O alcalde de Pontevedra apoia os veciños do barrio. Por outra banda, o rexedor da Coruña dixo que as familias de Penamoa non se van realoxar en Novo Mesoiro ou Eirís.
As familias de etnia xitana realoxadas no barrio pontevedrés de Monteporreiro comunicaron esta sexta feira á Vicepresidencia a súa decisión de abandonar definitivamente as vivendas de realoxo, ao considerar que o entorno e clima que se vive no barrio fai imposible a súa integración.
Segundo comunicou a Vicepresidencia da Xunta, xunto coa Consellaría de Vivenda e Solo vaise traballar, dende a Xunta, para facilitar unha solución co que comece "o proceso de integración".
Mais, de feito, os veciños deste barrio pontevedrés continuaron esta semana coas mobilizacións contra o realoxo das familias xitanas na súa veciñanza. Esta quinta feira (despois de se manifestar diante do edificio administrativo da Xunta e cortar o tráfico en varias rúas da cidade), irrompían na pasarela Pontus Veteris, berrando "Vicepresidencia paga delincuencia".
A fiscalía investiga se hai delito nas protestas
Os veciños de Monte Porreiro levan varias semanas manifestándose contra o realoxo das familias xitanas no seu barrio, mais agora a Fiscalía vai investigar se houbo delito nalgunhas das súas protestas.
Segundo explicou esta quinta o fiscal xefe da Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, xa tiñan comezado a "se hai algún tipo de ilícito penal no acontecido" neste dúas, ou se as protestas "obedecen a algún tipo de conflito doutra clase".
Lores defende a postura dos veciños contra o realoxo
O alcalde de Pontevedra, Miguel Lores, afirmou esta quinta feira a súa "clara e inequívoca" postura na defensa dos veciños de Monte Porreiro e en contra dos realoxos dos chabolistas neste barrio, segundo publicaba esta sexta feira o xornal Faro de Vigo. O rexedor nacionalista mesmo se posicionou en contra dos acordos asinados por Vicepresidencia e Vivenda, ao tempo que sinalaba que o Concello vai demandar ás administracións implicadas. O alcalde pontevedrés xa tiña comezado un un recurso contencioso-administrativo contra o acordo do Concello de Poio polo realoxo das familias xitanas en Monte Porreiro.
Na Coruña tamén hai protestas dos veciños de Penamoa
Na mañá da sexta feira o alcalde da Coruña, Xavier Losada (PSdeG) contaba nun programa de radio que os ruxerruxes que apuntaban a que as familias xitanas do barrio de Penamoa ían ser realoxadas en Novo Mesoiro ou Eirís non eran certos. Segundo Losada, as vivendas protexidas destes barrios serán ocupadas polos veciños que sufriron expropiacións nestas zonas.
E é que os ruxerruxes xa tiñan quecido os ánimos duns 400 veciños da zona, que despois dunha xuntanza desenvolvida esta quinta feira de tarde, convocaron unha manifestación para esta sexta feira, ás 20:00 horas, que vai cortar o tráfico do polígono industrial do Pocomaco.
Apoio á veciñanza que se está a mobilizar. Non entendo porque non lle dan un piso a calquera xa que eses pisos son pagados cós nosos impostos e esta xente ocupou de balde uns terreos que non eran de seu.
Por outra banda, é perfectamente entendibel que non queiran convivir con aqueles que trafican e que endexamis quixeron viver en sociedade
É claro que primeiro creamos os focos da marxinalidade (as vivendas de César Portela eran para un par de anos e levan aí trinta); a continuación criminalizamos a marxinalidade (o tránsito da chatarra á venda de drogas da xente do Bao foi da man dos narcotraficantes da Arousa), a continuación facemos deles o chivo expiatorio onde procurar éxitos policiais na loita contra a venda de estupefacientes, e por último, tirámoslles as súas casas e non lles queremos dar dereito a outras aínda que paguen por elas (porque as vivendas sociais non son de balde para ninguén desde hai ben anos). Os tópicos racistas e clasistas non deberían andar na boca das persoas que andamos a procurar outra Galiza, máis xusta e humana.
Si esto mismo lo hubiera hecho el PP en Pontevedra, ya andarían todos los salvapatrias "jalejos" acusando a los populares de racistas y no sé cuántas cosas más...manifestaciones, quemas de sedes y demás parafarnalia habitual del nacionalsocialismo al que ya estamos acostumbrados los simpatizantes del PP.
Pero como en este caso el "racista" es el "naci" Lores, todos calladitos no vaya a ser...
La doble moral de la izquierda. Siempre tan sectaria y miserable. Vergüenza os debería dar.
Da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajooy...
CuÑÑÑaoo!!!! Que parelha :-)
O problema dos xitanos do Vao vense arrastrando deste hai moitos anos (levan alí desde os anos 50, entonces non gobernaba o BNG), e a súa integración vai a dar moitos problemas a calquera goberno local ou autonómico que o queira resolver, como é o caso do actual. Non se pode dicir o mesmo dos gobernos da dereita, máis ocupada no nepotismo e na corrupción que nos asuntos sociais.
O miserable é deixar medrar un problema e cando alguén intenta resolvelo, acusalo de racista e outras parvadas. Gaviotero, si de verdade es galego, só podo dicir que este país non se merece tanta estulticia como a que representas.
#2 Claramente con esta posición. O concello de >Poio debeu resolver EN Poio o seu problema (territorio de Poio), entre outras cousas e sobre todo para non depender de ninguén
pouco se debate en vieros este asunto e a mín estame a parecer ben grave. grave a actitude lisonxeira da clase política, empecinada sobre todo en salvala cara en cada situación ante o séu electorado sen animarse a arrear cara ningures, e grave a actitude dos habitantes que se negan a compartir os bloques e os barrios con persoas de étnia distinta.
o que a xauría cidadana alentada polos máis fondos prexuicios poda chegar a facer, para nada debería coller a nadie desprevenido, pero que a clase política teóricamente ilustrada e cosmopolita non sexa capaz de falar cunha voz clara e nítida de este insoportable caso de racismo con tódalas letras é o exemplo palpable da súa miserable subordinación ó presebre do que remoe.
nun estado coma éste donde se prohiben partidos políticos, donde se imputa a responsabilidade da drogadición a quen a vende e non a quen a consume, donde se establece que un conductor que non cometeu ningunha infracción é culpable da posibilidade de cometela ou donde unha persoa, por mor de pertenecer a un determinado grupo, pode ser rexeitado nunha comunidade ten que ser un proxecto fallido e o mínimo que se esperaría de toda esta caterva é que algún, ao que lle quede un pouco de dignidade, dera un paso ó frente e dixera algo así como: señores, ahí teñen o meu posto de alcalde ou de presidente do que fose, síntome anoxado e non os considero dignos de que eu os represente, métanse o traballo este donde lles quepa.
pero nadie o fai; todos están ó séu e xa fai moito tempo que se perdeu a máis mínima urbanidade, xa que capacidade empezo a intuir que xa nunca a tiveron para outra cousa que non fose o escalo institucionalizado e, anque estou de acordo co exposto no apartado 2, dalgunha forma ten razón o gaviotero: si esto pasase co goberno fraga, a movida por parte dos que refire santiago_g_avion, dentro dos que me gustaría ensasillarme, sería de órdago.
pero se tódolos calamos tamén nesta, como así parece que se fará, estamos lexitimando a vergoña, unha vergoña na máis fonda tradición dos repudiados antecesores da dupla touriño/quintana.
si todo o cambio ó que podemos optar é elexir quen vai cobrar as soldadas e pasear no audi oficial, eu báixome do carricoche e xa tanto me dará ser galego coma húngaro.
Racismo? Vergoña? ben, gostariades de ter coma veciños a narcos de O Bao ou Penamoa? eu NON, a Galiza máis xusta e humana non pasa por dar pisos de balde, cando os que estamos a pagar unha hipoteca non temos esa posibilidade. En toda Europa a sona que teñen os xitanos é pésima (sendo xenerosos na súa calificación) porque nunca se integraron na sociedade senón que quixeron viver dela. Señores, está máis integrado un mozo senegalés que un xitano!!!
Santiago_g_avion parece que retrata ós xitanos coma vítimas... cando os meirandes racistas son os que cualifican de "payos" a nós, termo despectivo semellante a "sudaca" se estás a falar de sudamericanos.
Os dereitos conlevan deberes e parece que ese binomio estase a esquencer
ca paulatina imposición do capitalismo no occidente de europa, moitas tradicións foron caendo en desuso ou directamente foron abolidas polos lexisladores afíns a este sistema económico e social en nome do progreso e da liberdade. baste con rememorar a importancia que as festas tradicionais, de fondo contido relixioso pero tamén de lúdico intercambio comunitario, tiñan en galicia non fai moitos anos e como foron barridas dos calendarios a fín de "racionalizar" a semana laboral.
esos cambios en pos dunha maior versatilidade á hora de convivir cun réxime tan pouco humanitario como é o capitalismo, deron lugar ó que moitos hoxe denominan " sociedad actual", " sociedad avanzada", "sociedad democrática" e varias denominacións máis que non deixan de ser máis que meros paliativos consoladores dunha realidade ben máis oscura e insolente. moitos de eses trocos vémolos hoxe perfectamente nítidos e témolos, algúns, interiorizados como formas convenientes e cabais de relación social: dende enviar o xubilado á residencia como antesala da morte a pasear ós nenos por distintas aulas e escolas o non ter tempo de atendelos no fogar até abandoar as tradicións festivas clásicas, tal e como se expoñía na cima, para santificar todo no altar do traballo. todo a maior gloria do mercado laboral, da competividade e do progreso que nos trae as lavadoras que secan a roupa e o coche automático alimentado con gasoil ademais da realización persoal que non somos capaces de acadar noutros niveis.
o pobo xitano foi, pois, moito más fiel as súas tradicións e non se amosou tan permeable os beneficios do sistema económico imperante. de ahí que cando un de eles enferma, unha grande cantidade de familiares se aposte a súa beira no hospital mentras que nos, os grandes integrados nos valores do mercado e pontificadores da nosa realidade como a máis depurada das fórmulas evolutivas para o xénero humano, apenas topamos tempo para chamar por teléfono a ver como está ese familiar cercano o que acaban de operar a corazón aberto. por eso non resulta moi de estranar que nos chamen payos, con certo desprezo e aire de superioridade o entenderen que os xitanos son un pobo ben máis humano e cabal que este outro que tilda alegremente de sudacas e payoponis aos inmigrantes sudaméricanos.
o que así se pode razoar é que o pobo xitano está menos domesticado e quizás esa certeza de representar ante nos, os cosmopolitas de salón, esa imaxe de rebeldía, de forza da natureza primixenia á que nos decidimos renunciar para transformarnos en meros consumidores, pode inducirnos a velos como elementos perigosos, pero eso é por que estamos mediatizados e como bos ignorantes sempre estamos a ter medo de aquelo que non somos capaces de entender, resultando o asunto do tráfico de drogas unha convinte coartada para o noso racismo, a mesma que empregan por certo os estados unidos contra as farc, contra os talibáns ou contra o que denominan " enemigo interior " e que soio intenta lexitimar a súa política invasora e corrupta.
ignoro as condicións económicas nas que estas persoas acceden á propiedade dos seus inmobles anque entendo que, a maiores de algunhas axudas as que en moitos casos temos dereito tódolos cidadán, todos pagan por eses accesos, por esas propiedades e a creación de eses grupos de oposición ó concurso de estes cidadáns a establecerense nun determinado punto non pode nin debe ser consentido polos poderes públicos.
si logo estes xitanos teñen algún comportamente delictivo, que eses poderes os sometan o seu arbitrio tal e como se faría con calquera outra persoa, pero o feito de impoñer políticas preventivas tamén na convivencia non augura nada bon a esta sociedade galega. aquí non temos nin precisamos " enemigos interiores ". si alguén teme que non se lle revalorice o cuarto bé do bloque tres por que alí viven xitanos ou si alguén teme que o neno na piscina lle colla algún xermen tóxico por compartila auga co pobo romaní, está no seu direito e poderá tomar as medidas oportunas tales como vivir ou bañarse noutros lugares, pero será imposible convencerme de que leva razón.
Basicamente concordo contigo Baltar.
Apenas apontar que tambem Lostrego tem a sua parte de razão quando fala de que os ziganos também tenhem a sua parte racista.
E é que "payoponis" é a palavra que tenhem os ziganos para se referirem despectivamente aos inmigrantes sudamericanos, por serem estes, muitas vezes, de baixa estatura -ponis, e não ziganos -payo.
Olho com o tema.
Tiene razón mi amigo gaviotero...oigan! eshtosh nacionalishtash she han creido que por copiarnosh a noshotrosh lash políticash shocialesh van a tener derecho a vivir. De esho nada, oigan, que ushtedesh van detrásh de losh gitanosh al ghetto. En cuanto conshigamosh engañar al entrañable y shiempre peor y perdedor pueblo gallego, correremosh a boinazosh a losh gallegohablantesh.
E o problema como se arranxa?
- Non os podemos mandar a ningún país, xa que non teñen país.
- Non os podemos meter no cárcere.
A solución é rara, rara, rara... pero a min ocórrelleme unha:
¡Que se vaian todos a casa de Gaviotero!