas autonómicas o ghicho ete que levan de paiaso augusto (cóido que fai de notario no show).
Dacordo con #2
Aparte do que di el no seu comentario que esperabades?
Que se prohibisen as bandeiras espanholas e o castelán?
Que se pechasen fronteiras?
Que botaran abaixo os encoros,os centros comerciais ou os mcdonals?
Paciencia amigos,que vimos de 16 anos de Fraguismo i estas cousas van lentas pero seguras!
Un saudo
Representan moi ben o pailanismo galego, ao eterno perdedor galego, ao que se ri de si mesmo pero non aporta nada para o cambio, ao conformista do "todos son iguais"..., unha mágoa.
Aínda que todo nunca é perfecto creo que agora a xente pode respirar, pode opinar, non vexo eu que se practique aquelo do "si no eres del PP, jodeté, jodeté." Todo non se pode cambiar en pouco tempo e non sei que esperaban algúns, como moi ben comentan nas participacións anteriores. De momento hai avances importantes en liberdade, en protección da costa (xa sei que sempre pode ser máis, pero o dos 500 metros puxérono estes non os do PP), anuláronse multitude de licenzas para minicentrais (algunhas incluso xa comezaran as obras...)
Por favor, todo igual non é e xa sei que debemos esixir máis, pero eu vivo máis tranquilo, máis sosegado e iso que o meu traballo non depende de quen goberne...
Por certo, Tonechos, eu vexo o voso show sempre que podo e encántame pero non hai que ser tan derrotistas home..., non quero que tomedes a mal as primeiras frases, pero vós sabedes perfectamente como somos os galegos, por iso nos representades tan ben, e por iso hai que facer un esforzo en cambiar certos aspectos e non quedarse na crítica negativa.