Os produtores, que protestaban pola baixada de prezos do leite, romperon o cordón policial e ocuparon as naves.
As mobilizacións dos produtores de leite galego comezaron este xoves en Nadela(Lugo). Máis de 1.500 gandeiros procedentes de diferentes puntos do país concentráronse dende primeira hora da mañá diante da fábrica de Puleva convocados por UU.AA, SLG e XX.AA. Logo de cortar o tráfico, unha boa parte dos gandeiros racharon a liña de seguridade establecida pola empresa e pola policía e entraron no interior das naves.
Segundo lle acaban de confirmar varios manifestantes a este xornal, algúns dos participantes na protesta tiraron ao chan caixas de leite. Pouco despois das 14 horas abandonaron as instalacións. Puleva é unha das empresas que decidiu baixar o prezo do leite na factura do pasado mes de febreiro. Os sindicatos aseguran que algunhas centrais leiteiras están especulando a conta dos produtores e anunciaron que están preparados para máis protestas nos vindeiros días.
A patronal dos Xovenes Agricultores agora tamen se apunta ás protestas?
Como mudaron as cousas, mesmo eles son mais libres!!!!
Talvez, se os gadeiros produtores de leite se organizassem e montassem umha cooperativa forte para a embalagem e distribuiçom de produtos lácteos, o conto seria outro bem diferente. O sector lácteo galego segue a ser mui potente e teriam a capacidade de regular o preço do leite no estado além de umha maior capacidade para reclamar cota. A Junta poderia impulsar umha iniciativa deste tipo. A embalagem de leite é a parte mais fácil e rendível de todo o processo e está em mãos de empressas estrangeiras. Isto nom pode ser, as fábricas de leite som minas de ouro. Os gadeiros devem se concienciar de que a sua postura deve ser determinante em todas as fases da produçom se querem que o seu negócio funcione bem e nom agir unicamente quando as agressões aos seus interesses som tam escandalosas.
Que cara maís dura teñen estes fulanos. Que carallo se creen? Que teñen a obriga de comprarlles o leite a un determinando prezo?
A ver si imos ter que ir os cidadáns a meternos nas suas explotacións pola forza.
Encima de que lles teñen subido o leite o ano pasado sobre un 30% en orixe, encima de que están protexidos pola UE, protección que pagamos todos tendo un litro de leite maís caro que un de gasolina, hai que aguantar que sigan protestando.
Fora as cuotas, adiante o libre mercado no sector do leite.
Se consideran que malvenden o leite que monten unha cooperativa e que se lucren. Xa se viu a viabilidade de Feiraco
Mr_boveda, isso que dizes é o mesmo que aceitar que o preço de um televisor ou um computador seja marcado por quem o embala e nom por quem o fabrica. Nom tem jeito nengúm.
Além disso, se os gadeiros decidissem nom vender o leite assim de repente, as consequências seriam desastrosas tanto para as factorias como para eles próprios.
Quen pode soster unha explotación se baixan o prezo do leite co caro que están os cereais e o penso para os animais???
O prezo do gasóleo esta subindo continuamente,o prezo dos abonos outro tanto do mesmo.Que pasa con isto???Por que non baixan entón tamén o prezo destes productos?
AVISO A TODOS OS PRESIDENTES DE MESA ELECTORAL:
Os do PP, cando hai votacións mandan aos q fan 18 anos nese ano ao Concello para pedir certificados de maioria de idade.
Polo q moitos levan ese certificado pero AINDA NON TEÑEN OS 18 ANOS O DIA DA VOTACIÓN.
O PP tranpulleiro, coma sempre, intentando saltarse as normas.
Fai q rule!