Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mestura de criterios políticos e xudiciais

Democratizaría a vida xudicial a desaparición da "Audiencia Nacional"?

A esta pregunta responde afirmativamente August Gil Matamala, ex presidente da Asociación de Avogados Demócratas Europeos.

Redacción - 17:25 11/03/2008

Ao tempo que critica que a Audiencia Nacional ofrecese exemplos claros da "aplicación de criterios políticos por enriba dos xurídicos" e fixese así de "axente político directo", August Gil Matamala, ex presidente da Asociación de Avogados Demócratas Europeos, opina que "a desaparición" da Audiencia Nacional "é urxente e necesaria para unha democratización real da vida xudicial".

Gil Matamala reflexiona deste xeito durante unha interesante entrevista concedida a Diagonal. Matamala, quen foi fundador da Comissió de Defensa dels Drets de la Persona do Col·legi d'Advocats de Barcelona, é tamén ex presidente da Asociación de Abogados Demócratas Europeos (AED), e participou na Iniciativa de Observación Internacional no macrosumario 18/98+ contra, entre outras, diversas entidades relacionadas coa esquerda abertzale. Esta comisión, advertiu de que a condena a medio cento de persoas a máis de 500 anos de cárcere por delitos de terrorismo débese "a unha mala instrución" do proceso.

Presión mediática ao servizo dos excesos de Garzón
Segundo o relato de August Gil Matamala, un reprochábel punto de inflexión prodúcese polo acoso a dous maxistrados que subliñaran a febleza das argumentacións deseñadas polo xuíz Baltasar Garzón. Ao respecto das acusacións manexadas por este xuíz, os seus compañeiros consideraban por exemplo que non había fundamento para identificar á empresa editora do xornal Egin coa ETA, nin tampouco delito ningún nas actividades do colectivo Xaki, tales como criticar o propio sistema legal estatal ou traballar a prol do recoñecemento internacional do dereito de autodeterminación. Ao respecto, desde o colectivo Ceivar consideran que as reflexións de Matamala son de interese tamén ao respecto da belixerancia sobre o independentismo galego.


4,91/5 (11 votos)


Comentarios (6)

ecoe #1 11/Marzo/2008 ecoe

Estas minorías de abogados asociados dan certo ton no eido dos Dereitos Humanos, pois as institucións e os seus profisionais do ámbito (xuízes. maxistrados, colexios, asociacións profisionais...) dan puritiña peniña.

Mais, no Colexio de Barçelona cambea a cousa, pois nas suas actividades programan Congresos ata contra a Tortura, que son ben exemprares nos tempos do €$tado €$pañol, como de todos é ben sabido e ocultado.

Son un aire de sanidade mental e unha denuncia contra tais abusos (e a parte que nos toca do exercicio da mesma na GZ)

piorno #2 11/Marzo/2008 piorno

A Audiência Nacional espanhola é um tribunal de excepçom, herdeiro directo do franquista Tribunal de Ordem Pública, sem qualquer paralelo na Europa ocidental. Muitas das suas sentenças som mais políticas do que outra cousa e dirigem-se à repressom das ideias que nom concordarem com a «sagrada unidade da pátria». Da espanhola, claro.

xoca #3 12/Marzo/2008 xoca

Desde logo que a Audiéncia Nacional recorda o TOP do franquismo

summertime #4 12/Marzo/2008 summertime

En principio, e ainda que recoñezo a miña ignorancia nalgunhas das cuestións plantexadas no artigo, non estou dacordo coas comparacións entre a Audiencia Nacional e o franquismo e tampouco vexo unha alternativa viábel á súa desaparición. Delictos como os de terrorismo, polos que a Audiencia é máis coñecida, ten sentido que sexan xulgados cun criterio excepcional pola presión que os xuices e maxistrados sufrirían de celebrárense estes xuizos, por exemplo en Euskadi (no relativo a ETA. O que sí non é unha novidade son as críticas ao xuiz Garzón, en concreto polas instruccións que leva a cabo nos procesos nos que intervén. Aquí en Galicia, por poñer un exemplo, a instrucción no seu día do asunto do "Clan dos Charlines" foi moi criticada por defectuosa, e tampouco parece unha tolemia pensar que Garzón actúa con frecuencia movido por razóns de oportunidade política ou de lucimento persoal.

ecoe #5 12/Marzo/2008 ecoe

e o resto das estrelas? Murilla, LaKaska...?

Cómo se accede ó belén?

AGIL #6 12/Marzo/2008 AGIL

Summertime, pensa bem o que dizes e, se puderes, abandona por um momento a pressão (ou é prisão?) mediática.
Dizes: «Delictos como os de terrorismo, polos que a Audiencia é máis coñecida, ten sentido que sexan xulgados cun criterio excepcional pola presión que os xuices e maxistrados sufrirían de celebrárense estes xuizos, por exemplo en Euskadi (no relativo a ETA.»
Se admites (junto com todos os membros de partidos políticos constitucionalistas, que se dizem) isso do "criterio excepcional", estás a admitir que no reino bourbónico há presos políticos ou, se preferes, delinquentes que são tratados com maneiras politicamente especiais, desde as detenções (com frequentes parafernálias mediáticas por meio) até às condenas (também particularmente graves, quer dizer, especiais) passando pela incomunicação sem controle nem judicial nem letrado.

Tudo isso, contra o que declaram as nossas autoridades competentes, está a evidenciar que os terroristas não são delinquentes comuns, mas delinquentes políticos, que, condenados, se tornam de facto em presos políticos.

E por que os terroristas são tratados de maneira especial? Justamente porque invadem as competências do estado, cuja legitimidade radica em poder exercer a violência -institucional- em exclusivo.

Esqueci um "pormenor" curioso ou paradoxal: Os condenados por delito de terrorismo devem cumprir as suas condenas, na maioria dos casos, em cárceres bam afastados de Euskal Herria, quando a legalidade espaÑola ordena que se cumpram em cárceres próximos da família, justamente para facilitar a sua "reinserción". Quer dizer, são condenados os terroristas com penas especiais, mas também as famílias... Será que neste reino está vigente a lei do talião? Não só olho por olho e dente por dente, mas até a terceira e quarta geranão...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: