ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Que prohiban misas", ironiza a Marcha Mundial

Defender a muller ten "incidencia política"?

A Marcha Mundial das Mulleres recorrerá a prohibición de concentracións para este sábado, promovida desde a Xunta Electoral pola suposta "incidencia política" na xornada de reflexión.

Redacción / EP - 09:00 06/03/2008

A resolución emitida pola subdelegación do goberno español na provincia de Pontevedra, instada pola Xunta Electoral Provincial, baséase nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid sobre un caso "idéntico", segundo a cal "historicamente as concepcións feministas foron abandeiradas por opcións políticas concretas". No entanto, admite que "aínda que a manifestación non ten finalidade electoral, considera que a barreira entre o político e o social é moi tenue".

Con esa argumentación, a subdelegación do goberno español paraliza as actividades que considera que poden influír na "neutralidade" ás portas do día da votación nas eleccións xerais, no chamado "día de reflexión". Ao respecto, expoñen tamén que "non todos os partidos políticos comparten os mesmos postulados respecto ás reivindicacións da muller".

"Que prohiban tamén as misas"
A Marcha Mundial das Mulleres presentará recurso contencioso administrativo contra esa prohibición para a celebración de concentracións reivindicativas no Día Internacional da Muller, o próximo 8 de marzo. A voceira do colectivo en Pontevedra, Pilar Álvarez, falou este mércores do "cabreo" da organización ante unha decisión que cualifican de "inxustiza".

Ao respecto da argumentación realizada pola xunta electoral, Álvarez considera que esa mesma reflexión podería aplicarse para "prohibir as misas", e recordou que "o episcopado leva máis de seis meses en campaña electoral, pedindo o voto explicitamente para unha determinada opción política". Ademais, lembran desde a Marcha Mundial que o executivo non prohibiu actos institucionais similares, convocados por concellos e deputacións.


5/5 (8 votos)


Comentarios (9)

rosinha #1 6/Marzo/2008 rosinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E isto pasaría se o dia en cuestión fose o primeiro de maio?

Seguimos infravaloradas ate para esto...

Telleiro #2 6/Marzo/2008 Telleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Haberá que concentrarse igualmente,digo eu.O subdelegado que meta as prohibicións onde lle pete.O día da muller paréceme moito máis trascendente que as eleccións de España,que para o que nos van valer...ademais,non creo que teñan a cachaza de disolver unha concentración feminista,estaría moi mal visto...unha cousa é mallar en independentistas radicais e outra en feministas...a percepción social sería outra,paréceme.

Ala,espero que finalmente se convoque a concentración sen permiso.Nese caso que conten comigo.Por certo,onde e a que hora?

ecoe #3 6/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E non só misas.

Tamén os NODOtelediarios, tan caros ó TRATO "democrático" dos asuntos públicos, que durante 24 horas ó día TODO o ano, mais tamén neses días (tamén no das votacións) fan propaganda dos partidos do staff: PPpsoe e residualmente, aquí ata bng ou mesmo os eu únicos de IU, supoño qsue PNV en EuskalHerria, etc.

E sen esquecerse dos NODOxornais, todos convenientemente alineados e marcando o paso dos pes altos.

ecoe #4 6/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Disimulen: NODO= noticieiro das actividades franquistas

carlosroca #5 6/Marzo/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lamentábel decisión de tempos de fraga...
Primeiro laminan o 8 de marzo facéndoo coincidir coa campaña e co día de reflexión, e para rematar PROHIBEN unha manifestación que non será ningunha expresión partidaria.
Esta é a sensibilidade feminista do PSOE? non van dicir nada as mulleres deste partido?, van calar como na lei de prazos?....témome que si.

sanquera #6 6/Marzo/2008 sanquera
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Haberá que prohibir as misas do domingo pois dende os pulpitos se vai propor o voto ó PP

fervenza #7 6/Marzo/2008 fervenza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois haberá que ir de tódolos xeitos.

Tavia #8 6/Marzo/2008 Tavia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Viva o dia internacional das mulheres!!!
Morram os inquisidores patriarcais espanhois!!!

ulo #9 7/Marzo/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eso, morran os inquisidores patriarcias, os españois e os que non son españois, ou sexa, galegos, franceses, ianquis ou o do país que sexan. Non vaia ser que sustituan uns por outros.
Mais o problema é moito máis grave, o ataque as liberdades é de conxunto. Imputan a dirixentes sindicais da folga do metal de Pontevedra, multan organizacions soberanistas, chaman a TOP/Audiencia Nacional a xovenes da esquerda soberanista, ilegalizan organizacions a esgallo, e impiden que centos de miles de vascos podan expresar a súa opcion politica, meten na prison a dirixentes dos estaleiros de Xixon, manteñen na prision a tres membros dunha asociacion de Veciños de Compostela, pechan fundacions e periodicos vascos, reprimen aos traballadores de Transportes de Barcelona en folga, cargan contra manifestacions en defensa do idioma, secuestran revistas por "ironizar" sobre o "principe", .....
E todo o fai o mesmo goberno e o mesmo rexime, o que aplica a lei salica, impondo polo seu sexo ao herdeiro a coroa. Cando deixaremos de ver só o noso curruncho social, e faremos boa a vella maxima "da unidade fai a forza".
Unidade pola defensa das liberdades, das mulleres, dos traballadores, dos xovenes e dos pobos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: