Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Só o BNG envía os seus cabezas de lista

Molina, Espinosa, Blanco e Pastor escapan do debate

O pontevedrés Antón Louro será o único cabeza de lista do PSOE que conceda o debate na Galega. Polo PP refuga a cita Ana Pastor.

Redacción - 13:30 05/03/2008

A televisión pública galega citou para as 21h30 deste mércores aos cabezas de lista das tres principais formacións políticas para debateren as súas ideas diante das cámaras. Os encontros están programados para emitírense a esa hora en desconexión para cada unha das provincias.

Con todo, finalmente PSOE e PP non atenderon ao convite a enviaren os seus teóricos números un. No caso dos socialistas, no canto de acudir César Antonio Molina, tamén ministro de Cultura, será a coruñesa Carme Marón a que estea á beira dos números un de PP, Antonio Erias, e de BNG, Francisco Jorquera. Do mesmo xeito, outra ministra, neste caso a de Agricultura, Elena Espinosa, failles o desplante en Ourense aos candidatos de PP, Celso Delgado, e BNG, Iago Tabarés. Do mesmo xeito en Lugo, onde o secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, evitará confrontar co popular Xaquín García Díez e coa nacionalista Paz Abraira. Mentres, en Pontevedra, é a secretaria da executiva do PP, a zamorana Ana Pastor, a cabeza de lista que negou a súa asistencia ao debate, onde si estarán Antón Louro, polo PSOE, e Olaia Fernández Davila, polo BNG.


5/5 (3 votos)


Comentarios (3)

xoca #1 5/Marzo/2008 xoca

É curioso pero no meu enquerito particular constato unha constante:
Pregunto a votantes confesos do PP, PSOE e BNG polo cabeza de lista ao ao que van a votar para o Congreso, e únicamente son os do BNG os que maioritariamente coñece ao seu candidato, no PP e PSOE andan nun 50 % os que os decoñece (incluso algún que é militante), é unha mágoa pero son os mesmos que din que en Rusia non hai unha democrácia.

Sabrexo #2 5/Marzo/2008 Sabrexo

Agardemos que estes candidatos que foxen do debate tamén, polo menos, non vaian votar cando se trate de facelo contra os intereses de Galiza.

Xistral #3 7/Marzo/2008 Xistral

Algún día teremos os galegos (polo menos unha grande parte deles) a decencia de "botar" a estes "representantes" do pobo. Pero a quen represetan estes farsantes que incluso se negan a debatir, porque son nulidades...
Eses galegos que lles votan algún día daranse conta do que votan e a quen...? Moitas veces critícase a democracia en USA, pero un candidato que en USA se nega a ir a un debate non ten nada que facer, non volven mirar para el. A veces a democracia comeza por iso, máis que ir votar

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: