Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Queren impedir que volva expoñer

Medra o boicot na rede a un artista que deixou morrer un can de fame

O costarricense Guillermo Vargas Habacuc colleu un can da rúa e atouno nunha súa mostra, sen lle dar alimento ou auga até que finou.

Redacción - 09:53 08/03/2008
Imaxes da agonía do can

Imaxes da agonía do can

Circulan pola rede dende hai días as imaxes do can, que foi atopado na rúa por Guillermo Vargas Habacuc, un autodenominado artista de Costa Rica, que o prendeu nunha súa exposición, privándoo de auga e de comida, para que os visitantes o visen morrer de fame.

Ademais, Vargas Habacuc pintou, empregando comida de can e na parede de en fronte do animal, a frase "es o que les". Durante días o can moi morrendo lentamente de fame e de sede ante a atenta mirada do autor e dos visitantes da galería, que presenciaron impasíbeis a agonía do animal.

Máis de 60 mil sinaturas recollidas
Todo isto aconteceu o ano pasado, na Bienal Centroamericana, mais agora Vargas Habacuc quere repetir a súa montaxe, convidado polos organizadores da mesma mostra.

O costarricense segue mantendo que se trata só de "unha expresión artística", mais non opinan o mesmo as máis de 60 mil persoas que asinaron o manifesto on line promovido por unha campaña internacional que pretende que non se repita a cruel "obra" de Guillermo Vargas Habacuc.


5/5 (10 votos)


Comentarios (13)

Sabrexo #1 8/Marzo/2008 Sabrexo

Isto debe ser unha broma do "artista", non pode ser verdade.

mau #2 8/Marzo/2008 mau

#1 espero bem que sim. Ocorrem-se-me 1000 formas de torturar a esse cabrão.

Majorinus #3 8/Marzo/2008 Majorinus

O interessante é o que diz o tipo aqui:

http://minhanoticia.ig.com.br/...

Observe-se a justificação que dá o tipo: «O que me importa é a hipocrisia das pessoas. Um animal assim vira o centro das atenções quando está em um local onde as pessoas querem ver arte, mas ninguém ligaria se ele estivesse passando fome nas ruas.»

Observe-se a argumentação tão «super-progre» com que se defende o «artista». Denunciar a hipocrisia da sociedade, a sua insolidariedade ante o sofrimento; uuaaaaauuuu. Não parece significativo? Já há um tempo que venho tendo a intuição de que, após Foucault, determinados elementos do discurso progre vinham servindo como justificativa para o egoísmo mais besta (valor por antonomásia da direita); e aqui vemos isso na sua expressão mais clara e repulsiva; até servem para justificar a psicopatia.

A mim também se me ocorre uma obra artística de denúncia social. Penso que devíamos promover uma a exposição duma obra de arte colectiva, que consistisse na amputação dos pés de Guillermo Vargas Habacuc, e depois em deixá-lo pinchado dum pau até que agonizasse; enquanto uma câmara grava o evento. A obra serviria para denunciar a hipocrisia da sociedade, que observa através dos meios de comunicação a morte e as injustiças do mundo sem envolver-se na solução dos seus problemas, ou por que não, para denunciar a violência em geral (desta forma seria uma obra artística, digamos, «macro-conceptual»).

Que alguém lho proponha ao artista, a ver que opina.

guardamar #4 8/Marzo/2008 guardamar

menudo fillo de puta. Eu xa firmei hai un mes.

fuco #5 9/Marzo/2008 fuco

¿E qué dicir da xente que visitou a mostra e non fixo nada polo can? ¿Non son eles tan culpabeis coma o autor da obra? Vivimos nun mundo cheo de hipocrésia, onde o doado é mirar pra outro lado ante as incomodidades.

Barcelos #6 9/Marzo/2008 Barcelos

O artista deixou morrer ao can. Todo un artista. Podémoslle chamar de todo menos "hijo de perra".

E os donos do local? Pensarían que as obras non se poden tocar? nin alimentar? Si fose unha planta seguro que lle botarían auga antes de pechar o local pola noite.

E os visitantes? Pensarían que era unha broma?

Eu creo que este artista merece unha condecoración. Deberíanlla de cravar no peito.

pampeiro #7 9/Marzo/2008 pampeiro

Este fillo de puta pendurado cunha corda ó pezcoso faría unha moi bonita obra de arte.Non ?

BonKarallan #8 9/Marzo/2008 BonKarallan

Eu coido que este gran artista debe de repetir a montaxe co mesmo can en Galiza.

Se pode, é que era un gran montaxe.

Se non pode, substitúeo el e pintámoslle na parede unha boa ración de polbo á feira e unha suculenta laconada cunha cervexa espumosa Estrela de Galiza e rirémonos vendo a expresión artística da súa cara famenta e sedenta.

Es un fenómeno Guillerme Bar-gas Fabacuco. A túa obra é de morte.

xaviersouto #9 9/Marzo/2008 xaviersouto

Este filho-de-puta deveria ganhar o nobel na categoria máxima, nom é?
http://www.insurgente...

Vanesinha #10 10/Marzo/2008 Vanesinha

Eu non podo crelo.Teñen + culpa os que foron á exposición e non fixeron nada.Non debían ter sangue!

COUTOVEN #11 10/Marzo/2008 COUTOVEN

Realmente desexo pensar que non é certo ou que é unha broma moi cruel.

Se foi verdade. É facer a máxima apoloxía dos malos tratos a un animal que sempre estivo á beira do home nos momentos máis difíciles da historia, cunha fidelidade universalmente recoñecida.

Tanto é así. Que ao insultar a alguén dicíndolle “es un can” Tería que ser considerado máis un eloxio que enxalzase a fidelidade e a amizade incondicional.

Ojala non sexa certo. Xa que empezaría a crer o devandito que di: “Mentres máis coñezo ao home. Mais quero ao meu can”

Barcelos #12 11/Marzo/2008 Barcelos

Os organizadores desta mostra son uns traficantes de asasinos e deberían ir ao cárcere co matacans.

A crueldade debe estar perseguida. E unhas persoas que manifestan unha crueldade extrema, como este monstro e mais o que presume de matar gatos, non poden estar en liberdade.

O público debería revelarse e dar para comer ao animal, liberalo e pór no seu lugar á besta.

Inxel #13 11/Marzo/2008 Inxel

Fico estarrecido ante ese acto de barbarie. É posíbel tal dexeneración nun ser humano? Non! Digo mal. Humano ese cínico, ese "inser", ese saurio, ese verdugo desalmado? E ten o descaro de chamar "arte" ese espectáculo arrepiante... Será fillo de seres humanos? Artista da morte, artista da agonía, artista da dor... Non é máis que un vómito de Satanás, unha aberración límite. Todo o infra-humano borbota no seu cerebro e na caldeira podre do seu peito. Habacuc asasino!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: