Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Denuncia xudicial das presuntas irregularidades

O Comité de Emerxencia desafía a xustiza a resolver "o maior escándalo económico" do país

Acusan o empresario promotor da planta de gas de obter 30 millóns de euros de beneficio coa venda e a cesión de terreos para a regasificadora.

Redacción / EP - 09:00 06/03/2008

A acusación, realizada anteriormente, chegará agora aos xulgados da man do Comité Cidadán de Emerxencia, CCE, acompañada de novos datos cos que os veciños consideran que se avala a denuncia do que cualifican coma "o maior escándalo económico e político de Galiza".

De xeito específico, durante a conferencia de prensa deste mércores criticaron que o empresario Roberto Tojeiro, promotor do proxecto, obtivese trinta millóns de euros "previamente a calquera tipo de construción" coa venda e cesión dos terreos onde se levantaría a planta. O CCE expón que a regasificadora pagoulle 24 millóns de euros á empresa Forestal do Atlántico, á súa vez presidida polo mesmo empresario, Tojeiro, a cambio do 45% da concesión administrativa da que gozaba esta última empresa en superficie portuaria e pola que até entón se pagaban 142 mil euros. A esta súmanlle os veciños outras dúas operacións económicas na venda de predios a Reganosa e nas que Forestal do Atlántico gañou até 6 millóns de euros. Todas elas, segundo aseguran, realizadas "baixo a supervisión do daquela conselleiro de Economía, Xosé Antonio Orza (PP), quen daquela participaba nas accións de Intasa, "unha das empresas vencelladas ao Grupo Tojeiro".

O CCE dá este paso despois de que a Fiscalía Superior de Galicia estabelecese que cos datos anteriormente proporcionados non había base suficiente para unha acción penal contra o propio Orza e tamén contra o ex presidente da Xunta Manuel Fraga, por presunta prevaricación e tráfico de influencias para favorecer ao Grupo Tojeiro no proxecto da regasificadora. Ao respecto, Humberto Fidalgo, un dos voceiros do Comité, recorda que malia que o fiscal di non ter elementos abondo para levar diante do xuíz a estes políticos, "tampouco negou a información facilitada".

Reganosa rexeita as argumentacións dos veciños
Ao respecto, desde a empresa Reganosa rexeitan os últimos datos achegados polo Comité. Así, a compañía puntualiza que na cantidade final de 24 millóns de euros se contabiliza a concesión e especialmente a cesión realizada por Forestal do peirao de máis de 200 metros de liña de atraque. Ademais, Reganosa recorda que o proceso foi autorizado pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e fallado favorablemente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en 2006, en resposta a unha denuncia presentada por veciños contrarios a Reganosa. Ao respecto da venda doutras operacións económicas de venda de parcelas, por valor de 2 e 4 millóns de euros, aproximadamente, desde Reganosa xa aseguraran que se realizaron a prezo de mercado, e tras a mellora das instalacións.

Non opinan así desde o Comité Cidadán de Emerxencia. A maiores, e despois de subliñar os 30 millóns de euros os beneficios obtidos coa instalación de Reganosa en terreos lindantes a Forestal, Humberto Fidalgo critica os "texemanexes" económicos, que na súa opinión son posíbeis porque "o sistema estatal de gas se fará cargo do gasto que supoña a instalación". "Esta planta de gas non ten máis estratexia que un continuado saqueo das contas públicas", critica.


4,56/5 (9 votos)


Comentarios (20)

espartano #1 6/Marzo/2008 espartano

Diario de Ferrol:"La Fiscalía archiva la denuncia del Comité Cidadán contra Fraga y Orza"
El Correo Gallego:"La Xunta actuó legalmente en los trámites de Reganosa";La Opinión:"El fiscal no ve delito de prevaricación en la instalación de la planta de gas".
Todo iso saiu o día 25/01/2008; istos do Comité xa son un pouco cansinos, agora xa non saben por onde sair...habería que dicirlles que Reganosa ten tódolos papeis en regra concedidas por todalas administracións de todolos partidos maioritarios

ecoe #2 6/Marzo/2008 ecoe

"...por todalas administracións de todolos partidos maioritarios."

E onde hai de esas administracións "de todolos partidos maioritarios"?

Tino #3 6/Marzo/2008 Tino

O q é verdade é q certos membros deste comité se encargaron de vincular en todos os medios de comunicación ao Bloque coa construción, posta en marcha e xestión deste proxecto, cando o BNG foi o ÚNICO q fixo ALEGACIÓNS para q se instalase fora da ria.

Pola miña parte xa non teñen o meu apoio.

espartano #4 6/Marzo/2008 espartano

Douche toda a razón Tino, estou bastante farto que sempre acusen os mesmos da situación de Reganosa, onde estaba EU en 2001?de min xa nunca tiveron o meu apoio, hai moitos intereses alleos...primero sempre era o problema medioambiental para a instalación, agora son os "pelotazos", que será o seguinte?
Con respeito a ecoe, maioritarios son os que scan maioria neste caso BNG, PSOE e PP, ah! claro EU non ten parlamentarios...
Por certo o unico partido que puxo alegacións a unha planta no porto exterior (a de biodiesel concretamente) foi EU, é que ai tampouco está ben?onde mandamos a planta de gas?o medio do mar?un pouco de sentidiño por favor

Carballo #5 6/Marzo/2008 Carballo

Espartano, non che dou ensinado.
O BNGas traizoou ao electorado ao cambiar os seus "intereses" pola súa oposición á planta de gas. Eu votei ao BNGas e xamais o volverei facer, como moitos dos seus ex-votantes da ría de Ferrol. Sobre EU-IU é cousa que non vou entrar. Que se defendan eles.
En Italia hai unha soa planta regasificadora en terra e as tres aprobadas instalaranse mar dentro. Por certo unha delas é de ENDESA e no seu WEB di "Levar as plantas fóra das zonas densamente poboadas crea beneficios substanciais de seguridade e de medio ambiente e reduce significativamente o impacto visual".
Carall., Por que non o fai aquí?. En EE.UU. os estados de California, Georgia, Alabama, Lusiana e Oregón as plantas terán que ir tamén mas dentro ¿Por qué?. Ti dirás.
A planta de Reganosa ten uns 12 procesos xudiciais abertos dos cales dous gañaronse no TSXG e o outro o recorreu o BNGas porque o Tribunal era GALEGO e parece que o español vaille mellor.
Con respecto ás leis que incumpre son (toma nota): R.D. 9 / 2.000, R.D.1254 / 1999, Decreto 2414/ 1961, Norma UNE 1532, Norma UNE-EN 1473, R.D. 145 / 1989, Norma NFPA 59 A, Lei 8/1975 e Lei 16/2002.
Os permisos que teñen déronllos os do PSOE,PP e BNGas (que por certo o BNGas aliouse co PP nun pleno do concello de Ferrol para NON recorrer unha sentenza dun xulgado madrileño (Ou sexa español, como din).
¿Aprendiches?

espartano #6 6/Marzo/2008 espartano

Estimado Carballo:
Vouche dar eu un par de leccions, que o que tes que aprender pareceme a min que es ti, ademáis de non soltar sempre as mesmas cousas que di o Comité
Ti cho perdes por deixar de votar a un partido que pelea pola Galiza (non polo gas asturiano)
Italia?, EEUU?agora imos defender ó imperialismo...moi baixo caemos (lémbroche que o seu presidente, dixo que para rematar cos incendios forestais hai que talar todalas árbores)aquí en España hai 5 regasificadoras e hai algunha que non cumple as distancias de seguridade
Reganosa xa gañou algúns procesos xudiciais o máis recente é do 25 de xaneiro, saiu en todolos periodicos (Diario de Ferrol, La Opinión, El Correo Gallego etc.)deberias informarte millor e non sempre das mesmas fontes que máis que fontes son panfletos
Con respecto as leis que imcumple remitoche a Acta de Funcionamiento de la Planta de regasificación e as máis de 250 pruebas antes de dárllela
Na derradeira lección de hoxe: Mugardos Pleno de 31 Agosto de 2007 moción en contra de Reganosa;rexeitada por maioria absoluta (13 votos BNG, PP, PSOE e IpM fronte a 1 de EU-IU) explícallelo ós votantes dos partidos porque mudaches de opinión ou quen te fixo mudar...
Ti es da bisbarra?parece que non coñeces nada da zona. Vai para diante do edificio administrativo da Xunta que te están a esperar os 5 colegas de sempre...

espartano #7 6/Marzo/2008 espartano

Acabo de ler noutro foro certa informazom que me parece moi interesante (lamento que esté en español e que si "un de mugardos" o está a ler lamento copiar o que di él):
y dale con el mar abierto y el "Off-shore": En Galicia la profundidad del mar aumenta tan rapidamente que es practicamente inviable instalar cualquier gran estructura como no sea ... PEGADA A LA COSTA!!!. Es decir en zonas de navegación, turismo, pesca, marisqueo y cultivos marinos.
En Italia no ocurre eso y se pueden instalar estructuras "Offshore" muy lejos de la costa, con poco impacto ambiental Y A POCA PROFUNDIDAD (o sea tecnicamente y economicamente viables).
La Xunta y el parlamento gallego ya se pronunciaron en contra de los parques eólicos marinos ("offshore"o flotantes como dirían los del comité antireganosa) por su elevadísimo impacto ambiental, sobre el paisaje, las rutas de las aves migratorias, los ecosistemas marinos costeros y la pesca y navegación de bajura y el marisqueo.
Para el del comité que nos da clases teóricas de Internet sobre estructuras "offshore" y las genialidades "ecológicas" de los americanos a los que nos pone todos los días como ejemplo: a ver si nos deja en paz ya de una vez y se va a venderles sus "offshore" a esos americanos, que se las podrían comprar entre vuelo y vuelo de la CIA, bombardeos en Irak y Afganistán, y botaduras de submarinos y portaaviones atómicos.
Tanbién se podría organizar un intercambio con los americanos incluyendo especialidades tecnológicas americanas como las bombas de racimo, las bombas H y los escudos antimisiles.

Lo del soldado de Hitler es porque en VUESTRO LIBRO "Muros de silencio", no parais de hablar laudatoriamente sobre él, de ensalzar su liderazgo sobre vosotros y de ponerlo como ejemplo y referencia en vuestras actuaciones!!! Lo principal, sin embargo, no es que vuestro presidente-fundador fuera soldado de Hitler o de Franco o que hiciera una brillante carrera militar durante todo el franquismo (desde el 36 al 75), lo relevante es que fuera suegro del presidente de Enagas (competencia empresarial directa de Reganosa) y al mismo tiempo que el suegro se despachaba a gusto contra Reganosa, su yerno ampliaba la planta de Enagas pegada a la ciudad de Barcelona (y el suegro, vuestro presidente, se callaba sobre eso).
También os callasteis todos siempre (incluido el general) y seguis callados ahora sobre los riesgos de los gasoductos de Enagas de DENTRO DE FERROL, mucho más peligrosos para los ciudadanos de Ferrol que Reganosa.

espartano #8 6/Marzo/2008 espartano

Este tamén me parece interesante lélo (perdoa outra vez "un de mugardos" pero cando se ten razón non hai máis que asentir):
Reganosa esta perfecta donde está: un sitio seguro, abrigado, y sin impacto ambiental apreciable y cumpliendo todas las normativas europeas de medio ambiente y seguridad (como le confirmó la comisión europea la semana pasada a Wili Meyer el de IU).
Reganosa da trabajo estable y sostenible a más de 800 personas (contando gasoductos, contratas, auxiliares y ciclos combinados) y permite la autonomía energética de Galicia y la sustitución del contaminante carbón por el limpio y eficiente gas natural en As Pontes y Sabón.
El pueblo y los partidos mayoritarios de Mugardos, Ferrol y toda Galicia la apoyan y solo están en contra cuatro vecinos egoistas que la quieren lejos de su patio trasero, pero cerca del patio de otro(NIMBYs) y cuatro amigos de los catalanes de Enagas que la quieren llevar para Gijón.
(Lamento non ter tempo a traducilo pero ben se le)

Carballo #9 6/Marzo/2008 Carballo

Espartano: Es un caso perdido pero por respecto a Vieiros e os seus lectores soamente redactarei as inesactitudes da túa charlatanería.
1) Italia e EE.UU.: Non sei o que ten que ver o imperialismo neste debate.
2) O gas asturiano apareceu agora e a min coma se bébeno. Neste debate soamente debemos falar se a planta cumpre ou non coa normativa.
3)Se algunha planta de España non cumpre coas distancias de seguridade supoño que haberá que demolela. O que unha planta estea mal situada non xustifica que se instalen máis plantas ILEGAIS.
4) Reganosa gañou un proceso en Madrid porque, segundo a sentenza, é unha planta "necesaria para Galicia". Non vexo eu que se unha cousa é necesaria poida xa cargarse toda a normativa aplicable. En calquera caso o Tribunal Supremo porá as cousas no seu sitio, é dicir, FÓRA DA RIA.
5) No pleno de Mugardos votaron PP, PSOE e BNGas. Ou sexa aos que non vou votar o domingo. Votaréi en branco como os 4000.000 que votaron nas municipais.
6) As plantas en OFFSHORE non necesitan pouca profundidade, soamente as de gravidade. Deseños como os de EXMAR, HÖEGH, OLT (Endesa), SBM, ARGENT MARINE, etc. soamente necesitan unha bahía de abrigo (Ría de Ares) para que poidan operar o máximo número de días ao ano.
7) O Gas natural NON É LIMPO é un combustible fósil. Outro día direiche o CO2 que se produce na cadea do Gas natural Licuado.
8) 8) Respecta aos mortos. Eles non se poden defender e na miña opinión o xeneral Gabeiras fixo o que tiña que facer como o fixo o presidente da Autoridade Portuaria, Guillermo Caramelo e os concelleiros do BNGas que dimitiron.
9) Willy Meller é outro político da administración europea. Pregúntalle a este señor por que non se aproban as plantas de gas en terra de Italia.
10 )Aos NYMBIS chámanlles agora (os gasistas) BANANAS. Se queres aclároche o significado do acrónimo BANANA.
11) Os postos de traballo non son 800. Mentes como un cosaco. Ademais se a planta ponse no seu sitio os postos serían os mesmos.

Saudos, Carballo

espartano #10 7/Marzo/2008 espartano

Imos respostar por partes ao “Carballo” astur-catalán (que como o “comitê” antireganosa do sogro e a cuñada do presidente de Enagas segue a defendera aos catalans na sua loita empresarial contra a galega Reganosa):
1)Reganosa esta perfeitamente onde esta: um lugar seguro, abrigado e NON É ESPAZO NATURAL PROTEXIDO NATURA 2000 LIC COSTA ARTABRA coma o porto “exterior” de DENTRO da Ria do Ferrol onde algum insensato a queria levar. Todos os ecoloxistas de verdade da ría están de acordo em que a grande burrada ecoloxica da Ria e o vosso queridiño porto “exterior” de dentro da ria que pecha a boca da ria e impide a renovación das augas da ria, nom Reganosa que leva DEZ MESES traballando com IMPACTO AMBIENTAL CERO (nom tem fumes, nom tem resíduos, nem verquidos)
2)Nos EEUU fabricam todos os dias BOMBAS ATÓMICAS, MÍSILES NUCLEARES e barcos de propulsión atômica. Non me parecen um exemplo de ecoloxía nem de nada parecido. Ti es um pesado que colles dos Estados Unidos só o que che interessa e manipulalo todo. Nos estados Unidos teñen quarenta e tantas instalacions de Gás Natural Licuado coma as de Reganosa perto ou dentro das cidades e teñen ducias de milleiros de kilometros de gasodutos por todo o país e estan aprobando e construindo ou ampliando moitas instalacións coma Reganosa todos os dias.
3)Os italianos podem facer plantas offshore porque hay pouca profundidade lonxe da costa. Agora nos contas que queres por a planta na !!!! Ria de Ares¡¡¡¡¡. ¿Onde? ¿Diante das praias de Miño ou de Cabanas? ¿Entre as bateas de Lorbé? ¿pólo médio dos veleiros dos turistas e as barcas de pesca e marisqueio? Preguntalles as cofradías de pescadores da Ria de Ares e ao setor turístico de Sada, Miño, Cabanas e Pontedeume que opinan da tua ocurrencia. E increivel o que chegas a dizer.
4)Os postos de traballo direitos e mais inducidos por Reganosa (estables e sostibles) son MAIS de 800. A ti, coma probabelmente traballas na universidade ou cobras do estado coma toda a diretiva do “comitê” antireganosa (mirade as fotos da roda de prensa de antonte), importanche um carallo os postos de traballo dos demais e se hai paro ou emigración em Ferrolterra. Ti e os da diretiva do comitê cobrades todolos meses fagades algo ou non fagades nada. Para outros a vida non che é así de facil. Temos que traballar para comer e a vosa solidaridade cós traballadores-as galegos-as de Reganosa e todo o que implica e cero (E hai moit@s que estamos tomando nota). Por isso a maioria da ría e todos os partidos maioritarios nunca vos fixo caso e em especial os sindicatos e os traballadores na ria vos deron sempre a espalda.

espartano #11 7/Marzo/2008 espartano

Segunda parte da resposta a Carballo:
5)Reganosa cumpre TODAS as leis aplicabeis e tem TODOS os permisos necesarios e algun de mais (As outras da Espanha non o sei). Todas as administracions competentes xá se pronunciaron SEMPRE a favor de ela (Concello, Xunta, Goberno español, Unión Européia, porto, etc, etc)
6)Os tribunais de xustiza vos denegaron as CINCOENTA E TANTAS peticions cautelares de paralizacion que fixestedes.
7)Respeito os mortos pero o xeral franquista Gabeiras (e soldado de Hitler) e AINDA o voso presidente de honra e a vosa refeencia moral e ética segundo o voso “catecismo” o libro “Muros de silencio”. Ademais era o sogro do presidente de Enagas e a sua filla (vosa avogada xefa) a cuñada do mesmo presidente. Enagas e o promotor da planta de Xixon (Asturias) que compite direitamente com Reganosa.
8)O gás natural e o combustible mais limpo e eficiente com moita diferencia. E a aposta viabel e sostibel dos gobernos galego e español como alternativa a nuclear para os dias que non sopla o vento ou non chove.
9)O tema do “pelotazo” cheira: xá van três ou catro veces que o anunciades a bombo e platillo e que vades aos fiscais e aos tribunais e todo quedou em NADA. Forestal non lle vendeu a Reganosa um solar rústico: vendeulle um PORTO TERMINADO E MILES DE METROS DE CHAN INDUSTRIAL LISTO PARA USAR. Facer isso vale moitos cartos e se cadra Reganosa ainda o comprou barato (se comparamos co que costou facer os portos exteriores do Ferrol e a Coruña e o prezo do chan industrial em Ferrolterra). Por certo ao erário público o porto de Reganosa non lle costou un peso e o porto exterior si que pagamolo entre todos.
10)Se vos interesa investigar “pelotazos” de verdade investigade o pau de 375 MILLONS DE EUROS aos fondos públicos que deron os catalans de GasNatural-Enagas nos anos 94-97 co regalo que lles fixeron da empresa PUBLICA ENAGAS (El mundo, economia, 22-2-2000). Tamen podedes investigar os benefícios monopolísticos do grupo Gas Natural de 959 MILLONS DE EUROS ao ANO (BENEFICIO NETO)(El Mundo 4/04/2003) conseguidos entre otros cós ativos gasistas publicos que lles foron regalados. Pero non, o “comite” dos parentes do presidente de Enagas so denuncia o “pelotazo” de Reganosa e metelle unha denuncia por ir contra a competência a Reganosa!!!!! Normal, non van ir contra o seu cuñado!!!
Pido disculpas os leitores póla lonxitude e ate a prossima (ainda queda moito que contar de esta historia).

espartano #12 7/Marzo/2008 espartano

Pido excusas porque retificar é de sabios:
A nova dos benefizos monopolísticos do Grupo catalán Gas Natural de 959 millóns de euros non é de El Mundo 2003 senón de Expansión (27/02/2008).
Esquecía ademais dun asunto moi importante (para min e para tod@s os galeg@s que dependen direita ou indireitamente de Reganosa): Reganosa e a garantía da AUTONOMIA OU INDEPENDENZA enerxética real da Galiza. E si Ferrolterra e a Galiza pode dar traballo de calidade a moit@s galeg@s mediante a produzon e a exportazon de enerxías limpas e sostibeles (eólica, solar, gas natural, etc nada que ver co carbón ou a gran hidraulica) iso e bon para o desenrolo sostivel da Galiza e axuda para que non teñamos que seguir emigrando dunha p... vez.

signatus #13 7/Marzo/2008 signatus

Acabo de descobrir que REGANOSA realmente é um jazigo de Gás Natural. Que errado andava eu, pensando que o gás era traído do Norte de África! Ou o meu erro foi pensar que Galiza nom está no Magreb?

Isso é "autonomia ou independenza" e o demais som "coñas".

Carballo #14 7/Marzo/2008 Carballo

Espartano, ti veña e dálle.
Non contestas a nada do que che digo.
Es unha calamidade.
á, a votar BNGas

¡Viva a Galiza enerxética, pero cheirenta!

espartano #15 7/Marzo/2008 espartano

Gustame mais a palavra xacemento ou xacida.
Os vascos todos (incluido o PNV, incluida Herri Batasuna!!!!) defenderon e defenden a sua pranta de gas de Bilbao (por certo bastante perto de bastantes pobos) como a garantía da súa autonomía e independenza enerxética real. En Portugal non se fiaron dos tubos dos catalans de Enagas que viñan da España e decidiron facer a súa propria pranta de gas en Sines para garantir a súa independenza real (a enerxética).
Os valencians decidiron que non querían depender só dos tubos dos catalans e fixeron a pranta de Sagunto para teren autonomía ou independenza enerxética.
Os belgas fixeron a pranta de Bruxas para defender a sua independenza nacional e non dependeren dos tubos que viñan da Franza ou da Alemaña.
Os holandeses, cansos de dependeren dos tubos dos alemans e dos rusos que lles cortan o suministro en canto queren estan a facer una regasificadora propia.
Os asturianos non queren depender dos galegos e queren a súa propria entrada de gas natural.
Toda está xente non teñen xacementos de gas natural e sin embargo loitan con forza por teren ou manter a sua PROPRIA PRANTA DE REGASIFICACION.

Como todos non son tontos, algunhas fortes razons haverá e son:
-A pranta regasifiacdora permiteche comprar gas natural en TODO O MUNDO: Magreb, Nixeria, Caribe, Noruega, Australia, Indonesia, Oriente Medio, etc. Podes decidir TI MESMO (e lembroche que no consello de Reganosa esta a Xunta da Galiza) canto gas queres, de onde o queres trazer e a que prezo. Istas decisions, pola natureza da enerxia de custo base da estrutura economica, afetan a toda a economía galega.
-Co tubo só estas f... Tes que aceptar o gas que che mandan os propietarios do tubo (os catalans de Enagas)cando e como queiran. Podes acabar axiña de xeonllos diante dos proprietarios dos tubos pedindolles o gas natural como lles pasou aos ucranianos e aos polacos hai unhas semans
-A importancia da enerxía como input fundamental da estrutura enerxetica de un pais fixo que todos os partidos catalans decidiran no pacto do Tinell (coa excepzon do PP) que querían ter empresas catalanas tomando as decisions enerxeticas claves para Cataluña. E o conseguiron: Enagas, Gas Natural e Repsol estan controladas por catalans.
-As renovabeis estan ben e dannos autonomia ou independenza enerxetica pero son caras e só funcionan cando fuxa o vento, chove ou fai sol (non sempre).
-As alternativas para a enerxia de base HOXE son: carbon, nuclear, fuel ou gas natural. A unica eficiente, limpa e sostivel e o gas natural elexido por todo o mundo civilizado.
-Se o que queres e autonomía ou independenza para tocar a gaita ou comer empanada mentres a tua economia depende das decisions clave que tomen os catalans, boa autonomía ou independenza tes: o que eres e unha colonia ou un protetorado, compañeiro, e eu non quero iso para Galiza. A ti o millor gustache que os catalans ou os madrileños che digan o que tes que facer, pero a min e a moitos galegos NON.

Carballo #16 7/Marzo/2008 Carballo

Espartano, eu non sabía a mala xente que eran os cataláns. De verdade.
Eu sabía o dos comunistas, da trilateral, da conexión xudeo-masónica, da Falanxe Tradicionalista e das JONS, a triplo AAA, recentemente saíron á luz os islámicos radicais, etc. pero dos cataláns soamente sabía o do IVE, pero que quixesen fod.. aos portugueses, valencianos, galegos, etc. honradamente, non o sabía.
De paso que xa estou na faena de contestarche,
¿Non serías ti un dos nacionalistas que creu que o GNL podíase beber? Se que un foi Paco Rodriguez e un sindicalista das Pontes. ¿estabas ti no grupo da proxección do vídeo que facilitou Reganosa?

signatus #17 7/Marzo/2008 signatus

Espartano, ti sabes quem som os accionistas de REGANOSA? Sabes que entre eles estám:
- Endesa (supergalegadetodalavida)
- Gasifica (Union Fenosa+Eni as duas tamém galegas como bem sabes, e sem intereses no gás de Egipto nem na terminal de GNL de Sagunto, por suposto)
- Sonatrach (grupo empresarial propriedade de Algéria e que nom tem nada a ver co gás magrebi)

Sabes que entre estes três tenhem o 52% de REGANOSA? "Autonomía e independenza", si señor!

espartano #18 7/Marzo/2008 espartano

¿E ti non sabes que a Xunta ten "aczon de ouro" en Reganosa? Iso quere dizer que a Xunta pode VETAR calquera decision de Reganosa que lle pareza convinte, mesmo co un por cento das aczons.Para que o entendas hasta ti: a Xunta ten a derradeira palavra en Reganosa, e a Xunta, por si ainda non enterache, E O NOSSO GOVERNO DEMOCRATICAMENTE ELEXIDO!!!

A xunta fai mais ou menos o mesmo que o governo vasco na pranta de Bilbao ou o governo catalán (a través da Caixa catalana) nas decisions de Repsol, Enagas e Gas Natural.

Os catalans non son malos, sonche moi listos, e teñen crarisimo o que queren e conseguirono!! Que na España, todas as decisions importantes do petroleo e o gas natural as tomen eles, pensado nos SEUS INTERESES e non nos intereses da Galiza precisamente (que son os meus, os teus intereses todo o mundo os ve).

O que hay que facer compañeiro e ollar para os catalans e aprender de eles, ver o que fan, ver como defenden todos xuntos os seus interesses de acordo coas suas caixas de aforros, entidades financeiras, sindicatos e empresarios.

O que hay que facer e aprender do seu patriotismo civil e aplicalo a Galiza. Iso e exatamente Reganosa dende o principio. Un intento galego de teren as nossas empresas enerxeticas de futuro na nossa terra. Reganosa foi por iso apoyada dende o principio por os sindicatos maioritarios da Galiza, polos empresarios e polos partidos politicos galegos (IU e unha anedota asturianista que defende a pranta de gas ... en Xixón).

O que non hay que facer e facerlles caso aos catalans cando che din que fagas o contrario do que lle interessa a Galiza (e que e o que lles interessa a eles). O que non hay que facer e colavorar cun "comite cidadan" que non fixo mais que colaborar con Llamazares e a sua pranta de Xixón e contra o BNG e cuxo presidente de Honra e o sogro do presidente de Enagas e cuxa avogada xefa e a cuñada do presidente de Enagas, manda ca... co "comite"!!!
Ise mesmo comite que cando hay unha explosion nun gasoduto de Enagas ou na refineria de Repsol da Coruña ataca a ... Reganosa!!!
Ise mesmo comite que berra contra Reganosa andando por cima dos gasodutos de Enagas e que esquece que no porto da Coruña tamen entran gaseiros peores ca os da Reganosa!!

O comite que parece que ten prohibido falar mal de Enagas e dos catalans pero pon podre ao 95 por cento dos galegos de Mugardos e Galiza que están de acordo con Reganosa e non con eles.
Vou parar pero podería seguir.

signatus #19 7/Marzo/2008 signatus

Aburres a um santo, machinho.

Se tanto che preocupam os gasodutos de Ferrol manifesta-te contra eles.

REGANOSA é tam estratégica e tam todo o que queras onde está que noutro lugar, e esse lugar nom é o mais ajeitado na opiniom dumhas quantas pessoas, e nom poucas, umhas estám no Comitê e outras nom.

E nom me venhas agora co do Porto Exterior, porque houvo quem o rejeitamos no seu dia (o de Ferrol e o da Corunha) igual que hoje rejeitamos a regassificadora.

espartano #20 7/Marzo/2008 espartano

Iso e que quererían alguns, que os galegos coma sempre estiveramos ainda pelexando entre nos e discutindo onde por a prante de gas.
O que si me gusta e que aceites xa que o porto "exterior" de dentro da ría do Ferrol non e a alternativa nin o foi nunca, sinon unha grande burrada ecolóxica.

O sitio perfeito non esiste e eu o que prefiro e ter a Reganosa traballando e creando emprego estavel nun sitio que e legal e aceitabel e que cumpre toda a normativa(ainda que non sexa perfeito) a non tela e estar ainda discutindo onde poñela.

Para as duas mil pessoas que traballaron na construzon durante mais de tres anos e para os oitocentos ou mais galegos-as cuxos salarios dependen de Reganosa a cuestion ten unha grandisima importanza que algun dia distos aceitaredes si e que Galiza e os seus postos de traballo e o seu desenrolo sostivel vos importa.

E lembro mais unha vez que o impato ambiental de Reganosa e praticamente CERO (non ten ruidos, non ten olores, non ten fumes, non ten residuos e non ten verquidos)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: