Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO PARLAMENTO

Unha comisión investigará se a Xunta pagou axentes electorais

O Parlamento vai estudar se a Secretaría Xeral de Emigración destinou cartos á campaña do PSdeG en Arxentina.

Redacción / EP - 12:14 11/03/2008

O PSdeG apoiará a creación dunha comisión parlamentaria para investigar se a Xunta pagou a viaxe a Arxentina dunha axente electoral dos socialistas. Dende as filas nacionalistas aseguran que traballaron para posibilitar a comisión: "queremos que se investigue a actividade da axente electoral do PSOE e dos seus precedentes, porque hai motivos". Dende o Bloque lembran que son a única formación que non aparece implicada en irregularidades co sufraxio exterior.

Logo de que o PPdeG fixese pública a denuncia, Touriño anunciou que abría unha investigación interrna para aclarar se a Secretaría Xeral de Emigración destinou fondos para facer campaña nas pasadas municipais. A Consellaría de Presidencia foi o departamento encargado de estudar o caso.

Pola súa parte, a deputada socialista Marisol Soneira, responsábel de Emigración do PSdeG, denunciou no xulgado á suposta axente electoral, María Isabel Blanco, que recoñeceu publicamente que a parlamentaria lle facilitara un billete de avión pagado con fondos públicos.

Esta será a terceira comisión de investigación que se constitúe no Parlamento no que vai de lexisltura. Anteriormente, os deputados analizaron as deficiencias na autovía do Salnés e a Cidade da Cultura.


0/5 (0 votos)

Comentarios (3)

Barbara #1 12/Marzo/2008 Barbara

Que no Parlamento se investigue está ben pero que agora veña o PP a falar de irregularidades é de risa. Durante máis de 15 anos o PP mercou votos por aquí e por acolá (utilizando sempre fondos públicos claro está)e infrinxiu ducias de veces a lei electoral (fixo propaganda antes de abrirse oficialmente a campaña). Entón o grave é un billete de 1000 € e non é nada que 30000 € da Deputación de Pontevedra vaian a México para mercar votos. A famosa axente electoral (case parece unha nova Mata Hari)é unha pobre desgraciada que ao quedarse sen emprego decide entregar información ao PP para que eles lle paguen cun traballo. O seu proceder califícase por si mesmo.

CGB #2 12/Marzo/2008 CGB

Mentras non se reforme a LOREG (actual lei electoral) o voto dos emigrantes seguirá sendo mercadoría (barata por outra parte)e o caso da presunta axente electoral é un caso máis dos centos ocorridos desde que os emigrantes comezaron a votar desde o exterior.O que non parece moi serio é que o Parlamento poida reunirse para un caso e non para debater en profundidade a reforma da lei que impide votar aos galegos de Cataluña e sen embargo permite que un neto da emigración que non coñece Galicia poida votar no concello do avó. Agora o PP ten interese en "queimar" a Marisol Soneira e pide unha comisión pero durante as tres lexislaturas anteriores non houbo posibilidade de investigar ningunha das múltiples denuncias contra os "trapicheos" feitos por alcaldes e recadores pagados polo PP. A tal señora Blanco foi subida ao carro do PP polo actual alcalde de Vimianzo que aínda que é do PSOE non quere un pacto co BNG senón co PP. Así o dixo unha e outra vez. Os dirixentes do PSOE prefiren un pacto co BNG (que é o lóxico)e entre eles destacou Marisol Soneira que non quere que o PSOE de Vimianzo desapareza engulido pola voracidade abducidora da concelleira Borbujo. No medio desta movida aparece a retornada Blanco a meterse na boca da lobo (perdón,da loba). Por certo que dos emigrantes só se preocupa o deputado Aymerich que fala do fondo do asunto (este caso é unha anécdota máis)a resolver. ¿é xusto que Galicia perda un representante en Madrid polo descenso poboacional cando ten máis de 300.000 votantes no exterior sen contabilizar?

AURINEGRO #3 12/Marzo/2008 AURINEGRO

Seguimos coa trapallada do voto emigrante e non hai maneira de arranxar o tema. Os emigrantes cada vez máis desprexados e esquecidos e nós aquí no Parlamento de Galicia cunha comisión para investigar se M.I.B.viaxou cun billete pagado pola Xunta. Por favor...todos sabemos que sen o voto en urna seguirá habendo euros para ir recoller sobres polos fogares emigrantes. Se preguntades en Vimianzo pola señora M.I.B. todos coincidirán en dicir que é unha aproveitada. Sempre detrás de alguén con poder fose Xan en Fisterra, Alejandro en Vimianzo ou Félix en Muxía. Cando a teta do PSOE deixou de alimentala foi buscar sustento no PP por medio dunha recomendación do líder de Terra Galega en Fisterra. Hai xente en Sardiñeiro que pode confirmar que M.I.B. estivo moitas veces no local de Terra Galega sempre na compaña do líder local.Unha pena que xente sen escrúpulos deixe mal aos milleiros de emigrantes que traballan con honradez lonxe de Galicia.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: