Os tres grupos parlamentarios vanse repartir os "senadores por designación autonómica".
A maioría de socialistas e nacionalistas no Parlamento serviu este mércores para estabelecer que cada un dos tres grupos con representación, PPdeG, PSdeG e BNG, vaia poder designar un senador. A decisión non foi ben recibida polo PPdeG, desde onde consideran que se "racha o consenso" e denuncian que se utiliza un sistema distinto ao dos últimos 25 anos. Teiman os populares en que co procedemento habitual, o PPdeG elixiría dous senadores, quedando o PSdeG co terceiro e o BNG sen representación.
O voceiro do PpdeG, Manuel Ruíz Rivas, insistiu en que desde 1986 se viña tomando como referencia a Lei D´Hont e recordou que á volta dos comicios de 2004, dos tres asentos extra no Senado, dous foran para a forza máis votada nas eleccións galegas e un terceiro para a segunda forza en votos, que en 2001 foi o BNG.
Antes do luns vanse coñecer os candidatos
Amparados no informe dos servizos xurídicos do Parlamento, socialistas e nacionalistas retrucáronlle ao PP que daquela se valeu da súa maioría absoluta para impoñer a aplicación da Lei D'Hont no canto da regra de proporcionalidade. O voceiro do Bloque, Carlos Aymerich, subliñou que o Tribunal Constitucional avala o sistema agora escollido porque responde a "criterios de proporcionalidade" e permite "maior pluralidade" na representación na Cámara baixa.
Tanto Aymerich coma o voceiro do PSdeG, Ismael Rego, coincidiron en avaliar que o patexe dos populares ten que ver cos problemas internos que terían para escoller senador e a súa intención de resolvelo pedindo un asento extra.
En calquera caso, os tres grupos teñen de prazo até o luns próximo para presentaren as candidaturas correspondentes. A designación oficial dos tres representantes terá lugar o día 25, no último pleno do mes, para que o 1 de abril, cando se constitúe o Senado, xa poidan tomar posesión.
A ver a qun se carga o PP: a Fraga ou a Xaime Cabezas. Máis problemas para os nosos amigos e amigas do PP.
Esto es falsear la democracia. Propio de políticos bananeros que tienen como modelo dictaduras como la castrista.
crua, crua, crua.
Qué ten que ver un sistema político plural cunha dictadura?
Pode que non te enteraras, pero volvestes a perder as eleccións. Será iso, estabades afeitos a facer o que vos salía do carallo e agora... a foderse e a esperar.
Da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajooy...
CuÑÑÑaoo!!!! Que parelha :-)