O IES San Clemente cambiarase a OpenOffice.org. Porén, manterá por un tempo a base de datos MS Access.
Entrada do IES San Clemente
O departamento de Informática do IES San Clemente, en Santiago de Compostela, decidiu pasarse ao software de código aberto. Así, para o vindeiro curso ten prevista a migración completa dende o paquete ofimático Microsoft Office cara ao libre OpenOffice.org, segundo informa na súa páxina web.
Porén, seguirán a manter un programa propietario durante un tempo: a base de dados Microsoft Access. O resto dos programas de oficina da empresa estadounidense deixarán de instalarse nos computadores.
Las acciones de Microsoft están tambaleándose por esto...
¿Pero es que no hay noticias de mayor relevancia en Galicia aunque sea para un público nacionalista? ¿O acaso esta es la noticia del becario?
Joder Gaviotero, cal é o problema coa noticia? Seguramente si que haxa outros acontecementos de maior relevancia, pero haberá que falar un pouco de todo, non? Que mal che fai que se informe de que un instituto de ensinaza de informática mude as súas aplicacións de pago para outras de código aberto e gratuitas? Acaso tes accións de Microsoft ou traballas para eles?
A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
Pareceme unha boa idea que se adopten este tipo de medidas, e en vez de gastar os cartos en licencias que os gasten en outras cousas útiles. Por que pagar por un porducto tendo outro similar ou mellor gratuito??.
Da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajooy...
CuÑÑÑaoo!!!! Que parelha :-)
Eu creo que Vieiros debía dicir a quen se lle borrou o comentario e enviarlle un e-mail ao interesado explicándolle os motivos.
Non deixa de ser un criterio moi subxectivo o que é un insulto e o que non o é. Eu considérome insultado polo elemento #1 varias veces e el considérase insultado practicamente por todos, ata polas noticias mesmas que publica Vieiros.
Unha pena non saber que foi eliminado e a quen.