O equipo de goberno permanece reunido na casa consistorial tras o atentado contra o ex concelleiro do PSE, Isaías Carrasco, morto tras ser tiroteado.
O equipo de goberno do Concello de Arrasate (Gipuzkoa, Euskadi), pertencente á formación política ANV, reuniuse na casa consistorial para analizar a situación creada tras o atentado contra Isaías Carrasco, segundo fontes do Consistorio.
Tras a xuntanza, a alcaldesa Inocencia Galparsoro Markaide desprazouse, acompañada por outros tres concelleiros de ANV, ao hospital onde foi ingresado moribundo Carrasco e posteriormente, finou.
Ademais, Galparsoro convocou para as 18.00 horas a Xunta municipal de Portavoces.
O seguinte paso é unha condena firme e sincera do asasinato. Só así un pode pensar que existe algo de humanidade no mundo radical basco. ETA mata a un cobrador de autoestradas no nome da independencia de Euskalherria, o oprimido pobo basco líbrase un chisco da gran opresión. Na verdade que pensa esta xentalla nestes momentos; haberá collóns para desmarcarse da mafia que lles atenaza. En fin, as miñas condolencias á familia deste traballador e ao sofrido pobo basco.